|
|
Pascal Francis
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: proporciona acceso libre a máis de 14 millóns de referencias bibliográficas de artigos de revistas, comunicacións e actas de congresos producidas polos organismos franceses Inist-CNRS de 1984-2015 para PASCAL (12 millóns) e de 1972-2015 para FRANCIS (2 millóns). Progresivamente enriquecerase con outro tipo de documentos.
- Produtor: Inist-CNRS
|
|
|
PATENTSCOPE
- Ámbito temático: enxeñaría
- Contido: base de datos para a busca de información sobre solicitudes internacionais de patentes publicadas. Permite buscas específicas en coleccións nacionais.
- Produtor: WIPO
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
PEDro Physiotherapy Evidence Database
- Ámbito temático: fisioterapia baseada na evidencia.
- Contido: ensaios clínicos, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica de Fisioterapia. De cada ensaio, revisión ou guía, PEDro ofrece detalles para a citación, resumo e o enlace ao texto completo cando está dispoñible.
- Produtor: Centre for Evidence-Based Physiotherapy, University of Sidney.
- Lingua de consulta: inglés.
|
|
|
Physiotherapy Choices
- Ámbito temático: fisioterapia baseada na evidencia.
- Contido: dirixida a pacientes e profesionais, reúne un catálogo das mellores evidencias dispoñibles sobre a efectividade dos tratamentos con fisioterapia. Só recolle ensaios clínicos, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica.
- Produtor: Centre for Evidence-Based Physiotherapy (CEBP).
- Lingua de consulta: castelán, portugués e inglés.
|
|
|
PILOTS Database
- Ámbito temático: Psicoloxía
- Contido: base de datos da "National Center for Post-Traumatic Stress Disorder" que contén literatura internacional sobre Desorde de Tensión Postraumática (PTSD) e outras secuelas mentais causadas por feitos traumáticos.
- Produtor: National Center for Post-Traumatic Stress Disorder
- Lingua de consulta: inglés
- Como acceder vía SIR
|
|
|
PLOS
- Ámbito temático: Medicina e Ciencias da vida
- Contido: iniciativa de acceso aberto, baseada no modelo no que os autores pagan pola publicación dos seus artigos, que persigue a creación dunha biblioteca pública virtual de revistas científicas na que os artigos que se publican poidan ser distribuídos en liña de maneira libre e gratuíta.
- Produtor: PLOS (the Public Library of Science)
- Cobertura temporal: dende o primeiro número de cada publicación
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
Pombalina Books
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: biblioteca dixital de libros ligada á actividade editorial da Universidade de Coimbra, pretende ser unha plataforma de difusión da cultura e ciencia producida no espazo lusófono.
- Produtor: Universidade de Coimbra
|
|
|
PQ Psychology Database
- Ámbito temático: Psicoloxía
- Contido: recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe revistas, working papers, conferencias, vídeos, táboas etc. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abrangue disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, neuroloxía, benestar social etc.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
- Como acceder vía SIR
|
|
|
Prensa cientÃfica
- Ámbito temático: Divulgación científica
- Contido: Acceso ás revistas "Investigación y Ciencia" que cubre información acerca dos descubrimentos máis significativos da investigación científica e técnica e “Mente y Cerebro” que cubre os avances nos campos das neurociencias.
- Cobertura: 2013-actualidade
- Produtor: Prensa Científica S.A.
- Lingua de consulta: español
|
|
|
Project MUSE
- Ámbito temático: Educación, Historia, Lingua e Literatura, Socioloxía
- Contido: revistas científicas a texto completo do ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais
- Cobertura: ata o ano 2019 incluído (data de finalización da suscrición)
- Produtor: Project MUSE
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: guía de busca en pdf (inglés) e titoriais (inglés)
Nota: Suscrición cancelada. Pódense consultar as coleccións de revistas ata o ano 2019 nun ordenador da Sección de Soporte á Aprendizaxe da Biblioteca Central de Vigo.
|
|
|
ProQuest Dissertations & Theses
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo.Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
- Como acceder vía SIR
|
|
|
Proview (Aranzadi) Libros
- Ámbito temático: Dereito, administración.
- Contido: 65 monografías das editoriais Aranzadi e Civitas e 21 suplementos monográficos das revistas-e subscritas pola Universidade de Vigo das editoriais Aranzadi, Lex Nova e Civitas.
- Produtor: Editorial Thomson Reuters (Aranzadi)
Nota:
- Tamén pode acceder ás 65 monografías de Aranzadi e Civitas a través do catálogo da biblioteca: Acceso
|
|
|
ProView (Aranzadi) Revistas
- Ámbito temático: Dereito, Administración
- Contido: aplicación que permite a consulta de revistas-e subscritas pola Biblioteca da Universidade de Vigo das editoriais Aranzadi, Lex Nova e Civitas. Tamén da acceso a códigos e monografías das mesmas editoriais.
- Produtor: Thomson Reuters
- Cobertura temporal: desde 2019
- Lingua de consulta: español
Nota: Tamén se pode acceder desde o catálogo da biblioteca:
|
|
|
ProView (Aranzadi) Revistas (n. anteriores a 2019)
- Ámbito temático: Dereito, Administración
- Contido: aplicación que permite a consulta de revistas-e subscritas pola Biblioteca da Universidade de Vigo das editoriais Aranzadi, Lex Nova e Civitas. Tamén da acceso a códigos e monografías das mesmas editoriais.
- Produtor: Thomson Reuters
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: español
Pode ver a relación de revistas subscritas no catálogo da biblioteca.
Nota: Para acceder aos números anteriores a 2019 solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825 prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192 presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002 presbcp@uvigo.es
ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome e apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
|
|
|
PsycInfo
- Ámbito temático: Psicoloxía e disciplinas relacionadas
- Contido: proporciona acceso á literatura internacional no campo da Psicoloxía e outras ciencias relacionadas como Psiquiatría, Educación etc. Contén referencias e resumos de artigos de revistas, libros, teses etc. dende 1967.
- Produtor: American Psychological Association
- Como acceder vía SIR
|
|
|
PubMed
- Ámbito temático: ciencias da saúde.
- Contido: portal de acceso libre e gratuíto ás bases de datos bilbiográficas compiladas pola National Library of Medicine (NLM): Medline, Premedline, PubMed Central, Genbank, Complete Genoma, etc. Inclúe referencias de artigos, e artigos a texto completo de medicina, enfermería, odontoloxía, medicina veterinaria, saúde pública, etc.
- Produtor: National Library of Medicine (NLM) e National Centre for Biotechnology Information (NIH).
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
PubMed Central
- Ámbito temático: ciencias biomédicas.
- Contido: arquivo dixital da Biblioteca Nacional de Medicina de EE.UU, permite o acceso libre a artigos a texto completo de revistas de ciencias biomédicas e ciencias da vida. Está incluido en Europe PubMed Central.
- Produtor: National Library of Medicine (NLM) e National Centre for Biotechnology Information (NIH).
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación.
- Lingua de consulta: inglés.
|