Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:
Scopus base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.
Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.
MathSciNet contén referencias bibliográficas con resumo de artigos e recensións procedentes de case 1800 revistas, con acceso ao texto completo cando é posible. Ademais Mathscinet recolle en formato electrónico todo o contido da publicación en papel
Mathematical Review.