Localizador de recursos electrónicos
CIENCIAS POLÍTICAS E DA ADMINISTRACIÓN

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Ciencias Políticas e da Administración. Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización agosto 2014)
Todos os recursos

Bases de datos bibliográficas

Acceso restrinxido UVigo Business Source Premier
  • Ámbito temático: Ciencias Económicas e Empresariais
  • Contido: indexa publicacións relacionadas coas distintas áreas da economía, a empresa e o mundo dos negocios, ofrecendo o contido a texto completo de máis de 2000 revistas. Ademais inclúe outras fontes de información como perfís de empresas, estudos de casos etc.
  • Produtor: Ebsco
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo CSIC-ISOC
Base de datos que fundamentalmente recolle referencias de artigos publicados en revistas españolas do ámbito das Ciencias Sociais e Humanas e de forma selectiva actas de congresos, series, compilacións, informes e monografías. Cobertura: dende 1975 á actualidade.
Acceso restrinxido UVigo Dialnet Plus
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
  • Produtor: Fundación Dialnet.

Acceso restrinxido UVigo Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: Titoriais

Revistas electrónicas (coleccións)

Acceso restrinxido UVigo Emerald
  • Ámbito temático: Economía, Empresa, Enxeñaría
  • Contido: acceso a unha colección de libros e a máis de 300 revistas sobre distintas disciplinas relacionadas coa Xestión.
  • Produtor: Emerald Group Publishing Limited
  • Cobertura temporal: dende o primeiro número e con acceso aos arquivos.
  • Lingua de consulta: inglés

Nota: Libros no catálogo da Biblioteca Uvigo

Máis guías e titoriais
Recurso Open Access HighWire
  • Ámbito temático: Ciencias Biolóxicas, Ciencias Médicas, Ciencias Sociais, Ciencias Físicas.
  • Contido: división de Stanford University Libraries, que produce versións en liña de revistas científicas e académicas de calidade contrastada e elevado factor de impacto.
  • Produtor: HighWire Press
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación (pode ter embargo dos últimos anos)
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo JSTOR (Arts & Sciences I, II e III)
  • Ámbito temático: Arte, Filosofía, Historia, Lingua e Lingüística, Literatura, Socioloxía. Economía, Empresa, Matemáticas.
  • Contido: máis de 1.500 revistas académicas de diversas disciplinas, con predominio das Humanidades e as Ciencias Sociais.
  • Produtor: JSTOR (ITHAKA)
  • Cobertura temporal: dende os primeiros anos da publicación, con embargo dos anos recentes
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Oxford Academic
  • Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
  • Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Produtor: Oxford University Press
  • Cobertura temporal: dende 1996
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Project MUSE
  • Ámbito temático: Educación, Historia, Lingua e Literatura, Socioloxía
  • Contido: revistas científicas a texto completo do ámbito das Humanidades e as Ciencias Sociais
  • Produtor: Project MUSE
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación, con engadido de anos de xeito retrospectivo
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía de busca en pdf (inglés) e titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo SAGE Journals
  • Ámbito temático: Economía, Educación, Informática, Medicina, Psicoloxía, Socioloxía.
  • Contido: máis de 600 revistas de Empresas, Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Produtor: SAGE Publications
  • Cobertura temporal: acceso dende 1999
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial

Libros electrónicos (coleccións)

Recurso Open Access DOAB
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: Libros académicos de acceso libre, principalmente na área de Humanidades e Ciencias Sociais

Acceso restrinxido UVigo EbscoHost eBooks
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
  • Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)
  • Termos de uso: permite imprimir ata 60 páxinas. Non se permite a descarga de todo o documento pero pódese descargar sección a sección no lector Reader Sony (non noutros modelos) ou en calquera lector de PDF 

Nota: No catálogo da Biblioteca Uvigo
Recurso Open Access OAPEN
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: libros académicos de acceso libre principalmente na área de humanidades e ciencias sociais

Portais temáticos

Acceso restrinxido UVigo Smarteca
  • Ámbito temático: Dereito, Administración, Economía, Empresa
  • Contido: aplicación para acceder aos contidos das publicacións de Wolters Kluwer subscritas pola biblioteca: revistas, monografías e códigos.
  • Produtor: Wolters Kluwer
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación.
  • Lingua de consulta: español
  • Máis guías e/ou titoriais en: ¿Qué es Smarteca?
      

 

Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825  prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192  presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002  presbcp@uvigo.es

ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome, apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Consultar
Catálogo   /   Revistas-e   /   Libros-e
Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
refworks             end
         
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access