AIMCA Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) ten coma obxectivo principal o estudo e a medición das audiencias dos medios de comunicación en España: diarios, revistas, dominicais, radio, televisión, cine e Internet. Realiza os seguintes estudos:
- EGM (Estudio General de medios): analiza os hábitos de consumo de todo tipo de medios de comunicación, de produtos e equipamientos do fogar, e de estilos de vida. Publícase anualmente distribuido en tres "olas". Só poden acceder os asociados, mais algúns datos do EGM son de distribución aberta e pódense consultar na web de AIMC:
- Resumo xeral de resultados EGM: publicado tres veces ao ano, con cada ola dol EGM. Contén datos (do ano móvil, é dicir, acumulados das tres últimas olas) de todos os medios: Diarios, Suplementos, Revistas, Radio, Televisión, Cine, Internet e Exterior.
- Marco General de los medios en España, editado a principios de cada ano cos datos do EGM do ano anterior e evolucións, tanto de medios como de consumos e equipamientos do fogar.
- Audiencia de Internet en el EGM, editado con cada ola do EGM.
Tamén publica o informe
Lectores por ejemplar, pódese acceder libremente ao Resumen ejecutivo.
Kantar media. Audiencia de televisiónEmpresa de investigación de mercados.
Permite acceder libremente a datos de audiencia de
televisión da última semana e a un balance mensual .
Asemade, publica o “
Anuario de audiencias de televisión” (antes Sofres) no que se recollen os datos sobre as tendencias televisivas e da audiencia de cada ano desde o ano 1993: consumo de televisión, perfil das canles, ranking de programas e emisiones, e datos sobre a publicidade en televisión. Na BUV, pódese consultar no ordenador da Biblioteca Central do Campus de Pontevedra.
Anuario SGAE de las artes escénicas, musicales y audiovisuales A Fundación Sociedad General de Artes Escénicas publica este anuario que contén datos primarios e análises que reflicten a oferta de actividades culturais en España a partires do rexistro dos eventos que tiveron lugar no ano en cuestión, xunto con gráficos e táboas. Pódense descargar gratuitamente os anuarios en formato pdf dende 1999.
Audiencia.orgEstudos de audiencia de
medios locais (televisión, radio, prensa) realizados por Infortécnica.
Barlovento comunicaciónConsultora audiovisual que publica informes mensuais e análises anuais de
audiencias de
televisión.
Recolle datos de televisións autonómicas privadas, como V televisión, que non aparecen no "Marco de los medios en España" que elabora AIMC.
OJDA "Oficina de Justificación de la Difusión, división de INTROL" analiza e certifica a tirada e a difusión dos medios impresos e dixitais co obxectivo de obter e facilitar información útil e puntual da difusión e distribución das publicacións periódicas para uso de anunciantes, axencias de publicidade, editores etc.
Na pestaña
"últimos datos
" pódese acceder a:
- Certificados de control: datos agrupados por categorías.
- Buscador de publicaciones: busca por nome da publicación.
- OJD Interactiva: certificados de medios digitales, permite obter informes pormenorizados e actualizados sobre a difusión das medios electrónicos de comunicación.
IFABCA "International Federation of Audit Bureaux of Circulations" (IFABC) é unha asociación mundial das organizacións de verificación e control da difusión das publicacións.