Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Ciencias do Deporte e da Actividade Física.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Contido: referencias de revistas especializadas, monografías, teses, actas de congresos etc. de todos os aspectos relacionados co Deporte e a Educación Física. Xunto á información referencial tamén é posible acceder ao texto completo de máis de 500 publicacións cunha cobertura que se remonta a 1985.
Produtor: SIRC (Sport Information Resource Centre).
Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
Bases de datos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte
SPORTDiscus. É a principal base de datos bibliográfica para a investigación sobre o deporte e a medicina deportiva. Inclúe rexistros das principais revistas de medicina deportiva, libros, teses, etc.
SPOLIT Sport Literature: Producida polo BISp cubre literatura relacionada coas Ciencias do Deporte dende 1970, principalmente dos países de habla alemana, ainda que a metade das referencias están en inglés. Inclúe as bases de datos SPOFOR (proxectos de investigación) e SPOMEDIA (recursos audiovisuais).
SPONET: Producida polo Department of Sport Information Documentation do Institute of Applied Training Science da Universidade de Leipzig. Está dirixida a investigadores, entrenadores e atletas e reúne documentación sobre todos os aspectos das Ciencias do Deporte (fundamentalmente artigos de revistas) dende 1999.
Bases de datos de disciplinas relacionadas
Medicina do Deporte:
Medline: Producida pola U.S Library of Medicine-NLM indexa revistas da área da Medicina da Educación Física e o Deporte polo que é unha das principais fontes de información sobre medicina deportiva, rehabilitación, etc.
Psicoloxía do Deporte:
PsycInfo: Base de datos internacional de psicoloxía elaborada pola American Psychological Association (APA). Contén referencias bibliográficas sobre Psicoloxía e disciplinas afíns polo que constitúe unha das principais fontes de información sobre Psicoloxía do deporte.
PSYKE: Artículos de psicología en español: base de datos formada coas revistas en español da biblioteca de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Cobertura: 1970 á actualidade.
Educación física:
ERIC: Base de datos producida polo Institute of Education Sciences do U.S. Department of Education (EUA). Recolle referencias de todo tipo de documentos sobre Ciencias da Educación, incluíndo Educación Física, Xogos, etc.
Bases multidisciplinares
Bases de datos que abranguen varias disciplinas científicas ou técnicas. WoS e Scopus recompilan a mellor literatura científica a nivel internacional en todos os campos, ainda que teñen un sesgo cara as ciencias básicas. As bases de datos do CSIC recollen a producción científica publicada en revistas españolas dende 1975 (a actualización non é homoxénea en todas as áreas).
Web of Science: base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.
Scopus: base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.
ÍnDICEs CSIC: base de datos multidisciplinar que recolle as referencias dos artigos publicados en revistas científicas editadas en España.
Dialnet Plus: portal que ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas (insuficientemente recollidas na maioría das bases de datos), teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
Portais
SIRC Resources: selección de recursos sobre deporte do Sport Information Resource Centre (Canadá)
SPORT'docs Portal documental do Servicio de Información y Documentación del Instituto Nacional de Deportes (INSEP) de París. Da acceso entre outros recursos ó Catálogo do INSEP, á base de datos Heracles, ao CanalINSEP e ao Archive Ouverte.
Anatomía funcional Web sobre Anatomía funcional das Ciencias da Actividade Física e do Deporte creada por Rafael Valdivia (Universidade de Granada) que recolle laminas, imaxes, etc.
Bibliotecas especializadas e Centros de documentación deportiva
Olympic World Library ofrece acceso ao catálogo e a coleccións únicasque cubren todas as principais áreas temáticas vinculadas aos Xogos Olímpicos e ao Movemento Olímpico.
Olimpismo
The Olympic Studies Centre: portal do IOC que reúne documentación e recursos para a investigación sobre Olimpismo.
LA84 Foundation: Centro de recursos sobre Olimpismo, inclúe a maior biblioteca de investigación no deporte de America do Norte.