Art, Design & Architecture Collection: Esta colección inclúe as bases de datos especializadas
ARTbibliographies Modern (arte moderno e contemporáneo),
Design and Applied Arts Index (deseño e artes decorativas) e a
International Bibliography of Art (estudios sobre historia da arte occidental), xunto coa colección de revistas a texto completo
Arts & Humanities Database sobre arte, arquitectura, deseño, historia, filosofía, música, literatura, teatro e estudos culturais.
ARTBibliographies Modern (ABM): Base de datos de arte moderna e contemporánea (fins do século XIX en adiante). Contén as referencias, resumos e, nalgúns casos, textos completos de artigos de revistas, monografías, catálogos de exposicións, teses, revisións de exposicións, etc. de todas as formas de arte contemporáneo, incluíndo fotografía, video, instalacións, arte electrónico, deseño, etc. dende 1974 á actualidade.
BHA and RILA: A Bibliography of the History of Art (BHA) e o Répertoire International de la littérature de lárt (RILA) abarcan publicacións sobre as artes visuais europea e americana publicadas entre 1975 e 2007. BHA foi producida conxuntamente polo
Getty Research Institute e o INIST ata 2008, cando continuou como a
International Bibliography of Art (IBA), proporcionada a través de ProQuest e incluída en
Art, Design & Architecture Collection.
Dialnet Plus: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
ÍnDICEs CSIC
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España.
- Produtor: CSIC.
- Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.
Web of Science: Base de datos multidisciplinar. Arts & Humanities Citation Index proporciona acceso á información en curso e retrospectiva dende 1975 a unhas 1.700 revistas de artes e humanidades.
Scopus: base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Indiza aproximadamente 6.800 revistas de Ciencias Sociais e Arte e Humanidades.