Localizador de recursos electrónicos
CIENCIAS DA SAÚDE


Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Ciencias da Saúde. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización setembro 2023)
Bases de datos
Acceso restrinxido UVigo [?] Medline
  • Ámbito temático: ciencias da saúde.
  • Contido: referencias bibliográficas e resumos de artigos de máis de 5.000 revistas especializadas en medicina, enfermería, odontoloxía, veterinaria, etc., e tamén capítulos de libros. Inclúe o tesauro MESH (Medical Subject Headings).
  • Produtor: U. S. National Library of Medicine.
  • Lingua de consulta: inglés.

[?] PubMed
  • Ámbito temático: ciencias da saúde.
  • Contido: portal de acceso libre e gratuíto ás bases de datos bilbiográficas compiladas pola National Library of Medicine (NLM): Medline, Premedline, PubMed Central, Genbank, Complete Genoma, etc. Inclúe referencias de artigos, e artigos a texto completo de medicina, enfermería, odontoloxía, medicina veterinaria, saúde pública, etc.
  • Produtor: National Library of Medicine (NLM) e National Centre for Biotechnology Information (NIH).
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe

Acceso restrinxido UVigo [?] Dialnet Plus
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
  • Produtor: Fundación Dialnet.

Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.

Acceso restrinxido UVigo [?] ÍnDICEs CSIC
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España. 
  • Produtor: CSIC.
  • Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.

Acceso restrinxido UVigo [?] Cinahl
  • Ámbito temático: enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde.
  • Contido: referencias bibliográficas e resumos de máis de 3.000 publicacións especializadas en enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde, ademáis da cobertura completa de revistas e publicacións especializadas da "National League for Nursing" e a "American Nurses Association". Tamén recolle libros, actas de congresos, audiovisuais, e outros, publicados dende 1981
  • Produtor: Ebsco.
  • Lingua de consulta: inglés

Recurso Open Access CUIDEN
  • Ámbito temático: enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde.
  • Contido: inclúe produción científica iberoamericana, tanto de contido clínico-asistencial e promoción da saúde en todas as súas especialidades coma con enfoques metodolóxicos, históricos, sociais ou culturais. Contén artigos de revistas científicas, libros, monografías e outros documentos, mesmo materiais non publicados, evaluados previamente por un comité de expertos.
  • Produtor: Fundación Index.
  • Lingua de consulta: castelán.

Recurso Open Access [?] IBECS (Índice Bibliográfico Español en Ciencias de la Salud)
  • Ámbito temático: ciencias da saúde.
  • Contido: Recolle artígos de revistas do ámbito de Ciencias de la Salud editadas en España desde o ano 2000. Inclúe todos os artigos dunha revista, exceptuando editoriais non científicas, resúmenes de actas de congresos, recensións bibliográficas e necrolóxicas
    En IBECS pódese acceder só ós textos completos dos artigos das revistas que pertenzan á colección SciELO España. Inclúe Tesauro DeCS (Descriptores en Ciencias da Saúde), tradución do tesauro MeSH de Medline.
  • Produtor: Instituto de Salud Carlos III e BIREME.
  • Lingua de consulta: castelán. 

Recurso Open Access [?] LILACS (Literatura Latinoamericana y del Caribe en Ciencias de la Salud)
  • Ámbito temático: ciencias da saúde.
  • Contido: artigos de preto de 670 revistas máis representativas da área da saúde, con máis de 150.000 rexistros e outros documentos como teses, capítulos de libros, actas de congresos ou conferencias, informes científico-técnicos e publicacións gubernamentais.
  • Produtor: Centro Latinoamericano y del Caribe de Información en Ciencias da Saúde.
  • Lingua de consulta: castelán, portugués e inglés.

Recurso Open Access [?] MEDES
  • Ámbito temático: medicina e farmacia.
  • Contido: recolle referencias bibliográficas e resumos de artigos de máis de 71 publicacións especializadas en castelán.
  • Produtor: Fundación Lilly.

Nota: Aviso de discontinuidad del servicio: a partir del 1 de abril de 2024, la base de datos MEDES dejará de actualizarse y quedará interrumpido el acceso por tiempo indefinido, así como el servicio de alertas

 
Medicina Baseada na Evidencia (MBE)

Recurso Open Access [?] CRD (Centre for Reviews and Dissemination)
Producida polo NHS Centre for Reviews and Dissemination en la University of York, inclúe revisións sistemáticas de diferente índole, moi dificilmente localizables a través de bases de datos tradicionais. Inclúe as seguintes bases de datos:
  • HTA Database (Health Technology Assessment Database): contén informes elaborados polas Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias incluídas na rede internacional INAHTA.
  • DARE (Database of Abstracts of Reviews of Effects): contén resumos de artigos publicados en revistas que valoran e sintetizan revisións sistemáticas de efectividade.
  • NHS EED (NHS Economic Evaluation Database): resumos estructurados de artigos publicados en revistas sobre avaliacións económicas de intervencións en atención sanitaria.

