Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR DE ACORDO AO ESTILO APA








O estilo APA é o estilo de normas de citación adoptado pola American Psychological Association. É o máis empregado no ámbito das Ciencias Sociais. Nesta guía ofrécese unha visión xeral do estilo e información complementaria.
  • Para consultar unha guía máis detallada descarga  a Guía APA pdf  elaborada pola Biblioteca.
Guía elaborada seguindo o Manual de Publicaciones de la American Psychological Association (3ª ed. trad. da 6ª en inglés).

Nota:  Se estás realizando un traballo académico consulta sempre co teu titor/a as características propias de estilo e formato do traballo.

Data de elaboración desta guía: Outubro 2018.
 

 

Como citar no texto
 

Cita directa

Consiste en reproducir literalmente as palabras doutro/a autor/a. 

 

Cita directa de menos de 40 palabras

O estilo APA segue un sistema de cita breve no texto entre paréntese que se corresponde coa lista de referencias final. Os elementos básicos das citas no texto son: autor/a, data e número de páxinas. A orde destes elementos pode variar dependendo de se o/a autor/a citado/a forma parte ou non da oración.
Cando se trata de material en liña sen paxinación deberá indicarse o número de parágrafo (par.) se é visible ou o título do encabezado e o número de parágrafo seguinte para facilitar a súa ubicación.
 

Exemplos:
 
- Afima Dans (2016) que "para toda una generación, esa connotación de expresión efímera es precisamente lo que evoca internet" (par. 1).

- O que se deduce dos datos recollidos é que "esta formación debe ser considerada como `formación de posgrao´, coas súas especificidades, no exercicio, na transferencia do coñecemento á acción e na aprendizaxe". (Serrallé Marzoa et al., 2010, p. 35).
 




Cita directa de máis de 40 palabras

Neste caso hai que reproducir a cita nun bloque separado, sen comiñas e cunha sangría na marxe esquerda de aproximadamente unha pulgada (2,54 cm., na mesma posición ca un novo párrafo). Se hai párrafos adicionais dentro das citas, agregando unha segunda sangría ó primeiro deles de medio cm. Tódalas citas deberán ir a dobre espacio.
 
 
 Exemplo:
 Estes autores describiron a situación de moitos centros educativos:
        Todos estes datos amósannos por un lado, que a maior parte das actuacións de educación para a saúde que se realizan e nas que o departamento de orientación colabora ou organiza, son as referidas fundamentalmente a programas elaborados ou publicados a gran escala e a intervencións de persoas ou institucións alleas ós centros educativos; sendo máis escasas as actividades deseñadas especificamente pola institución escolar. E por outro lado, que en mans dos orientadores/as quedan fundamentalmente as tarefas de coordinación, promoción e difusión, así como de avaliación. (Domínguez Bravo, Costas e Veiga Soutelo, 2010, p. 49). 
 
 

Cita indirecta 

Consiste en resumir ou parafrasear as ideas doutro/a autor/a coas nosas propias palabras. Os elementos básicos da cita son autor/a e data. É opcional indicar o/s número/s de páxina/s.
Podes ver exemplos de técnicas de parafraseo nesta guía realizada pola Universidade de Lima (pp. 9-12).
 

 Exemplos:

 - Walker e Allen (2004) opinan que a causa principal da crise...
 
 - A causa principal da crise é o sistema capitalista (Walker & Allen, 2004)
 
 
 
