A oferta formativa da Biblioteca Universitaria está enfocada á adquisición de competencias no acceso, avaliación, xestión e uso da información (competencias informáticas e informacionais CI2) de xeito que poidas desenvolverte autonomamente no manexo dos recursos informativos necesarios para a aprendizaxe, a docencia e a investigación. Actualmente estamos a traballar para adaptalas progresivamente ao Marco europeo de competencias dixitais (DigComp). Ademáis, a Biblioteca forma parte do proxecto cooperativo UNICI2 para a formación en competencias dixitais.
Para adaptarnos ás túas necesidades ofrecemos distintos cursos e actividades formativas en modalidade presencial, virtual e semipresencial:
Entre as sesións programadas, a Biblioteca ofrece en colaboración co Servizo de Teledocencia a través da plataforma MooVi unha serie de cursos en liña directamente vinculados aos estudos e titulacións e clasificados en tres niveis:
Contacta con nós se queres ampliar a información ou solicitar unha sesión formativa.
Campus de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central
Tel. 986 813843 referencia@uvigo.es
Campus de Ourense
Biblioteca Rosalía de Castro
Tel. 988 387230 saibco@uvigo.es
Campus de Pontevedra
Biblioteca Central
Tel. 986 802001 refbcp@uvigo.es