Localizador de recursos electrónicos
COMUNICACIÓN


Esta guía é unha selección de recursos para atopar información no ámbito da Comunicación.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización agosto 2014)
Publicidade
 Autocontrol
Base de datos sobre regulación publicitaria, producida pola Asociación para la Autorregulación de la Comunicación Comercial.
Solicita contrasinais nas bibliotecas centrais de campus.

 TV Anuncios
Base de datos de anuncios de televisión en España. Contén milleiros de anuncios dos últimos 25 anos e a produción española máis recente, podendo visualizalos ou descargalos. Cada anuncio ten unha ficha técnica e permite facer buscas por axencia, marca, produtora, realizador/a... Ademais inclúe noticias e reportaxes sobre o sector publicitario.

Adforum
Portal dedicado á publicidade, á comunicación e ó marketing. Inclúe información sobre premios e festivais de todo o mundo e unha base de datos de axencias. Parte dos contidos están reservados aos subscritores.

PublidocNet
Centro documental para la conservación del patrimonio publicitario español.
 
Audiencias e difusión
AIMC
A Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) ten coma obxectivo principal o estudo e a medición das audiencias dos medios de comunicación en España: diarios, revistas, dominicais, radio, televisión, cine e Internet. Realiza  os seguintes estudos:
  • EGM (Estudio General de medios): analiza os hábitos de consumo de todo tipo de medios de comunicación, de produtos e equipamientos do fogar, e de estilos de vida. Publícase anualmente distribuido en tres "olas". Só poden acceder os asociados, mais algúns datos do EGM son de distribución aberta e pódense consultar na web de AIMC:
  • Resumo xeral de resultados EGM: publicado tres veces ao ano, con cada ola dol EGM. Contén datos (do ano móvil, é dicir, acumulados das tres últimas olas) de todos os medios: Diarios, Suplementos, Revistas, Radio, Televisión, Cine, Internet e Exterior.
  • Marco General de los medios en España, editado a principios de cada ano cos datos do EGM do ano anterior e evolucións, tanto de medios como de consumos e equipamientos do fogar.
  • Audiencia de Internet en el EGM, editado con cada ola do EGM. 
Tamén publica o informe Lectores por ejemplar, pódese acceder libremente ao Resumen ejecutivo.

Acceso restrinxido UVigo Guíademediosdigital.com
  • Ámbito temático: Publicidade
  • Contido: A "guía de medios" permite acceder a máis de 8.000 medios de prensa, revistas, dixitais, blogs, radio e televisión. Proporciona datos de contacto, tarifas de publicidade, datos de difusión.
  • Produtor: Infoperiodistas

Nota: Acceso por contrasinais restrinxido á comunidade universitaria.
Pida contrasinais en:
- Campus Pontevedra tfno:  986-802001 (mañá)  refbcp@uvigo.es
 



Kantar media. Audiencia de televisión
Empresa de investigación de mercados.
Permite acceder libremente a datos de audiencia de televisión da última semana e a un balance mensual .
Asemade, publica o “Anuario de audiencias de televisión” (antes Sofres) (dende o ano 2009 só en cd) no que se recollen os datos sobre as tendencias televisivas e da audiencia de cada ano: consumo de televisión, perfil das canles, ranking de programas e emisiones, e datos sobre a publicidade en televisión. Na BUV, na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra.

Recurso Open Access Anuario SGAE de las artes escénicas, musicales y audiovisuales
A Fundación Sociedad General de Artes Escénicas publica este anuario que contén datos primarios e análises que reflicten a oferta de actividades culturais en España a partires do rexistro dos eventos que tiveron lugar no ano en cuestión, xunto con gráficos e táboas. Pódense descargar gratuitamente os anuarios en formato pdf dende 1999.

Recurso Open Access Audiencia.org
Estudos de audiencia  de medios locais (televisión, radio, prensa)  realizados por Infortécnica.

