Localizador de recursos electrónicos
JoVE Science Education

* Acceso temporal ata o 15 de xuño de 2020

Contidos
  • JoVE Science Education é unha plataforma que conta con máis de 1000 vídeos e ten como obxectivo facilitar os procesos de ensino e aprendizaxe de distintas áreas de coñecemento: Psicoloxía, Bioloxía, Física, Química, Enxeñerías, Xeoloxía, Ciencias Ambientais, Medicina, etc. JoVE destaca polo seu amplo repertorio de vídeos teóricos e reproducións de técnicas básicas de laboratorio.
Está dividida en 12 seccións:
 
  • Basic Biology
  • Physics
  • Advanced Biology
  • Engineering
  • Chemistry
  • Clinical Skills

 
  • Environmental Sciences
  • Psychology
  • Lab-Manual: Biology
  • Core Biology
  • Core Social Psychology
  • Lab-Manual: Chemistry

 
 
  • ​Inclúe tamén o acceso á  Encyclopedia of Experiments: é a primeira enciclopedia de vídeos en liña de experimentos de investigación avanzada. Este recurso permite aos científicos da academia e a Biotecnoloxía, aprender eficientemente novos experimentos e tecnoloxías de investigación.
     
  • Descarga a JoVE Users Guide (inglés)
Como crear unha conta en JoVE
Pode crear unha conta persoal co seu correo electrónico da UVigo e acceder aos vídeos de JoVE fóra do campus sen activar o proxy da UVigo. Inclúe, entre outras, ás seguintes funcións:
  • Historial de visualización: para atopar facilmente un artigo visto anteriormente.
  • Lista de reprodución de vídeos favoritos: para agregar un vídeo, simplemente faga clic no botón ''add to favorite'' debaixo do reprodutor de vídeo na páxina do artigo. 

Ferramentas de JoVE
  • JoVE Quiz é unha ferramenta de avaliación online, que permite ao profesorado desenvolver de forma rápida probas para avaliar a comprensión e a retención dos temas académicos por parte dos seus estudantes.

    Cada JoVE Quiz conta con 10 preguntas con respostas múltiples, coa posibilidade de engadir preguntas, respostas e imaxes propias, personalizando os contidos segundo a necesidade de cada un. As preguntas envíanse por correo electrónico aos estudantes, e unha vez que estes as responden, o profesor pode avaliar os seus resultados online. Os cuestionarios tamén se poden integrar en plataformas de teleformación como Moodle, Blackboard o Canvas *Esta funcionalidade non está habilitada no FaiTIC ao tratarse dun recurso en proba.

    Para acceder a JoVE Quiz abonda con crear unha conta en http://jove.com/account co correo electrónico da UVigo, e despois facer clic en "My Quizzes".
     
Titoriais para integrar os contidos de JoVE en Moodle: *Atención: estas funcionalidades non están habilitadas no FaiTIC ao tratarse dun recurso en proba.
 
  • Titorial Loading a QTI File with JoVE Quiz Content Into Moodle
     

 
  • Tutorial: Loading a Common Cartridge File with JoVE Content Into Moodle
     

 
  • Tutorial: Using the JoVE LTI Tool In Moodle


 

  • Para máis información sobre as funcionalidades de JoVE Science Education consulte o Resource Hub