Localizador de recursos electrónicos
PLATAFORMAS DE LIBROS ELECTRÓNICOS DE INTERESE PARA OS ALUMNOS DE GRAO

Última actualización: marzo 2023

Biblioteca Virtual Tirant Lo Blanch

 
A Biblioteca Virtual Tirant contén todo o fondo da editorial especializada en Dereito con divisións en materias específicas: mercantil, civil, tributario, administrativo, penal e laboral. A creación dunha conta personalizada permite traballar con diferentes funcionalidades nos libros e o acceso dende as aplicacións móbiles.
 
 
E-Libro

Plataforma dixital de eBooks en español de todas as disciplinas académicas. Inclúe ferramentas de traballo para fomentar o estudo e a investigación: lectura en liña, descargas, andeis persoais, copias e impresións, anotacións, subliñados, referencias bibliográficas, modo resumen, lectura en voz alta, tradución a varios idiomas, etc.
 

 
 
 
EbscoHost Ebooks
 
Colección temática multidisciplinar que permite o acceso e consulta de libros electrónicos publicados por diferentes editoriais. Pódense ler os libros en pantalla ou descargalos. Tamén é posible imprimir, copiar, subliñar, citar ou exportar o contido do libro.
 

 
Ingebook

 
Plataforma de libros e contidos universitarios e profesionais en streaming. Contén numerosos manuais da bibliografía recomendada nas guías docentes das materias.
As persoas usuarias rexistradas poden realizar consultas, engadir notas, e ter un espazo persoal onde organizar libros como favoritos.
 

 
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158