Localizador de recursos electrónicos
Préstamo Interbibliotecario e Acceso ao Documento
    
                               (Última actualización maio 2023)                               
Que é o servizo de préstamo interbibliotecario?
O préstamo interbibliotecario ten como obxectivo proporcionar aos usuarios da UVigo, o acceso a calquera tipo de documentos que NON se atopen nos fondos das bibliotecas universitarias de Vigo.
O servizo de préstamo interbibliotecario tamén facilita a outras institucións externas ó acceso aos fondos da nosa Universidade.
A quen vai dirixido?
  • Ás persoas usuarias da Biblioteca da UVigo (PDI, alumnado, PAS e usuarios externos).
  • Ás bibliotecas externas que soliciten préstamos de orixinais e reproducións de documentos que teña a Biblioteca da Universidade de Vigo.
Como utilizar o servizo

1. Busca o documento na biblioteca

  • Antes de solicitar calquera documento, é moi importante consultar sempre o Buscador Perseo para asegurarse de que non estea xa na Biblioteca Universitaria. Se o documento se atopa nalgunha das nosas bibliotecas, debe solicitarse directamente aos mostradores de préstamo.

2. Date de alta no formulario

  • Para acceder ao servizo, tes que ser usuario da Biblioteca Universitaria e ter o carné da Biblioteca.
  • Se é a primeira vez que utilizas este servizo, previamente debes solicitar a alta a través do formulario de alta.
  • Cando o servizo te dea de alta no programa, recibirás un correo-e de confirmación cunha ligazón, un identificador e un contrasinal para acceder ao formulario de solicitude.
  • Se esqueces o contrasinal, podes cambiala no formulario de solicitude introducindo o correo electrónico e clicando " Lembrar contrasinal".
     

3. Solicita o documento

  • Accede ao formulario de solicitude co correo electrónico e o contrasinal e introduce os datos do documento solicitado (se solicitas varios artigos dunha revista debes facer unha petición por cada artigo).
  • Indica no campo “Notas” onde desexas consultar os documentos orixinais: na Biblioteca Central da universidade (campus Lagoas-Marcosende), na biblioteca de Torrecedeira ou nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense.
  • Cando esteas dado de alta, dende o “Menú de usuario”, poderás realizar novas peticións, consultar as solicitadas ou cambiar o teu contrasinal.
  • En caso de coñecer o DOI ou o nº de identificación de Medline ( PMID), é suficiente con introducilos no campo correspondente e xa non será necesario introducir os demais datos bibliográficos.
Tempo de recepción e consulta de documentos

Reproducións

  • Todas as persoas usuarias recibirán as reproducións por correo-e. Cando isto non sexa posible, os membros do PDI recibirán as fotocopias no seu lugar de traballo e os alumnos e usuarios externos terán que recollelas na biblioteca que indiquen.
  • As reproducións e o uso delas, farase de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual e cos acordos internacionais.

Consulta de obras orixinais

  • A duración e o tipo de consulta dos documentos dependerá das pautas marcadas polas bibliotecas provedoras.
  • As obras en préstamo pódense consultar na Biblioteca Central (campus Lagoas-Marcosende), na biblioteca de Torrecedeira, e nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense.
  • As obras non poderán saír da biblioteca.
  • Para a consulta na sala debe identificarse coa tarxeta universitaria ou co carné da Biblioteca Universitaria.
  • O tempo de obtención dos documentos varía en función da Biblioteca a que se lle faga a solicitude, a forma de recepción (correo postal, correo-e, etc.) e o tipo de documento.
Tarifas
O servizo de préstamo interbibliotecario ten uns custos xa que a maioría das bibliotecas cobran polo envío dos documentos. Estes custos, fan que sexa importante axustar as solicitudes aos documentos que realmente se necesiten.
 
Tarifas nacionais Aplicaranse as tarifas REBIUN (Red Española de Bibliotecas Universitarias) ou outras que o centro provedor estableza.
Tarifas internacionais Aplicarase o coste da obtención do documento establecida polo centro provedor.


​Este servizo é gratuito para o PDI, para o alumnado de doutoramento e para os contratados posdoctorais e de investigación.

External Library Requets – Interlibrary Loan
 The Interlibrary Loaning service provides documents from the University of Vigo Library collection to another foreign libraries.​
  • How to request documents
Applicants must send their requests to the following email: sod@uvigo.es
It is recommended—in the case of journal articles—to verify the existence of either their location in the search engine as indicated in the request, the entry’s web address or the document’s signature before carrying out the request.
  • Payment methods and fees
Foreign libraries can make their payments through the use of IFLA vouchers. Alternatively, mutual correspondence/gratuity relations can be established with some libraries.
  • Address and document delivery
Universidade de Vigo
Biblioteca Central
Sección de Acceso ao Documento
Campus Lagoas-Marcosende
E-36310 Vigo (Spain)
Responsabilidade das persoas usuarias

Os documentos facilítanse exclusivamente con fins de investigación persoal de carácter cultural ou científico. O usuario responderá do uso dos mesmos de acordo co Real Decreto Lexislativo 1/1996, Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

Contacta coa Biblioteca
   Sección de acceso ao documento
   sod@uvigo.gal
   Tel. 986 813 844
Formulario de solicitude
Alta de usuario
Outros recursos onde localizar documentos
  • Dialnet: artigos de revistas, libros, capítulos de libros e teses doutorais, moitos deles a texto completo.
  • Catálogo colectivo de REBIUN: localiza documentos nas bibliotecas unviersitarias españolas.
  • WorldCat: localiza documentos en calquera lugar do mundo.