Localizador de recursos electrónicos
Conéctate

Última actualización, abril de 2024

Como podo acceder aos recursos electrónicos dende a miña casa?
Existen varias formas de consultar os recursos electrónicos subscritos pola Biblioteca Univeristaria dende fóra da Universidade:
Como acceder mediante proxy
Para que os usuarios que por motivos do seu traballo necesiten acceder ao recursos electrónicos dende os seus domicilios disponse dun servidor de reenvío (servidor proxy) que permite que os usuarios que estean autorizados se conecten a este servidor para obter esas páxinas. Este servidor proxy conéctase ó servidor web de destino para obter as páxinas e envía as páxinas ó usuario.  
  • Para saber como configurar o proxy en Google Chrome preme aquí. 
  • Para saber como configurar o proxy en Mozilla Firefox preme aquí.

Consulta a guía "Conectarse por medio dun proxy" elaborada polos Servizos informáticos.
 
IMPORTANTE! : Ao finalizar a sesión, por seguridade e privacidade non esquezas desactivar o proxy. 
Como acceder mediante SIR (Servicio de Identidad de Recursos de RedIris)
SIR
Alternativamente ao uso do proxy algúns recursos ofrecen o acceso a través do SIR (Servizo de Identidade de Recursos de RedIRIS).
 
Instrucións xerais de acceso vía SIR:
 
1. Accede ao recurso e localiza a forma de identificarte. Normalmente aparecerá un “Login” ou “Iniciar sesión” ou “Shibboleth". Dentro dese acceso institucional busca e selecciona  “Universidade de Vigo”.
2. Unha vez seleccionado serás redirixido a unha páxina da Universidade de Vigo onde terás que identificarte coas túas credenciais de acceso (conta de correo da universidade e contrasinal).
3. Unha vez identificado entrarás con acceso completo ao recurso electrónico seleccionado.

 

Consulta nesta guía a listaxe de recursos que ten habilitada esta opción.
Como podo conectarme á Wifi da Universidade de Vigo?
Hai dúas opcións:
  • Mediante a rede Wireless, que é a rede sen fíos que ten implantada a Universidade de Vigo en todos os campus e para conectarse só hai que introducir os datos do correo electrónico da UVigo
  • Mediante Eduroam, unha rede e conexión máis segura, que poden utilizala tanto usuarios/as internos da Universidade de Vigo como usuarios/as doutras institucións afiliadas ao proxecto Eduroam. Tes que introducir a identificación e a clave de usuario. Máis información en https://www.eduroam.es/
Como darse de alta na plataforma de Teledocencia MooVI

Moovi https://moovi.uvigo.gal/ é a nova plataforma de teleformación posta en marcha no curso 2020/21. Para acceder debes seguir estas instrucións



 

Contacta coa Biblioteca
Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
referencia@uvigo.gal
Tel: (+34) 986.813.843