Localizador de recursos electrónicos
CIENCIAS DO MAR

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Ciencias do Mar. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:

Acceso restrinxido UVigo [?] ASFA (Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts). Base de datos que contén referencias bibliográficas de artigos publicados en revistas especializadas do ámbito das ciencias acuáticas e mariñas, oceanografía e acuicultura. Recolle tamén citas de actas de congresos, teses e literatura gris.
Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  Base de datos de ámbito multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science Base de datos de ámbito multidisciplinar que conten referencias de artigos publicados en revistas especializadas, detallando os documentos que son citados en cada artigo, así como os rexistros relacionados.
Todos os recursos

Bases de datos bibliográficas

Acceso restrinxido UVigo ASFA (Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts)
  • Ámbito temático: Ciencias acuáticas e mariñas, Oceanografía e Acuicultura.
  • Contido: referencias bibliográficas de artigos publicados en revistas especializadas; recolle tamén citas de actas de congresos, teses e literatura gris.
  • Produtor: ASFA Partnership

Recurso Open Access Dimensions
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Dimensions é un buscador académico avanzado de publicacións científicas procedentes de PubMed, PubMed Central, arXiv e Crossref. Ofrece para cada publicación información sobre as citas recibidas, indicadores de citación normalizada, indicadores de uso a través de Altmetric... 
  • Lingua de consulta: inglés
  • Produtor: Digital Science

Nota: Para acceder á versión gratuíta de Dimensions cómpre rexistrarse.
Máis información sobre Dimensions
Acceso restrinxido UVigo Earth, Atmospheric & Aquatic Science
  • Ámbito temático: Ciencias acuáticas e Meteoroloxía.
  • Contido: inclúe as bases de datos ASFA (Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts) e MGA (Meteorological & Geoastrophysical Abstracts), proporcionando o texto completo de revistas académicas, especializadas, informes técnicos, actas de congresos, publicacións gobernamentais etc.
  • Produtor: Proquest
  • Lingua de consulta: inglés
  • Como acceder vía SIR

Nota: A ligazón leva ás caixas de usuario e contrasinal, pero ó introducilos non leva ó recurso e ábrese un arquivo cunha taboa con bases de datos subscritas e as urls….. ???? 
Acceso restrinxido UVigo GreenFILE
  • Ámbito temático: enerxías renovables, agricultura sustentable, polución, reciclaxe, construción ecolóxica, etc.  
  • Contido: GreenFILE ofrece información sobre todos os aspectos do impacto humano no medio ambiente. A súa colección de títulos académicos, gobernamentais e de interese xeral inclúe contidos sobre o quecemento global, a construción ecolóxica, a contaminación, a agricultura sostible, as enerxías renovables ou a reciclaxe. A base de datos ofrece indexación e abstracción de máis de 1.000.000 de rexistros, así como texto completo de acceso aberto para máis de 15.000 rexistros
  • Produtor: EBSCO
  • Lingua: inglés

Acceso restrinxido UVigo ÍnDICEs CSIC
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España. 
  • Produtor: CSIC.
  • Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.

Acceso restrinxido UVigo Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe

Revistas electrónicas (coleccións)

Acceso restrinxido UVigo Annual Reviews
  • Ámbito temático: abrangue ata 45 disciplinas científicas, entre elas Bioloxía, Física, Medicina, Medio Ambente ou Economía
  • Contido: revistas científicas
  • Produtor: Annual Reviews
  • Cobertura temporal: dende o primeiro número
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial en pdf e titorial en ppt

Acceso restrinxido UVigo Oxford Academic
  • Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
  • Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Produtor: Oxford University Press
  • Cobertura temporal: dende 1996
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Science
  • Ámbito temático: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Mediciña, Xeoloxía…
  • Contido: publicación semanal de temática científica en sentido amplo; medicina, medio ambiente etc.
  • Produtor: AAAS HighWire Press
  • Cobertura temporal: dende 1997 (tamén hai acceso libre de 1880-1922,  ver acceso dende o catálogo)
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo ScienceDirect (Elsevier)
  • Ámbito temático: acuicultura, agricultura, bioloxía, enxeñaría, física, forestais, informática, matemáticas, medicina, medio ambiente, tecnoloxía dos alimentos, telecomunicacións, xeoloxía, empresas, psicoloxía, química.
  • Contido: contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3.000 revistas revisadas por pares, series bibliográficas, manuais e obras de referencia.
  • Produtor: Elsevier.
  • Cobertura temporal: dende 1995 (a través da subscrición consorciada) e con acceso aos "backfiles" dos seguintes paquetes de títulos: bioquímica, xenética e bioloxía molecular; ciencias medioambientais; ciencias Sociales; física nuclear e astronomía*.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: vídeosguías e titoriais dende a web do editor

Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade.  Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título.
Acceso restrinxido UVigo SpringerLink
  • Ámbito temático: enxeñaría, informática, matemáticas, telecomunicacións, bioloxía, medicina, medio ambiente, química.
  • Contido: base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.
  • Produtor: Springer.
  • Cobertura temporal: en 2015 subscríbese a Colección Cruzada como negociación colectiva de consorcios e universidades españolas (1.852 títulos); o acceso é, á maioría dos títulos, dende 1997.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial en vídeo (inglés), videotitorial para busca de artigos en vídeo (inglés).

Acceso restrinxido UVigo Wiley Online Library
  • Ámbito temático: Agricultura, Arte, Bioloxía, Economía, Empresa, Enxeñaría, Filosofía, Historia, Lingua e Lingüística, Literatura, Medicina, Medio Ambiente, Química, Socioloxía, Xeoloxía.
  • Contido: información científica, técnica, médica e profesional procedente de máis de 2500 revistas, libros, obras de referencia, bases de datos, manuais de laboratorio e a Cochrane Library, recurso para a medicina baseada en evidencias.
  • Produtor: John Wiley & Sons
  • Cobertura temporal: variable segundo os títulos; algúns dende 1996, outros dende 2005 a 2009.
  • Lingua de consulta: inglés

Libros electrónicos (coleccións)

Recurso Open Access INTECH
  • Ámbito temático: Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Contido: acceso a máis de  2000 libros de Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Produtor: InTech

Recurso Open Access OAPEN
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: libros académicos de acceso libre principalmente na área de humanidades e ciencias sociais

Dicionarios / Enciclopedias

Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access
Guias relacionadas