|
|
E-Libro
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: plataforma de libros académicos en español. Permite a consulta en liña e a descarga de máis de 100.000 libros publicados por editoriais comerciais, institucionais e universitarias.
- Cobertura:
- Idioma: español
Nota: Manual de uso (pdf)
Manual para a descarga de títulos na nova app (pdf)
|
|
|
Earth, Atmospheric & Aquatic Science
- Ámbito temático: Ciencias acuáticas e Meteoroloxía.
- Contido: inclúe as bases de datos ASFA (Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts) e MGA (Meteorological & Geoastrophysical Abstracts), proporcionando o texto completo de revistas académicas, especializadas, informes técnicos, actas de congresos, publicacións gobernamentais etc.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
- Como acceder vía SIR
Nota: A ligazón leva ás caixas de usuario e contrasinal, pero ó introducilos non leva ó recurso e ábrese un arquivo cunha taboa con bases de datos subscritas e as urls….. ????
|
|
|
EbscoHost eBooks
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
- Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)
|
|
|
EBSCOHOST Electronic Journals Service
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: servizo de acceso ao texto completo das publicacións periódicas estranxeiras que a Biblioteca da UVigo ten subscritas en papel, e aos sumarios e resumos para as publicacións que non subscritas.
- Produtor: EBSCO Industries
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: inglés
Nota: O sitio web modificaráse a partir de xuño de 2024
|
|
|
EEBO-Early English Books Online
- Ámbito temático: Literatura inglesa
- Contido: colección dos textos completos (facsímiles dixitais) de obras de literatura inglesa editados entre 1473-1700
- Produtor: Chadwyck
|
|
|
Elsevier ScienceDirect eBooks
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: colección de libros electrónicos de Elsevier
- Produtor: Elsevier
- Idioma: inglés
Nota: Dentro da páxina web pódese filtrar polo título, tipo de publicación ou área temática.
|
|
|
Emerald
- Ámbito temático: Economía, Empresa, Enxeñaría
- Contido: acceso a unha colección de libros e a máis de 300 revistas sobre distintas disciplinas, dende a xestión ou as finanzas ata a crimonoloxía ou os Social Media
- Produtor: Emerald Group Publishing Limited
- Cobertura temporal: dende o primeiro número e con acceso aos arquivos.
- Lingua de consulta: inglés
Nota: Libros no catálogo da Biblioteca Uvigo
|
|
|
ENFISPO
- Ámbito temático: enfermería, fisioterapia e podoloxía.
- Contido: ENFISPO é unha base de datos bibliográfica formada por unha selección de revistas en español das áreas de Enfermería, Fisioterapia e Podoloxía. Desde os seus inicios en 1996, o seu desenvolvemento corre a cargo da Biblioteca Complutense / Biblioteca da Facultade, Enfermería e Podoloxía e desde o ano 2022 redeséñase en colaboración con Dialnet
|
|
|
ERIC
- Ámbito temático: Educación
- Contido: ERIC, o Centro de Información de Recursos Educativos patrocinado polo Instituto de Ciencias da Educación do Departamento de Educación de EE. UU., é un recurso en liña para literatura e investigación educativa. A base de datos brinda acceso a información de revistas incluídas no Current Index of Journals in Education and Resources in Education Index. O contido inclúe artigos de revistas, informes de investigación, guías curriculares e docentes, artigos de conferencias, disertacións e teses, e libros que datan de 1966. Ofrece un bó número de ligazóns ao texto completo de ERIC ou ligazóns a outras fontes, como sitios web de editoriais ou DOI
- Produtor: Educational Resources for Information Center
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
Érudit
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: consorcio interuniversitario conformado pola Université de Montréal, a Université Laval e a Université du Québec à Montréal, que propón un modelo innovador para a promoción e a difusión dos resultados de investigación. Recolle varios tipos de documentos: revistas especializadas, libros, actas, teses e outros documentos e datos.
- Produtor: Consorcio Érudit
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: francés, inglés e castelán
- Máis guías e/ou titoriais: vídeo (previo rexistro)
|
|
|
Essential Science Indicators
- Ámbito temático: Tecnolóxico, Científico e Ciencias Sociais
- Contido: É unha ferramenta analítica que lle axuda a identificar investigacións de alto rendemento en Web of Science Core Collection. ESI enquisa máis de 11.000 revistas de todo o mundo para clasificar autores, institucións, países e revistas en 22 campos amplos segundo o rendemento de publicacións e citas. Os datos abranguen un período consecutivo de 10 anos e inclúen actualizacións bimestrais de clasificacións e recontos de citas tomadas de revistas indexadas en Science Citation Index Expanded, Social Science Citation Index and Arts & Humanities Citation Index
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
EuDML. The European Digital Mathematics Library
- Ámbito temático: Matemáticas
- Contido: colección dixital que da acceso á literatura matemática publicada principalmente en Europa, desenvolvida e mantida por unha rede de institucións.
- Produtor: EuDML
- Cobertura temporal: variable segundo a revista
- Lingua de consulta: castelán, inglés, francés, alemán, portugués…
|
|
|
EUR-LEX
- Ámbito temático: Dereito comunitario
- Contido: ofrece acceso á lexislación da Unión Europea, permitindo consultar o Diario Oficial da Unión Europea e os tratados, lexislación, xurisprudencia e traballos preparatorios da lexislación.
- Produtor: Unión Europea
- Lingua: varias linguas oficiais da Unión Europea, entre elas o castelán.
|
|
|
EUROSTAT
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: proporciona acceso á información estatística da Unión Europea.
- Produtor: Oficina Estadística de la Unión Europea
- Lingua de consulta: inglés, francés a alemán.
|