Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR DE ACORDO AO ESTILO IEEE
Resultado de imagen de ieee
 
O Estilo IEEE é o estilo de citación do Institute of Electric and Electronics Engineers, o máis empregado no ámbito da enxeñaría, e en especial na enxeñaría eléctrica, electrónica e informática.
Nesta guía ofrécese unha visión xeral do estilo, e está  baseada na IEEE Reference Guide (agosto 2022).
(Última actualización setembro 2022)
Cita no texto
O estilo IEEE emprega un sistema numérico no que as citas realízanse inserindo unha secuencia de números no texto, e as referencias completas van ao final do documento ordenadas segundo eses números.
Así pois, na cita no texto cada referencia identifícase por un número, tendo en conta que: 
  • Cada número vai entre corchetes [ ] na mesma liña do texto, cun espazo antes do corchete. Por ex.:
       
        Esta teoría apareceu no ano 1987 [3] e demostra ....
     
  • As referencias numéranse na orde na que aparecen no texto. Non hai que incluír os apelidos dos autores, agás que consideremos que é importante para a comprensión da frase, e neste caso ponse a continuación do/s apelido/s o número correlativo entre  corchetes (se son 3 ou máis autores ponse o primeiro seguido de et al. en cursiva). Por ex.: 
       
       Recentes estudos [1] suxiren que...
       Brown [2] argumentou que...
       Como sosteñen Smith et al. [3] as condicións... 
     
  • Unha vez asignado un número a unha referencia, todas as veces que se cite de novo poñerase o mesmo número; é dicir, as citas subseguintes reciben o mesmo número que a primeira vez que se citou. Non obstante, se indicamos a páxina ou outra parte, empregaremos a seguinte forma: 
       
       [4, pp. 5-10], [4, Ch.  2, pp. 6-21], [4, Fig. 1], [4, Sec. 6.5].
     
  • Se citamos máis dunha fonte á vez é preferible que cada unha vaia nos seus propios corchetes. Por ex.:

       Como indican varios estudos [1], [5], [8]...
     
  • Non se inclúe a palabra "referencia", excepto que sexa o comezo dunha frase. Por ex.:
       
        A referencia [3] amosa ...
Ordenación das referencias nunha lista
As referencias incluídas no texto preséntase ao final do documento co título de "Referencias" ("References" se se redacta en inglés) e seguindo estas pautas:
  • Ordenadas numericamente de acordo co número que lle asignamos na cita no texto.
  • Só debe haber unha referencia por cada número.
  • Os números das referencias van entre corchetes na marxe esquerda formando unha columna propia, de xeito que o texto de cada referencia leva unha sangría para que a secuencia numérica sexa máis evidente.
 
Elaboración de referencias bibliográficas: pautas xerais

A forma de redactar as referencias bibliográficas varía segundo o tipo de documento. Non obstante, todas as referencias constan destes tres elementos principais: autor, título e datos de publicación. É posible que o documento que queremos citar non inclúa todos os datos que precisamos (de ser así intentaremos obter a información pertinente no posible).


Autor

  • Os autores póñense comezando coas iniciais do nome seguidas dos apelidos.
  • Se hai varios autores sepáranse con coma, e antes do último ponse a conxunción “e”/ "y" / “and” segundo a lingua na que redactemos o traballo. 
  • Se son máis de seis autores, ponse só o primeiro autor/a seguido de et al. 
Exemplos:
   B. Klaus e P. Horn
   R. Fardel, M. Nagel, F. Nuesch, T. Lippert e A. Wokaun
   M. Ito et al.


Título

  • Os títulos dos artigos de revistas, capítulos de libros, informes, traballos presentados a congresos publicados etc., van entre comiñas e co texto en minúsculas, agás a primeira letra do título e o que indiquen as normas ortográficas da lingua na que se escriba.
  • Os títulos de libros, revistas ou conferencia escríbense en cursiva, coa primeira letra de cada palabra importante do título en maiúscula.

Exemplos:
   "Fiber-optic frequency shifter using a surface acoustic wave incident at an oblique angle"
    Microwave Tonography: Global Optimization, Parallelization and Performace Evaluation


Datos de publicación

Segundo o tipo de documento incluiremos a información que corresponda da seguinte:

  • Información sobre o lugar de publicación
  • Nome do editor
  • Volume, número, páxinas
  • Data
  • Nos documentos electrónicos engadirase información sobre a data de acceso, DOI ou URL segundo corresponda. Nestes casos, se unha referencia contén un DOI ou data de acceso e tamén unha URL, colócase primeiro o DOI ou a data de acceso e a URL ao final. No caso de que a referencia sexa da versión impresa pero teña unha URL, pódese poñer tamén ao final da referencia.
Exemplos:
   New York, NY, USA: Wiley, 1994
   vol.11, nº 2. pp. 115-117, Feb. 1986. [En liña]. Dispoñible en: http://ol.osa.org/abstract.cfm?URI=ol-11-2-115
   New York, NY, USA: Springer, 2014. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4939-0752-6