Citar autores/as e entidades no texto

 
  Tipo de cita   Primera cita no texto   Seguintes citas no texto   Formato entre parántese, primeira cita no texto   Formato entre paréntese, seguintes citas no texto
  Un traballo dun só autor/a   Souto (2016)   Souto (2016)   (Souto, 2016)   (Souto, 2016)
  Un traballo de dous autores/as   Fernández Laxe e Moure (1997)   Fernández Laxe e Moure (1997)   (Fernández Laxe e Moure, 1997)   (Fernández Laxe e Moure, 1997)
  Un traballo de tres a cinco autores/as   Barnes, Casas, Márquez e González Mosquera (2001)   Barnes et al. (2001)   (Barnes, Casas, Márquez e González Mosquera, 2001)   (Barnes et al. 2001)
  Unha obra de seis ou máis autores/as   Alén et al. (2003)   Alén et al. (2003)   (Alén et al., 2003)   (Alén et al., 2003)
  Entidades (identificadas facilmente por       abreviaturas)   Servizo Galego de Saúde (SERGAS, 1990)   SERGAS (1990)   (Servizo Galego de Saúde [SERGAS], 1990)   (SERGAS, 1990)
  Entidades (sen abreviaturas)   Instituto Luís Seoane (2014)   Instituto Luís Seoane (2014)   (Instituto Luís Seoane, 2014)   (Instituto Luís Seoane, 2014)
  Comunicacións persoais   X.L. Veiga (comunicación personal, 14 de maio de 2004)     (X.L. Veiga, comunicación personal, 14 de maio de 2004)  
  Sitios web   ... na web da UNESCO (https://es.unesco.org)
podes localizar información sobre ... 
    (UNESCO, https://es.unesco.org)  
 


Emprego da conxunción e, y, and, &, et, und...

  • Nas citas dentro do texto que mencionen máis dun autor/a, empregarase a conxunción correspondente á lingua de redacción do documento.
  • As citas no texto colocadas entre paréntese respectarán o idioma da referencia, así como nas táboas de ilustracións e na lista de referencias bibliográficas.
Exemplo nun texto redactado en galego:
... Walker e Allen (2007)  => (Walker & Allen, 2007)
 
  • Se o idioma utilizado no texto é o inglés, empregarase o & no canto de "and" para as citas colocadas entre paréntese, táboas de ilustracións e na lista de referencias bibliográficas
Exemplo de citas nun documento escrito en inglés:
... Walker and Allen (2007)  => (Walker & Allen, 2007)
 

 

 

Citar autores/as non identificados/as ou anónimos/as

Debemos citar o título da obra no seu lugar. Utilízanse comiñas para o título de artigos, capítulos ou páxinas de Internet e a cursiva para o título de revistas científicas, libros, folletos ou informes. Sen embargo, cando o autor dun traballo se designa como "Anónimo" cítase como tal, por exemplo: (Anónimo, 1950).

 
 Exemplos:
 
 - Chegouse a conclusión de que "a maioría das sondaxes proporcionan datos sobre a implicación da sociedade neste tema" ("Niveis de implicación", 2016).
 
< - ... como recolle o folleto Crear en Galicia  (2015), que proporciona datos sobre un incremento de axudas no sector audiovisual.
 


 

 

Cítanse no texto pero non se inclúen na lista de referencia:

  • comunicacións persoais (cartas, correos-e  etc.).
  • sitios web completos (páxinas web, páxinas de Facebook etc.)
  • citas do Corán e da Biblia.
  • obras antigas gregas e romanas.

 
Elaboración de referencias bibliográficas

O Manual de Publicacións da APA establece que se debe facer unha lista de referencias final que inclúa os recursos que foron utilizados na realización do traballo, de maneira que cada cita no texto teña a súa correspondente referencia na lista final. A lista de referencias recoñece a autoría e facilita ao lector a localización das fontes. 
Os datos para redactar a referencia extráense principalmente da portada do documento orixinal. Os elementos obrigatorios de cada referencia son: autor, título e datos de publicación.
Transcribiremos os datos do documento citado na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos redactaranse na lingua empregada na redacción do noso traballo.



