Existen varios tipos de contas de EndNote que permiten niveis de acceso diferentes:
- Unha conta "EndNote basic free" que é gratuita e a que se accede previo rexistro. Esta conta é moi limitada nas súas funionalidades e capacidade de almacenamento de referencias.
- Acceso a través da Web of Science: a Biblioteca Universitaria de Vigo como subscritora da Web of Science ofrece aos membros da comunidade universitaria o acceso á unha conta á versión EndNote basic online, con todas as funcionalidades e accesible dende dentro ou fóra do campus. Para obter esta modalidade de subscripción o usuario deberá acceder a EndNote dende a Web of Science e rexistrarse. O rexistro debe facerse dende un ordenador da UVigo (ou vía proxy). Se previamente se rexistrou nunha conta "Free" e despois accede a esa conta dende a Web of Science, o sistema o recoñece automaticamente coma usuario rexistrado e actualiza a conta pasando a ofrecer a versión completa. Unha vez rexistrado poderá acceder á súa conta iniciando sesión na Web of Science ou dende EndNote online.

Acceso desde a Web of Science

Acceso desde https://endnote.com/
NOTA: Clarivate tamén ofrece unha versión de escritorio do xestor EndNote pero non é gratuita e non forma parte do acceso institucional.