Nota:
Os datos para a elaboración das referencias bibliográficas obteranse principalmente dos documentos aos que se refiren e transcribirémolos na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo.
Nesta guía os exemplos están adaptados ao galego, pero se o noso traballo está redactado en inglés, faremos os seguintes cambios:
- Nos títulos de artigos de revistas, capítulos de libros etc., que van entre comiñas a coma precederá ao peche das comiñas.
- Na abreviatura que precede ao número das revistas poñerase no.  
- As datas completas indicaranse coa estrutura Month abrev. Day, Year.
- En liña = Online
- Dispoñible en = Available
- Consultado = Accessed
- Presentado en = Presented at 
Elaboración de Referencias: Libros e capítulos de libros
LIBROS
 
Nos títulos a primeira letra de todas as palabras importantes irán en maiúscula.  
  

Impresos


Iniciais do nome. Apelido(s) autor, Título do Libro en Cursiva. Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación.
 

Exemplos:
   [#] J. A. Leñero Bardallo, Fundamentos de la Electrónica y los Semiconductores. Cádiz, España: UCA, 2018.
   [#] B. Klaus e P. Horn, Robot Vision. Cambridge, MA, USA: MIT Press, 1996.

 

Electrónicos

 
Iniciais do nome. Apelido(s) autor, Titulo do Libro Electrónico en Cursiva. Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxxxxxxxx 
 

Exemplo:
   [#] S. Noghanian, A. Sabouni, T. Desell e A. Ashtari, Microwave Tonography: Global Optimization, Parallelization and Performace Evaluation. New York, NY, USA: Springer, 2014. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4939-0752-6
 
 
 
Capítulos ou partes do libro
 
  • O título do capítulo irá entre comiñas seguido dunha coma se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés a coma precederá ao peche de comiñas. Ademais, só a primeira letra da primeira palabra do título do capítulo ou parte vai en maiúscula.
  • O título da obra principal vai en cursiva, coa primeira letra de todas as palabras importantes en maiúscula, e precedido da preposición “en” se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés poñeremos “ in”.


Impresos


Iniciais do nome. Apelido(s) autor do capítulo, "Título do capítulo entre comiñas", en Título do Libro en Cursiva, Nome do editor, Ed., Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación, cap., sec., pp.  
 

Exemplos:
   [#] L. Stein, "Random patterns", en Computers and You, J.S. Brake, Ed., New York, NY, USA: Wiley, 1994, pp. 55-70.
   [#] R.L. Myer, "Parametric oscillators and nonlinear materials", en Nonlinear Optics, vol.4, P. G. Harper e B.S. Wherret, Eds., San Francisco, CA,USA: Academic, 1977, pp.47-160.


Electrónicos


Iniciais do nome. Apelido(s)autor(es) da parte, "Titulo do capítulo ou parte entre comiñas", en Título do Libro en Cursiva, Nome do editor, Ed., Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Nome abreviado da editorial, ano de publicación, cap., sec., pp. [En liña]. Dispoñible en: http://www.web.com
 

Exemplo:
   [#] L. Cremene, N. Crisan, "Cognitive Antenna System for Sustainable Adaptive Radio Interfaces", en Innovations and Advances in Computer, Information, Systems Sciences, and Engineering, K. Elleithy e T. Sobh, Eds., New York, NY, USA: Springer, 2013, pp. 53-62. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4614-3535-8
 
Elaboración de referencias: Artigos de revista
Os títulos das revistas van abreviados; nestas listaxes do IEEE poden localizarse as abreviaturas das revistas segundo corresponda:

IEEE Journal Titles and Abbreviations
IEEE Magazine Titles and Abbreviations
Abbreviations of Periodicals With Non-English Title (páxina 40)

 


​Artigos de revistas impresos


Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do artigo entre comiñas",  Título abreviado da revista en cursiva, vol., nº, pp., mes abrev. ano.
 
 
Exemplos:
   [#] M. Ito et al., “Application of amorphous oxide TFT to electrophoretic display”, J. Non-Cryst. Solids, vol. 354, nº 19, pp. 2777–2782, Feb. 2008. 
   [#] S. Azodolmolky et al., "Experimental demonstration of an impairment aware network planning and operation tool for transparent/translucent optical networks”, J. Lightw. Technol., vol. 29, nº 4, pp. 439–448, Sep. 2011.
 