Pautas xerais

  • Invírtense os nome dos/as autores/as colocando en primeiro lugar o/s apelido/s e despois a/s inicial/is do nome.
  • Poden incluirse ata sete autores/as, separados por comas e a conxunción e, y ou & (segundo a lingua que empreguemos) antes do/a último/a autor/a. Se unha obra ten oito ou máis de oito autores/as inclúense os/as seis primeiros/as autores/as seguidos de tres puntos supensivos ... e despois engádese o/a último/a autor/a. 
  • No caso das obras colectivas, moitas veces o/a autor/a responsable da obra é editor/a, coordinador/a ou director/a. Nestes casos hai que indicalo a continuación do nome coa abreviatura correspondente entre parénteses: (Ed.), (Coord.), (Dir.).  Non debemos confundir o/a editor/a, que xeralmente aparece na portada, coa editorial que publica o documento.  
  • No caso de obras anónimas, o primeiro elemento da referencia é o título.
  • O/s subtítulo/s inclúense despois do título precedidos de dous puntos e espazo e comezan por maiúscula.
  • A data de publicación ponse entre paréntese despois do/a autor/a. Cando se descoñece a data utilízanse as abreviaturas "s.d.", "s.f." ou "n.d." dependendo da lingua que estemos empregando.
  • Cando o/a autor/a é tamén editor/a escríbese Autor (Author) no lugar do nome da editorial.
  • Se aparecen varios lugares de publicación debemos indicar soamente a primeira cidade que aparece ou a que corresponda á oficina central da editorial.
  • No caso dos documentos electrónicos non se deben incluír datas de consulta ou recuperación, excepto que o material da fonte sexa susceptible de cambios (por exemplo, Wikis).

 
Referencias de documentos impresos
Libros e monografías
 
   
  Apelido(s), Inicial(is) do autor(es). (Ano de edición). Título do libro en cursiva: Subtitulo en cursiva. Lugar: Editorial.
 


Non confundir o editor, que xeralmente aparece na portada do documento coas abreviaturas ed. ou eds., coa editorial  que publica o documento.

Exemplo:
Álvarez, R. e Monteagudo, H. (Eds.). (2005).
Cita: (Álvarez e Monteagudo, 2005)





Capítulos de libros, comunicacións a congresos e entradas de obras de referencia
 
 
   Apelido(s), Inicial(is) do autor(es). (Ano de edición). Título do capítulo. En Autor(es) (Ed., Coord. etc.),do libro*, Título do libro en cursiva (páxinas do capítulo). Lugar da publicación: Editorial.
 

(*) Ten en conta que os responsables da pubilicación principal van introducidos por En e transcritos de maneira natural: Inicial(is) de nome e Apelido(s)


Artigos de publicación periódica impresa
 
  
 Apelido(s), Inicial(is) do autor(es). (Ano). Título artigo. Título da revista en cursiva, volume en cursiva(número), páxinas.
 
 




Teses de doutoramento e traballos de fin de estudos inéditos
 

 Apelido(s), Inicial(is) do autor(es). (Ano). Título do traballo en cursiva: Subtítulo en cursiva. (Tese de doutoramento inédita ou Traballo de fin de grao inédito). Nome da institución, Lugar.
 
 

Referencias de documentos electrónicos
Libros e monografías electrónicas
 
 Apelido(s), Inicial((is) do autor(es) ou editor(es). (Ano de publicación). Título do libro en cursiva. DOI ou Recuperado de   URL 

Formato DOI recomendado: http://dx.doi.org/10.xxxx/xxxxxx
Aínda que tamén se acepta o formato: doi: 10.xxxxxxxxxx




Capítulos de libros electrónicos
 
Apelido(s), Inicial((is) do autor(es). (Ano de publicación). Título do capítulo: Subtítulo do capítulo. En Inicial(is) de nome, Apelido(s), (Ed.), Título do libro en cursiva (capítulo ou páxinas). DOI ou Recuperado de URL (do capítulo) 
 





Artigos de revistas electrónicas
 
Apelido(s), Inicial((is) do autor(es). (Ano de publicación). Título do artigo. Título da revista en cursiva, volume(número), páxinas. DOI ou Recuperado de URL (do artigo) 
 




 
Referencias da web social
Contidos de páxinas web
 
   Entidade ou Apelido(s), Inicial(isI de autor(es). (Ano). Título da páxina web. Recuperdo de URL