Recurso Open Access Cochrane Library
Base de datos realizada polos Grupos de colaboración Cochrane. Inclúe varias bases de datos: 
  • The Cochrane Database of Systematic Reviews: revisións estructuradas e sistemáticas dos efectos da asistencia sanitaria.
  • The Cochrane Central Register of Controlled Trials (CENTRAL): referencias bibliográficas de ensaios clínicos controlados.
  • De modo adicional da acceso a: HTA Database, DARE (Other Reviews), NHS EEDS.

[?] Cochrane Library
Nota: Acceso por subscrición desde calquera IP dentro de territorio español

Tradución ao castelán de revisións sistemáticas completas e outros documentos relevantes. A información provén (entre outras fontes) da base de datos Cochrane BDCRS (The Cochrane Database of Systematic Reviews - CDSR).
Guías de práctica clínica

Recurso Open Access GuiaSalud
Organismo do Sistema Nacional de Saúde (España) que reúne unha biblioteca de guías de práctica clínica en español.

Recurso Open Access National Guideline Clearinghouse
É o compilador de guías máis importante. A NGC é unha base de datos de GPC e documentos relacionados avaliados pola Agency for Healthcare Research and Quality.

Recurso Open Access [?] Tryp Database
Buscador que efectúa buscas nunhas 75 sedes de alta calidade relacionadas coa MBE (revistas con revisións de pares, guías de práctica clínica, revisións sistemáticas da Cochrane, libros electrónicos, etc.).

Recurso Open Access REMI: Guías de práctica clínica
Listado actualizado de guías de práctica clínica de utilidade para os profesionais que atenden ao enfermo crítico. Forma parte da Revista Electrónica de Medicina Intensiva (REMI).
Recursos Fisioterapia

Bases de datos


PEDro Physiotherapy Evidence Database
  • Ámbito temático: fisioterapia baseada na evidencia.
  • Contido: ensaios clínicos, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica de Fisioterapia. De cada ensaio, revisión ou guía, PEDro ofrece detalles para a citación, resumo e o enlace ao texto completo cando está dispoñible.
  • Produtor: Centre for Evidence-Based Physiotherapy, University of Sidney.
  • Lingua de consulta: inglés.


Recurso Open Access ENFISPO
  • Ámbito temático: enfermería, fisioterapia e podoloxía.
  • Contido: ENFISPO é unha base de datos bibliográfica formada por unha selección de revistas en español das áreas de Enfermería, Fisioterapia e Podoloxía. Desde os seus inicios en 1996, o seu desenvolvemento corre a cargo da Biblioteca Complutense / Biblioteca da Facultade, Enfermería e Podoloxía e desde o ano 2022 redeséñase en colaboración con Dialnet


Recurso Open Access Rehabdata
  • Ámbito temático: discapacidade e rehabilitación.
  • Contido: referencias de artigos, libros, informes e materiais audiovisuais relacionados coa investigación sobre discapacidade e rehabilitación (pode incluir o texto completo).
  • Produtor: National Rehabilitation Information Center.
  • Lingua de consulta: inglés.


Recurso Open Access Physiotherapy Choices
  • Ámbito temático: fisioterapia baseada na evidencia.
  • Contido: dirixida a pacientes e profesionais, reúne un catálogo das mellores evidencias dispoñibles sobre a efectividade dos tratamentos con fisioterapia. Só recolle ensaios clínicos, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica.
  • Produtor: Centre for Evidence-Based Physiotherapy (CEBP).
  • Lingua de consulta: castelán, portugués e inglés.
Revistas electrónicas (coleccións)

Recurso Open Access BioMed Central Journals
  • Ámbito temático: Medicina e Ciencias da vida, Ciencias físicas, Matemáticas 
  • Contido: Contén unha carteira de revistas de alta calidade, entre as que destacan BMC Biology e BMC Medicine, así como revistas especializadas como Malaria Journal and Microbiome ou BMC Series, nunha única plataforma de acceso abierto. BioMed Central é parte de Springer Nature
  • Lingua de consulta: inglés.