 

Artigos de revistas electrónicos


Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do artigo entre comiñas", Título abreviado da revista en cursiva, vol., nº, pp., Mes abrev. ano. Consultado: día, mes, ano. doi:xxxxxx. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxx
 
 
Exemplos:
   [#] W.P. Risk, G.S. Kino e H. J. Shaw, "Fiber-optic frequency shifter using a surface acoustic wave incident at an oblique angle", Opt. Lett., vol.11, nº 2, pp. 115-117, Feb. 1986. [En liña]. Dispoñible en: http://ol.osa.org/abstract.cfm?URI=ol-11-2-115
   [#] R. Zhang e F. Gao, “Two-dimensional iterative learning model predictive control for batch processes: A new state space model compensation approach”, IEEE Trans. Syst., Man, Cybern., Syst., vol. 51, nº 2, pp. 833 - 841, Feb. 2021. Consultado: 8 de abril 2021. doi: 10.1109/TSMC.2018.2883754. [En liña]. Dispoñible en: https://ieeexplore.ieee.org/document/8575166
Elaboración de referencias: Traballos presentados a Congresos ou Conferencias
TRABALLOS PUBLICADOS

Ten en conta:
  • Os títulos dos congresos e conferencias abrévianse (no apartado "Common Abbreviations of Words in References" da IEEE Reference Guide están algunhas das abreviaturas en inglés). Ademais, omítense no posible os artigos e as preposicións.
  • ​Inclúese o lugar se este aparece indicado na fonte. Para as ubicacións dos Estados Unidos, despois da cidade inclúese o estado seguindo este formato: Cidade, Estado abrev. (só se é de USA), País​
  • ​Se o ano está incluído no nome da conferencia non é necesario poñelo ao final.


Impresos


Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do traballo presentado entre comiñas", en Nome da conferencia abreviado en cursiva, Lugar (se aparece), día mes (se aparece) ano, pp.xxx. 
 

Exemplos:
   [#] A. Amador-Perez e R. A. Rodriguez-Solis, “Analysis of a CPW-fed annular slot ring antenna using DOE”, en Proc. IEEE Antennas Propag. Soc. Int. Symp., Xul. 2006, pp. 4301–4304.
   [#] S. P. Bingulac, “On the compatibility of adaptive controllers”, en Proc. 4th Annu. Allerton Conf. Circuit Syst. Theory, New York, NY, USA, 1994, pp. 8–16.
   [#] D. Sarkar e K. V. Srivastava, “SRR-loaded antipodal Vivaldi antenna for UWB applications with tunable notch function”, en Proc. Int. Symp. Electromagn. Theory, Hiroshima, Japan, 2013, pp. 466–469.
 


Electrónicos


Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do traballo presentado entre comiñas", en Nome da conferencia abreviado en cursiva, Lugar (se aparece), día mes (se aparece) ano, pp.xxx. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxx
 
 

Exemplo:
   [#] T. Schubert, “Real challenges and solutions for validating system-on-chip high level formal verification of next-generation microprocessors”, en Proc. 40º Design Automat. Conf. (DAC’03), 2-6 Xuñ. 2003. [En liña]. Dispoñible en:
http://www.computer.org/csdl/proceedings/dac/2003/2394/00/2394001-abs.html

TRABALLOS NON PUBLICADOS 
 

Impresos

 

Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título do traballo entre comiñas", presentado  en Nome da Conferencia abreviado, Cidade, Estado (só se é de USA), País, día e mes, ano, nº paper.
 
 
Exemplo:
   [#] J.G. Kreifeldt, "An analysis of surfaced-detected EMG as an amplitude-modulated noise", presentado en 1989 Int. Conf. Med.Biol. Eng., Chicago, IL, USA, 9-12 Nov., 1989.
   [#] D. Caratelli, M. C. Viganó, G. Toso e P. Angeletti, “Analytical placement technique for sparse arrays” presentado en 32nd ESA Antenna Workshop, Noordwijk, The Netherlands, 5-8 Oct., 2010.   


Electrónicos

 

Iniciais do nome. Apelidos do autor. (Data). Título do traballo. Presentado en Nome da Conferencia abreviado. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxx.xx
 
 
 
Exemplo:
   [#]  V. Chandrasekaran, S. Sanghavi, P. A. Parrilo e A. S. Willsky. (2009). Sparse and low-rank matrix decompositions. Presentado en IFAC 2009. [En liña]. Dispoñible en: http://www.sciencedirect.com/science/ article/pii/S1474667016388632 
Elaboración de referencias: Teses

Impresas

 

Iniciais do nome. Apelido(s) autor, "Título da tese entre comiñas", Tese de doutoramento, Nome abreviado do Departamento, Nome abreviado da Universidade, Cidade da Universidade, Estado abrev. (só se é de USA), País, Ano.
 

