Localizador de recursos electrónicos
MENDELEY
Descrición e características
Mendeley é un xestor bibliográfico e rede social académica que permite xestionar e compartir documentos de investigación, encontrar novos datos e colaborar en liña. As súas principais características son:
 
  • Ofrece unha versión web e unha aplicación de escritorio (Mendeley Desktop), que traballan sincronizadamente.
  • Multiplataforma: funciona con Windows, Mac e Linux.
  • Importación de documentos e traballos de investigación de sitios web externos por medio do navegador.
  • Funciona cos seguintes procesadores de texto: Word 2007 e posterior; Mac Word, 2011;  Open Office 3.2 e BibTeX.
  • Proporciona unha rede social académica que fomenta a colaboración.
  • Creación de grupos privados e públicos.
  • Permite visualizar e anotar arquivos PDF.
     
Almacenamento e prestacións: cunha conta gratuita (Free) tes 2 GB de almacenamento e podes crear grupos privados de 3 usuarios máximo. Se necesitas máis espazo ou grupos é preciso adquirir a versión de pago  (Premium).
Como crear unha conta

A instalación de Mendeley consta de tres fases:
 

  1. Entra en  Mendeley.com e crea unha conta premendo en "Create account".
  2. Unha vez rexistrado, dentro da web de Mendeley preme en “Download Mendeley Desktop” e instala a versión de escritorio no teu ordenador.
  3. Instala o complemento MS Word Plugin no editor de textos que usas, para poder xerar bibliografías e inserir citas nun texto de xeito automático a partir da túa base de datos de referencias de Mendeley. Vai a opción  Tools de Mendeley, e fai clic sobre Install MS Word Plugin.
     
                                     
                        Imaxe: complemento MS Word Plugin instalado no editor de textos.
Como engadir referencias
Os xeitos máis habituais de engadir referencias son:
 
  • Exportación directa dende unha base de datos. Neste enlace podes ver os proveedores de información que o permiten.
  • Manualmente.
  • Capturando a referencia dende o botón Save to Mendeley na barra do navegador. Para facelo temos que ir ao menú principal da versión local de Mendeley, á opción Tools, e facer clic sobre Install Web Importer.
  • Arrastrar e soltar os arquivos PDF en Mendeley Desktop.
  • Engadir dende bibliotecas doutros usuarios (Mendeley Research Catalog) na versión web de Mendeley.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte á Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento de Mendeley. solicítanos unha sesión formativa
Recursos de autoaprendizaxe
 Primeiros pasos con Mendeley (inglés)
 


Selección de guías e titoriais

 
FAQS
FAQs Mendeley (inglés)
Como enviar referencias doutros xestores a Mendeley
Mendeley permite importar referencias dende outros xestores. Consulta na guía xeral dos xestores as diferentes formas de importación/exportación
Guías relacionadas