Mensaxes nun blog
 
  Apelido(s), Inicia(is) do autor(es) ou Entidade. (Data). Título da entrada do post no blog [Mensaxe nun blog]. Recuperado de URL 
 


Chíos
 
  Apelido(s), Inicial(is) do autor(es) ou Entidade. [Nome de usuario/a]. (Data). O chío íntegro [Chío]. Recuperado de http://twitter.com/usuario 
 





Publicacións en Facebook
 
  Apelido(s), Incial(is) do autor(es) ou Entidade. [Nome de usuario/a]. (Data). O post íntegro [Actualización de Facebook]. Recuperado de http://facebook.com 

 


Vídeos de Youtube, Vimeo etc.
 
  Apelido(s), Inicial(is) do autor(es) ou Entidade. [Nome de usuario/a]. (Data). Título do vídeo [Arquivo de vídeo]. Recuperado de http://www.youtube.com/URLespecífica 
 


Artigos de Wikipedia
 
 Artigo. (s.d.). En Wikipedia. Recuperado o X de X de X, de http://www.wikipedia.org/URLespecífica












 
Referencias de documentos audiovisuais
Películas 
 
  Autor/a(s) (Productor/a), e Autor/a(s) (Director/a). (Ano de produción). Título da película en cursiva [Película]. País de orixe: Estudio ou produtora. 

 


Episodios de series de televisión
 
  Escritor, e Director. (Ano de produción). Título do episodio [Episodio de serie de televisión]. En Autor (Produtor), Título da serie en cursiva. Lugar: Estudio. 
 



Gravacións musicais 
 
  Autor/a(s). (Ano de copyright). Título da canción [Gravado por (se é diferente do escritor)]. En Título del álbum en cursiva [Medio de grabación: CD, disco, mp3 etc]. Lugar de publicación: Selo discográfico. (Data de gravación se é diferente da data de copyrigth da canción).




Podcasts
 
  Nome do/a produtor/a(s) (Productor/a). (Data). Título do podcast [Audio en podcast]. Recuperado de URL 
 




Fotografías
 
  Autor/a/s. (Data). Título da fotografía [Fotografía]. Recuperado de 
 


 
Como ordenar a lista de referencias bibliográficas
  • O estilo APA establece que a lista de referencias debe comezar nunha páxina nova co título Referencias en posición centrada. Debe estar a doble espazo e en cada entrada o texto deberá ir cunha sangría francesa con respecto á primeira liña de cada referencia nun formato de sangría colgante. 
  • As referencias bibliográficas deben presentarse ordenadas alfabéticamente polo apelido do/a autor/a, ou do/a primeiro/a autor/a no caso de que sexan varios/as.
  • Se un/unha autor/a ten varias obras, ordenaranse por orde de publicación comezando pola máis antiga.
  • No caso de traballo dun/dunha autor/a en colaboración con outros/as autores/as, a orde virá indicada polo apelido do/a segundo/a autor/a, independientemente do ano de publicación, ou o terceiro/a en caso de coindicir o segundo, e así sucesivamente.
  • As publicacións individuais van antes que as obras en colaboración.



Exemplo:









                                                                                                           
Abreviaturas
Palabra Galego Castelán Inglés
edición ed. ed. ed.
edición revisada ed. rev. ed. rev. Rev. ed.
segunda edición 2ª ed. 2ª ed. 2nd ed.
editor(es) Ed. (Eds.) Ed. (Eds.) Ed. (Eds.)
traductor(es) Trad. (Trads.) Trad. (Trads.) Trans.
circa  ca. ca. ca.
sen data s.d. s.f. n.d.
página(s) p.(pp.) p.(pp.) p.(pp.)
parágrafo par. párr. par.
Volumen Vol. Vol. Vol.
volumes vols. vols. Vol.
número núm. núm. No.
parte Pt. Pt. Pt.
Informe técnico Inf. téc. Inf. téc. Tech. Rep.
Suplemento Supl. Supl. Suppl.