Exemplo:

   [#] J.O. Williams, "Narrow-band analyzer", Tese de doutoramento, Dept. Elect. Eng., Harvard Univ., Cambridge, MA, USA, 1993. 
   [#] N. Kawasaki, “Parametric study of thermal and chemical nonequilibrium nozzle flow”, Tese de doutoramento, Dept. Electron. Eng., Osaka Univ., Osaka, Japón, 1993.
 

Electrónicas

 

Iniciais do nome. Apelido(s) autor,  "Título da tese entre comiñas", Tese de doutoramento, Nome abreviado do Departamento, Nome abreviado da Universidade, Cidade da Universidade, Estado abrev. (só se é de USA), País, Ano. [En liña]. Dispoñible en: http://www.web.com 
 

Exemplo:

 [#] F. Jensen, “Electromagnetic near-field far-field correlations”, Tese de doutoramento, Dept. Elect. Eng., Tech. Univ. Denmark, Lyngby, Denmark, 1970. [En liña]. Dispoñible en: www.tud.ed/jensen/diss
Elaboración de referencias: Normas

Impresas


Título da Norma en Cursiva, Número da norma, autor corporativo, lugar, data.

Título da Norma en Cursiva, Número da norma, data.
 

​Exemplo:
[#] Parameter Values for Ultra-High Definition Television Systems for Switzerland, Production and International Programme Exchange, Rec. ITU-R BT.2020-2, International Telecommunications Union, Ginebra, Suiza, Oct. 2015. 

Electrónicas


Título da norma en cursiva, Número da norma, autor corporativo, lugar, data. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxx.xx

Título da norma en cursiva, Número da norma, data. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxx.xx
 

​Exemplo:
[#] Frequency Response and Bias, NERC Reliability Standard BAL-003-0.1b, Maio 2009. [En liña]. Dispoñible en: http://www.nerc.com/files/BAL-003-0_1b.pdf
Elaboración de referencias: Patentes

Impresas


Iniciais do nome. Apelidos do autor, "Título da patente entre comiñas", Número da Patente, día mes abrev., ano.
 
 
Exemplo:
   [#] J. P. Wilkinson, "Nonlinaer resonant circuit devices", U.S. Patente 3 624 125, 16 xul., 1990.
 

Electrónicas 


Nome da invención, por nome do inventor (día mes, ano). Número da Patente [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxx.xx
 
 
Exemplo:
   [#]  Screwless clip mounted computer drive, por D. Williams. (26 abr., 2005). U.S. Patent 6,885,550 [En liña]. Dispoñible en: http://patft.uspto.gov/netacgi/6,885,550
 
Elaboración de referencias. Informes

Impresos


Iniciais do nome. Apelido(s)autor(es), "Título do informe entre comiñas", Nome abreviado da compañía, Cidade da compañía, Estado abrev. (só se é de USA), País, número do informe, data.​
 
 
​Exemplo:
         [#] R. E. Haskell e C. T. Case, “Transient signal propagation in lossless isotropic plasmas”, USAF Cambridge Res. Labs., Cambridge, MA, USA, Rep. ARCRL-66-234 (II), 1994.

 

Electrónico 


Iniciais do nome. Apelido(s)autor(es), "Título do informe entre comiñas", Nome abreviado da compañía, Cidade da compañía, Estado abrev. (só se é de USA), País, número do informe, data.​ Consultado: data, ano. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxx.xx
 
 
 
Exemplo:
   [#] G. Glass, "Electrical safety program: Nonelectrical crafts at LANL, Live #12175", Los Alamos National Lab. (LANL), Los Alamos, NM, USA, LA-UR--16-29637, 2016. Consultado: 14 abril de 2021. [En liña]. Dispoñible en: https://www.osti.gov/biblio/1338684-electrical-safety-program-nonelectrical-crafts-lanl-live
Elaboración de Referencias: Webs

Iniciais do nome. Apelido(s)autor(es). "Título da páxina entre comillas". Nome da web. Consultado: día, mes, ano. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxxxxxxxxxx 
 

Exemplo:
   [#] J. Smith. “Obama inaugurated as President.” CNN.com.  Consultado: 8 de abril 2022. [En liña]. Dispoñible en: http://www.cnn.com/POLITICS/01/21/obama_inaugurated/index.html 
Elaboración de Referencias: Software

Iniciais do nome. Apelido(s)autor(es). Título do Software en  Cursiva. Data de arquivo. (versión ou ano). Nome do editor. Consultado: data (cando aplicable). [Tipo de medio]. Identificador persistente global. Dispoñible en: http://www.xxxxxxx.xx
 

Exemplo:
   [#] D. W. Arning et al. Mixed Mode–Mixed level Circuit Simulator. (2011). Ngspice. Consultado: 11 xan. 2019. [En liña]. Dispoñible en: http://ngspice.sourceforge.net
Máis información