Localizador de recursos electrónicos
JoVE

Actualización: novembro de 2023
Contidos
JoVE é unha plataforma que conta con máis de 17000 vídeos para a aprendizaxe e a investigación. Está formada por dúas coleccións:
  • A colección Investigación permite visualizar metodoloxías avanzadas, amosando os detalles do protocolo experimental, e reproducir técnicas de laboratorio. Inclúe JoVE Journal (revista revisada por pares en formato audiovisual) e JoVE Enciclopedia de Experimentos (con técnicas de investigación)
  • A colección Educación ofrece vídeos educativos que axudan a aclarar conceptos básicos e metodoloxías de laboratorio mediante aplicacións prácticas. Inclúe tamén libros de texto multimedia que combinan demostracións en vídeo con explicacións textuais detalladas.
A subscrición da Universidade de Vigo inclúe:


Funcionalidades de JoVE
Pode crear unha conta persoal co seu correo electrónico da Universidade de Vigo e acceder aos vídeos de JoVE fóra do campus. O acceso desde fóra do campus tamén se pode facer utilizando calquera dos sistemas de identificación da universidade ou configurando o proxy do navegador. Pero ter unha conta persoal permite, ademais, acceder a outras funcións, como:
  • Historial de visualización: para atopar facilmente un artigo visto anteriormente.
  • Lista de vídeos favoritos: para agregar un vídeo aos favoritos, simplemente faga clic na estrela que aparece xunto ao vídeo; este quedará gardada na lista de favoritos.
  • Listas de reprodución: pode crear unha ou máis listas de reprodución e ir agregando vídeos a elas para telos sempre clasificados segundo os seus intereses. Máis información aquí.
  • Integrar vídeos na plataforma de teledocencia: obteña máis información aquí e no seguinte vídeo:
  • Gardar e crear cuestionarios : a través da ferramenta JoVE Quiz. Pode consultar aquí preguntas frecuentes sobre esta función (cómpre iniciar sesión para acceder). Máis información neste vídeo:

Para coñecer as funcionalidades principais do recurso pódese consultar este webinar: