A Biblioteca Universitaria, a través dunha subscrición institucional, proporciona acceso a esta versión mellorada a todos os membros da comunidade universitaria (estudantes, PDI  e PAS). Se aínda non ten unha conta no novo RefWorks, instrucións para rexistrarse. Teña en conta que para crear unha conta en RefWorks é preciso usar o correo institucional (@uvigo.es, @uvigo.gal, @alumnos.uvigo.es etc.)
Nesta guía atopará toda a información que precisa para empezar a traballar coa versión actual de RefWorks:
	- Como rexistrarse
 
	- Como engadir referencias e documentos
 
	- Organizar a información en carpetas
 
	- Eliminar referencias e carpetas
 
	- Citas e Bibliografía
 
Consulta 
aquí a guía de RefWorks