Localizador de recursos electrónicos
COMO CITAR DE ACORDO AO ESTILO HARVARD
O estilo Harvard  emprégase fundamentalmente no ámbito das ciencias físicas e naturais. Non existe unha guía oficial polo que hai moitas variantes deste estilo, con cambios sobre todo na puntuación e na orde de colocación dos elementos da referencia. 
(Última actualización: abril 2021)
Cita no texto
O estilo Harvard segue un sistema no que na cita no texto se indican o autor/es e ano de publicación, e cada cita no texto correspóndese cunha referencia na lista de referencias bibliográficas.
Hai dúas formas de facer a cita no texto:
  • Os apelidos do autor/a e o ano de publicación do documento van entre paréntese separados por comas. Por exemplo:
- A causa principal da crise é o sistema capitalista (Walker e Allen, 2004)...
 
  • O autor/a incorpórase ao texto formando parte da oración e non se repite dentro da paréntese. Por exemplo:
- Walker e Allen (2004) opinan que a causa principal da crise...

Ademais, indícase tamén o número de páxina/s da parte concreta que citamos sempre que se trate dunha cita textual, e recoméndase no caso de citar información moi específica que aparece nun documento longo. Por exemplo:
 
- Como sinala Araújo de Miguel "La pendiente de la playa es por lo tanto, el resultado de los procesos erosivos o acrecionales. Así, el grado de exposición, dará cuenta de los procesos físicos que tienen lugar en el ambiente de una playa" (2017, 13).

- Además  de la pendiente "La exposición de la playa al oleaje es también un factor sustancial en el ámbito de la ecología marina ya que la exposición determina la estructura y funcionamiento de la playa" (Araújo de Miguel, 2017, 13).


Citar un documento con varios autores

  • 2 autores: neste casos menciónanse os dous. Por ex.:
- O mexilón é fundamental para entender o impacto dos plástico nos organismos marinos (Hernández e Novoa, 2014) polo que… 
 
  • 3 ou máis autores: menciónase só ao primeiro autor/a seguido de et al. Por ex.:
- Nos últimos anos detectouse un incremento dos niveis de chumbo achados na pescada (Rodríguez et al., 2005)
 

Citar varios documentos á vez

Se citamos múltiples fontes de diferentes autores na mesma paréntese sepáranse por punto e coma. Por ex.:
- (Fontil, 2014; Petrakos, 2018)
Elaboración de referencias: pautas xerais
A forma de redactar as referencias bibliográficas varía segundo o tipo de documentos; non obstante, todas as referencias constan de catro elementos: autor, data, título e fonte. 
Os datos do documento citado transcríbense na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos redactaranse na lingua empregada na redacción do noso traballo. Por exemplo, para introducir o enderezo electrónico utilizaremos: Dispoñible en / Disponible en / Available etc. segundo corresponda.
  

Autores

  • Os autores escríbense comezando polos apelidos, despois unha coma e as iniciais do nome seguidas de punto. Por ex.:
       Martínez Carballo, M.L.
  • Se o documento referenciado ten máis de dous autores sepáraranse mediante comas e o último vai precedido dunha "e" ( ou "y", "and" segundo a lingua na que redactemos o documento). Por ex.:
       Queiruga-Dios, M.A., López-Iñesta, E., Diez-Ojeda, M., Sáiz-Manzanares, M.C. e Dorrío, J.B.
  • Se o documento non ten autor persoal nin corporativo ponse o título no seu lugar.  
     

Títulos

  • Os títulos de libros, revistas e sitios web van en  cursiva.
  • Os títulos das revistas levan en maiúscula a primeira letra de cada palabra principal. Por ex.:
       Microbial Ecology 
     

Recursos electrónicos 

Aos recursos en liña engádese o enderezo web e a data na que se consultou a fonte, coa estrutura:

Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].

A data pode ir precedida dos termos "Data de acceso", "Accesso", "Consultado" etc., e indicarse cos formatos 23 de abril 2021, 23 de abril de 2021 ou 23/4/2021, por exemplo. Sexa o estilo que escollamos, hai que ser coherentes e mantelo en toda a lista de referencias.
Elaboración de referencias: Libros

Impresos

 Autor/es (Ano de publicación) Título do libro en cursiva, Nº ed. (só se non é a 1ª). Lugar de publicación: Editorial.
 

Exemplos:
- González Reino, W.J. (2009) Evolucionismo: Darwin y enfoques actuales. A Coruña: Netbiblio.
- Randall, D.J. (1998) Eckert fisiología animal: mecanismos y adaptaciones, 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill.

 

Electrónicos

 Autor/es (Ano de publicación) Título do libro en cursiva [libro electrónico], Nº ed. (só se non é a 1ª). Lugar de publicación: Editorial. Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].


Exemplo:
- Jackson, L.M. (2019) The psychology of prejudice: From attitudes to social action ([libro electrónico]. Washington: American Psychological Association. Dispoñible en https://doi.org/10.1037/0000168-000 [consultado 22 de abril 2021].
Elaboración de referencia: Capítulos de libros

Impresos

Autor/es do capítulo (Ano de publicación) Título do capítulo. En: Inicias e Apelidos do editor (ed.) Título do libro en cursiva, Nº ed. (só se non é a 1ª). Lugar de publicación: Editorial, nº páxinas.

Exemplo:
- Trinidad Requena, A. (2001) La educación en España. En: J. Prior (ed.) La sociedad española. Granada: Comares, 83-110.


