Localizador de recursos electrónicos
COMPETENCIAS INFORMÁTICAS E INFORMACIONAIS (CI2)
                                                     
Que son as competencias informáticas e informacionais?
Segundo recolle o documento "Competencias informáticas e informacionales en los estudios de grado" (Comisión Mixta CRUE-TIC y REBIUN, 2012):
 
  • As competencias informáticas son o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e condutas que capacitan aos individuos para saber como funcionan as TIC, para que serven e onde e como se poden utilizar para conseguir obxectivos específicos.
     
  • As competencias informacionais son o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e condutas que capacitan aos individuos para recoñecer cando necesitan información, onde localizala, como avaliar a súa idoneidade e darlle o uso axeitado de acordo co problema que se lles presenta”.

Ser competente no acceso, uso e xestión da información permite ao estudante:
  • Utilizar os recursos tecnolóxicos e de información dispoñibles na Universidade.
  • Usar un maior número de recursos de información fiables e pertinentes.
  • Desenvolver a capacidade de análise fronte a sobreabundancia da información.
  • Ser autónomo dentro da investigación e avaliación dos recursos de información para os seus traballos académicos.
  • Mellorar a súa capacidade de organización da información.
  • Reducir o plaxio nos traballos académicos.
 
Competencias dixitais
O DigComp  (Digital Competence Framework for Citizens) fai que REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias Españolas) considere a necesidade de adaptar o modelo de formación en competencias informáticas e informacionales establecido a un modelo de competencias dixitais:

"Competencia dixital é aquela que implica o uso crítico e seguro das Tecnoloxías da Sociedade da Información para o traballo, o tempo libre e a comunicación. Apoiándose en habilidades TIC básicas: uso de ordenadores para recuperar, avaliar, almacenar, producir, presentar e intercambiar información, e para comunicar e participar en redes de colaboración a través de Internet” (European Parliament and the Council, 2006).

DigComp contempla 21 competencias dixitais agrupadas en 5 áreas. Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e Resolución de problemas.
 





             Imaxe tomada de  infografía DIGCOMP 2.0  (European Commision)