Recurso Open Access Free Medical Journals
  • Ámbito temático: medicina.
  • Contido: recompilación actualizada de máis de 4.000 revistas biomédicas de recoñecido prestixio internacional, inclúe unha ampla listaxe de revistas en castelán e tamén noutras linguas aparte do inglés.
  • Produtor: Flying Publisher.
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación (algúns títulos teñen os anos máis recentes sometidos a embargo).
  • Lingua de consulta: inglés.


Acceso restrinxido UVigo [?] ScienceDirect (Elsevier)
  • Ámbito temático: acuicultura, agricultura, bioloxía, enxeñaría, física, forestais, informática, matemáticas, medicina, medio ambiente, tecnoloxía dos alimentos, telecomunicacións, xeoloxía, empresas, psicoloxía, química.
  • Contido: contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3.000 revistas revisadas por pares, series bibliográficas, manuais e obras de referencia.
  • Produtor: Elsevier.
  • Cobertura temporal: dende 1995 (a través da subscrición consorciada) e con acceso aos "backfiles" dos seguintes paquetes de títulos: bioquímica, xenética e bioloxía molecular; ciencias medioambientais; ciencias Sociales; física nuclear e astronomía*.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: vídeosguías e titoriais dende a web do editor

Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade.  Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título.


Recurso Open Access SciELO (Scientific Electronic Library Online)
  • Ámbito temático: ciencias agrícolas, ciencias biolóxicas, ciencias da saúde, ciencias exactas e da terra, ciencias sociais aplicadas, humanidades, enxeñarías, lingüística, letras e artes.
  • Contido: portal de revistas científicas electrónicas de America Latina e Caribe publicadas baixo o modelo de acceso aberto. Inclúe SciELO España que cubre 38 revistas españolas. Actualmente está incluído na Web of Science.
  • Produtor: BIREME (Centro Latinoamericano y del Caribe de Información en Ciencias de la Salud) y FAPESP (Fundação de Amparo à Pesquisa do Estado de São Paulo).
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación.


Acceso restrinxido UVigo [?] SpringerLink
  • Ámbito temático: enxeñaría, informática, matemáticas, telecomunicacións, bioloxía, medicina, medio ambiente, química.
  • Contido: base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.
  • Produtor: Springer.
  • Cobertura temporal: en 2015 subscríbese a Colección Cruzada como negociación colectiva de consorcios e universidades españolas (1.852 títulos); o acceso é, á maioría dos títulos, dende 1997.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial en vídeo (inglés), videotitorial para busca de artigos en vídeo (inglés).
Repositorios

Recurso Open Access Europe PubMed Central
Repositorio temático de acceso aberto para biomedicina e biotecnoloxía. Baséase en PubMed Central (PMC) e é parte dunha rede de repositorios PMC International (PMCI) que tamén inclúen PMC Canada.

Recurso Open Access PubMed Central
  • Ámbito temático: ciencias biomédicas.
  • Contido: arquivo dixital da Biblioteca Nacional de Medicina de EE.UU, permite o acceso libre a artigos a texto completo de revistas de ciencias biomédicas e ciencias da vida. Está incluido en Europe PubMed Central.
  • Produtor: National Library of Medicine (NLM) e National Centre for Biotechnology Information (NIH).
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación.
  • Lingua de consulta: inglés.


Recurso Open Access BASE (Bielefeld Academic Search Engine)
Multidisciplinar. Converteuse nun dos recolectores de repositorios científicos máis importantes a nivel mundial. Ofrece máis de 73 millóns de documentos de máis de 3.500 fontes e pódese acceder aos textos completos de arredor do 70% dos documentos indexados.

Recurso Open Access Recolecta
Plataforma multidisciplinar que agrupa todos os repositorios científicos nacionais.

RUNA. Repositorio de saúde do SERGAS
  • Ámbito temático: ciencias da saúde
  • Contido: Todo tipo de contido xerado polos profesionais da Consellería de Sanidade - Sergas: artigos, libros e capítulos de libros, carteis, contido web, circulares, folletos, guías clínicas, informes, instruccións, protocolos, publicacións de congresos, teses e traballos fin de máster e vídeos. A súa misión é xestionar, difundir e preservar o coñecemento xerado polos profesionais da Consellería de Sanidade - Sergas
  • Produtor: Sergas
Recursos sobre como citar

Estilo Vancouver (Guía da Biblioteca Universitaria de Vigo)

Estilo Vancouver (Portal Fisterra).

 
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access