Recurso Open Access Barlovento comunicación
Consultora audiovisual que publica informes mensuais e análises anuais de audiencias de televisión.
 Recolle datos de televisións autonómicas privadas, como V televisión, que non aparecen no "Marco de los medios en España" que elabora AIMC. 

OJD
A "Oficina de Justificación de la Difusión, división de INTROL" analiza e certifica a tirada e a difusión dos medios impresos  e dixitais co obxectivo de obter e facilitar información útil e puntual da difusión e distribución das publicacións periódicas para uso de anunciantes, axencias de publicidade, editores etc.
Na pestaña "últimos datos" pódese acceder a:
  • Certificados de control: datos agrupados por categorías.
  • Buscador de publicaciones:  busca por nome da publicación.
  • OJD Interactiva: certificados de medios digitales, permite obter informes pormenorizados e actualizados sobre a difusión das medios electrónicos de comunicación.


Recurso Open Access IFABC
A "International Federation of Audit Bureaux of Circulations" (IFABC) é unha asociación mundial das organizacións de verificación e control da difusión das publicacións.
Na pestaña "Resources" proporciona datos sobre tiradas (descarga en excel),  datos das entidades verificadoras dos distintos paises, e informes.

 
Bases de datos
 Business Source Premier
Ofrece acceso ao texto completo ou a referencia de artigos de revista e outros documentos de diversa tipoloxía recompilados en bases de datos especializadas en economía e empresa. Tamén inclúe informes de citas, informes económicos de empresas, buscador de imaxes e índices bibliográficos.

 CSIC-ISOC
Base de datos que recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e, de forma selectiva, actas de congresos, series, compilacións e monografías dende 1975 á actualidade.

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
Portal que ten como finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana. Recompila artigos de revista, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Tamén ofrece servizo de alertas bibliográficas, hemeroteca virtual e repositorio Open Access.

 Scopus
Preséntase como a maior base de datos de resumos e citas da literatura científica revisada por pares: revistas científicas, libros e actas de congresos. Conta con ferramentas intelixentes para buscar, analizar e visualizar a información.

 Web of Science
É unha plataforma de investigación que ofrece un acceso integrado á información da produción científica de calidade. Ademáis da base de datos, incorpora outros servizos como InCites (analiza e compara a productividade institucional), Essential Science Indicators (permite coñecer as tendencias e os sectores punteiros na investigación e os documentos de maior impacto), Journal Citation Report (factor de impacto) e Research ID (perfil investigador unificado).
Coleccións con revistas electrónicas especializadas en Comunicación
Información sobre empresas
 SABI
Ofrece información xeral e as contas anuais de empresas españolas e portuguesas. Permite buscar por diversos criterios (nome, NIF, localización, actividade...) e realizar análises estatísticos e comparativos.
 SABI é para uso exclusivo da ensinanza e investigación nas Universidades galegas.  Ten un límite de exportación semanal, polo que se recomenda descargar só os datos necesarios. 


 Ardan...: empresas de Galicia
Directorio e informe económico financieiro de empresas galegas.
Buscadores de noticias
MyNews Hemeroteca
Permite buscas avanzadas e a descarga do texto completo dos artigos de máis de 400 diarios de información xeral, económica, deportiva ..., fundamentalmente do ámbito español. Tamén inclúe as noticias da axencia Europa Press. A cobertura temporal é variable, dependendo da publicación, en algunhas chega ata o ano 1996. 

Hai un límite de visualización de resultados e de descargas mensuais do texto completo, por iso cómpre asegurarse que non se pode consultar na edición en papel ou en liña do xornal.


Library Press Display
Portal de prensa impresa que dá acceso a unha colección de máis de 2.300 periódicos e magazines de 101 países en 51 idiomas. Permite a consulta dos periódicos durante 90 días e pódense seleccionar por país, idioma, título, imaxe de portada, fotografía ou titular.



 
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte à Aprendizaxe e a Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Consultar
Catálogo   /   Revistas-e   /   Libros-e
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
refworks             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access