|
|
Dialnet Plus
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
- Produtor: Fundación Dialnet.
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
|
|
|
Dimensions
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Dimensions é un buscador académico avanzado de publicacións científicas procedentes de PubMed, PubMed Central, arXiv e Crossref. Ofrece para cada publicación información sobre as citas recibidas, indicadores de citación normalizada, indicadores de uso a través de Altmetric...
- Lingua de consulta: inglés
- Produtor: Digital Science
Nota: Para acceder á versión gratuíta de Dimensions cómpre rexistrarse.
Máis información sobre Dimensions
|
|
|
ERIC
- Ámbito temático: Educación
- Contido: ERIC, o Centro de Información de Recursos Educativos patrocinado polo Instituto de Ciencias da Educación do Departamento de Educación de EE. UU., é un recurso en liña para literatura e investigación educativa. A base de datos brinda acceso a información de revistas incluídas no Current Index of Journals in Education and Resources in Education Index. O contido inclúe artigos de revistas, informes de investigación, guías curriculares e docentes, artigos de conferencias, disertacións e teses, e libros que datan de 1966. Ofrece un bó número de ligazóns ao texto completo de ERIC ou ligazóns a outras fontes, como sitios web de editoriais ou DOI
- Produtor: Educational Resources for Information Center
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
ÍnDICEs CSIC
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España.
- Produtor: CSIC.
- Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.
|
|
|
PsycInfo
- Ámbito temático: Psicoloxía e disciplinas relacionadas
- Contido: Publicada polas Asociacións Estadounidenses de Psicoloxía, proporciona unha indexación completa e resumos da literatura psicolóxica internacional desde o século XIX ata o presente. Os documentos indexados inclúen revistas, artigos, libros, disertacións e outros, a maior parte revisados por pares
- Produtor: American Psychological Association
|
|
|
Scopus
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
- Produtor: Elsevier
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)
|
|
|
Teacher Reference Center
- Ámbito temático: Educación
- Contido: índices e resumos de máis de 280 revistas recoñecidas no campo da docencia, sobre temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do curriculum ou Métodos para a Ensinanza entre outros.
- Productor: Ebsco
|
|
|
Web of Science
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
- Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
- Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas no campo das Ciencias Sociais.
- Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe
- Como acceder a través do SIR
|