Localizador de recursos electrónicos
Índice H
Que é o índice h
O índice h é un indicador que pretende medir a calidade e cantidade da produción científica dun autor/a, tendo en conta o balance entre o número de publicacións e o número das citas a estas.

Para obter o índice h dun autor/a hai que ordenar as súas publicacións polo número de citas recibidas en orde descendente, e cando o número de orde coincida co número  de citas recibidas por unha publicación este será o seu índice h.
Para localizar o índice h dun autor existen diversos recursos como  Scopus, Web of Science etc. ...  , e este índice variará segundo o recurso,  en función das fontes sobre as que se calcula.

O índice h pódese aplicar tamén a revistas, países, grupos de investigación etc.
Como localizar o índice h de autor/a en Scopus
Accedemos a Acceso restrinxido UVigo Scopus  e realizamos a busca por autor/a



Seleccionamos o autor/a e prememos en "View citation overview"



No informe de citas aparece indicado o índice h




Tamén se pode obter o índice h premendo no nome do autor/a



accedemos ao perfil do autor en Scopus con diversos datos, entre eles o índic h

Como localizar o indice h de autor/a en Web of Science
Accedemos a Acceso restrinxido UVigo Web of Science  e realizamos a busca do autor/a  por  calquera das opcións posibles




Na páxina de resultados prememos en "Crear informe de citas".



Un dos datos que proporciona o informe de citas xerado é o índice h do autor/a

Outros recursos que proporcionan índices h de autor/a
Google Scholar Citations
Servizo de Google Académico que permite aos autores/as facer un seguemento das citas que reciben. Require ter unha conta de correo de Gmail,  crearse un perfil cumprimentando un formulario de rexistro e identificar as publicacións que se teñan en Google Académico.

Ranking of scientists in Spain
Elaborado polo Laboratorio de Cibermetría do CSIC a partir dos índices h  de autores en Google Scholar .

H Index Scholar 
Pretende medir,  a través de Google Scholar,  o rendemento da produción académica do profesorado e investigadores/as das universidades públicas españolas de Humanidades e Ciencias Sociais.

Publish or Perish
Programa que permite reunir as citas e calcular distintos indicadores, entre eles o índice h,  en base aos datos extraídos de  Google Scholar e Microsoft AcademicSearch.
Recursos que proprociona indice h de revistas
Ademais de Acceso restrinxido UVigo Scopus e Acceso restrinxido UVigo Web of Science (se realizamos unha busca por revista), os seguintes recursos proporcionan índice h de revistas.

SJR (Scimago Journal & Country Rank)
Obtén os datos de citas das revistas recollidas en Scopus, e entre as métricas que aporta está o índice h.

Google Scholar Metrics
Proporciona  un índice h de cinco anos das revistas incluídas en Google Scholar que publicaron como mínimo 100 artigos e recibiron algunha cita.
Pode buscarse polo título da revistas ou visualizar o ranking de revistas por idioma (100 primeiras do ranhing). A busca por materia só está dispoñible para as publicacións en inglés; para facilitar a identificación do índice h por materias de revistas españolas en Google Scholar Metrics, o grupo de investigación EC3 publica anualmente o seu  índice H, o último correspondente a   2011-2015 


Journal Scholar Metrics 
Elaborado polo grupo EC3, proporciona rankings de revistas de Ciencias Sociais e Humanidades empregando as citas de Google Scholar Metrics. Permite filtrar por áreas ou  país,  e as listaxes aparecen ordenadas polo índice H5 , aínda que se poden ordenar por outros criterios.
Contacta coa biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158