|
|
RACO Revistes Catalanes amb Accés Obert
- Ámbito temático: Filosofía e Psicoloxía, Ciencias sociais, Ciencias puras e naturais, Ciencias aplicadas, Belas artes, Lingüística e literatura, Xeografía e Historia.
- Contido: sistema cooperativo desde o que se poden consultar, en acceso aberto, os artigos a texto completo de máis de 400 revistas científicas, culturais e eruditas catalás.
- Produtor: Consorci de Biblioteques Universitàries de Catalunya, Centre de Serveis Científics i Acadèmics de Catalunya, Biblioteca de Catalunya co soporte da Generalitat de Catalunya.
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
|
|
|
Recolecta
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: portal de acceso a documentos científicos a texto completo pertencentes a repositorios institucionais abertos do ámbito español.
- Produtor: FECYT - REBIUN
|
|
|
RECYT (Repositorio Español de Ciencia y TecnologÍa)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: plataforma de xestión, edición e acceso ao contido das revistas científicas españolas de calidade contrastada, creada pola FECYT co obxecto de apoiar a profesionalización e internacionalización das publicacións científicas españolas.
- Produtor: FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología)
- Cobertura temporal: variable segundo a revista
- Lingua de consulta: castelán
|
|
|
Redalyc
- Ámbito temático: Ciencias Sociais, Artes e Humanidades e Ciencias Naturais e Exactas
- Contido: da acceso ao texto completo de máis de 900 revistas científicas de libre acceso co obxectivo de contribuír á difusión da actividade científica editorial que se produce en Iberoamérica, e contén tamén títulos de España e Portugal.
- Produtor: Universidad Autónoma del Estado de México
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
|
|
|
REDIB Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico
- Ámbito temático: Agricultura, Bioloxía, Medio Ambiente, Biomedicina, Ciencias Sociais, Humanidades, Enxeñaría e Ciencias da saúde.
- Contido: documentos científicos e académicos de calidade contrastada, publicados por editores e outros produtores de contidos científicos e académicos de países iberoamericanos ou de temática iberoamericana.
- Produtor: CSIC, Universia, Mº de Economía y Competitividad
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
|
|
|
Redined
- Ámbito temático: Ciencias da educación
- Contido: rede de información educativa creada no ano 1985 polo MEC e as comunidades autónomas. Recolle investigacións, innovacións, recursos e revistas ibero-americanas sobre educación, con enlaces ao documento en texto completo se está dispoñible
- Lingua da consulta: galego, castelán, catalán, éuscaro, inglés
|
|
|
RePec
- Ámbito temático: ciencias económicas e empresariais
- Contido: proxecto de voluntarios de moitos países que pretende aumentar a difusión da investigación no ámbito da Economía. Recolle artigos de revistas, documentos de traballo, papeis de discusión, software, etc., proporcionando o enlace a ditos documentos. Subdivídese en varias bases de datos como IDEAS (toda a base de datos de RePEc: documentos de traballo, artigos de revista, software, información dos autores e un directorio de institucións), EconPapers (acceso a documentos de traballo, artigos de revista, software), Citations in Economics (análise das citas dos documentos recollidos en RePEc), etc.
|
|
|
Revistas científicas del CSIC
- Ámbito temático: Ciencia e Tecnoloxía, Arte e Humanidades e Ciencias Sociais
- Contido: revistas científicas do CSIC.
- Produtor: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
|
|
|
RSC Journals
- Ámbito temático: Química
- Contido: revistas editadas pola RSC, Royal Society of Chemistry, editor científico de Bioloxía, Biofísica, Química, Ciencia de materiais.
- Produtor: Royal Society of Chemistry
- Cobertura temporal: dende o primeiro número
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
RUNA. Repositorio de Saúde (Sergas)
- Ámbito temático: ciencias da saúde
- Contido: Todo tipo de contido xerado polos profesionais da Consellería de Sanidade - Sergas: artigos, libros e capítulos de libros, carteis, contido web, circulares, folletos, guías clínicas, informes, instruccións, protocolos, publicacións de congresos, teses e traballos fin de máster e vídeos. A súa misión é xestionar, difundir e preservar o coñecemento xerado polos profesionais da Consellería de Sanidade - Sergas
- Produtor: Sergas
|