Electrónicos

Autor/es (Ano de publicación)  Título do capítulo. En:  Inicias e Apelidos do editor (ed.) Título do libro en cursiva, Nº ed. (só se non é a 1ª). Lugar de publicación: Editorial, nº páxinas. Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].

Exemplo:
- Kennish, M.J. (2019) Marine biology. En: M.J. Kennish (ed.) Practical Handbook of Marine Science, 4ª ed. Boca Raton: CRC Press, 237-334. Dispoñible en https://doi.org/10.1201/b22246 [consultado 23 de abril 2021].
Elaboración de referencias: Artigos de revistas

Impresos​

Autor/es (Ano de publicación) Título do artigo. Título Completo da Revista en Cursiva, volume(nº) páxinas.

Exemplo:
-  Islas-Espinoza, M., Reid, B.,  Wexler, M. e Bond, M. (2012) Soil bacterial consortia and previous exposure enhance the biodegradation of sulfonamides from pig manure. Microbial Ecology, 64(1) 140-151.
 

Electrónico​s

Autor/es (Ano de publicación) Título do artigo. Título Completo da Revista en Cursiva, volume(nº) páxinas. Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].

Exemplo:
- Gómez-Cuervo, S., Hernández, J. e Omil, F. (2016) Identifying the limitations of conventional biofiltration of diffuse methane emissions at long-term operation. Environmental Technology, 37(15) 1947-1958. Dispoñible en https://doi.org/10.1080/09593330.2015.1135996 [consultado 21 de abril 2021]. 

Elaboración de referencias: Ponencias de congresos

Impresas

Autor/es (Ano do congreso) Título da ponencia. En: Título completo do congreso ou conferencia en cursiva, Lugar de celebración, día e mes. Lugar de publicación: Editorial, páxinas.

Exemplo:
- Costa, J., Gomes, L., Graça, C., Ferreira, M., Germanà, F., Abias, M., Pires, J., Rodrigues, C., Zanetti, F., Monti, A. e Fernando, A.L. (2019) Production of oil crops under heavy metals contaminated soils. En: 27ª European biomass conference and exhibition proceedings, Lisboa, 27 de maio. Florencia: ETA-Florence Renewable Energies, 19-195.

Electrónicas

Autor/es (Ano do congreso) Título da ponencia. En: Título completo do congreso ou conferencia en cursiva, Lugar de celebración, día e mes. Lugar publicación: Editorial, nº páxinas. Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano]. 

Exemplo:
-Baeza-Yates, R. (2014) The wisdom of ad-hoc crowds. En: Hypertext 2014: 25th ACM conference on hypertext and social media, Santiago de Chile, 1-4 de setembro. New York: ACM, 1-2. Dispoñible en http://dl.acm.org/citation.cfm?id=2631813&dl=ACM&coll=DL&CFID=516925 482&CFTOKEN=20554523 [consultado 23 de abril 2021].
Elaboración de referencias: Informes

Impreso

Autor (Ano) Título completo do informe en cursiva. Lugar de publicación: Editor.

Exemplo:
- Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (2020) Plan nacional de adaptación  al cambio climático 2021-2030: informe de participación pública. Madrid: Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
 

Electrónico

Autor (Ano) Título completo do informe en cursiva. Lugar de publicación: Editor (se se coñece). Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].

Exemplo:
- Agencia Europea de Medio Ambiente (2019) El medio ambiente en Europa: estado y perspectivas 2020. Luxemburgo: Agencia Europea de Medio Ambiente. Dispoñible en 
https://www.eea.europa.eu/publications#b_start=0&c14=state_of_the_environment_reports_soer&c7=en [consultado 22 de abril 2021].​​
Elaboración de referencias: Teses

Impresa

Autor (Ano presentación da tese) Título da tese en cursiva. Tese de doutoramento. Universidade.

Exemplo:
- Castro López, J. (2017) Papel de la fauna edáfica en el funcionamiento de los ecosistemas agrícolas. Tese de doutoramento. Universidade de Vigo.


Electrónica

Autor (Ano presentación da tese) Título da tese en cursiva. Tese de doutoramento. Universidade. Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano].

Exemplo:
- Prieto Rodriguez-Puime, A. (2018) Effect of the interaction between phytoplankton and bacteria on the response of microbial communities to nutrient inputs. Universidade de Vigo. Dispoñible en: http://www.investigo.biblioteca.uvigo.es/xmlui/handle/11093/1121 [consultado 23 de abril 2021].
Elaboración de referencias: Páxinas web
Autor (persoa ou organización) (Data)  Título da páxina en cursiva. Lugar de publicación: Editorial (se se coñecen). Dispoñible en http://www.www.www [consultado día mes ano]. 

Exemplo:
- Padilla Ochoa, D.S. (2021) Paths to Careers in Marine Conservation. Washington: Ocean Conservancy. Dispoñible en https://oceanconservancy.org/blog/2021/04/23/paths-careers-marine-conservation/ [consultado 27 de abril 2021].
A lista de referencias bibliográficas
A lista de referencias contén os datos de todas as fontes de información citadas no texto (libros, artigos de revistas, sitios web etc.) e vai ao final do traballo. 
As referencias ordénanse alfabeticamente tendo en conta que:
  • Se se citan varias obras dun mesmo autor/a  van ordenadas cronoloxicamente comezando pola máis antiga.
  • No caso de obras dun mesmo autor e ano distinguiranse incluíndo unha letra minúscula despois do ano, tanto na referencia como na cita no texto.
  • As referencias das publicacións individuais preceden as obras en colaboración cando comezan co nome da mesma persoa, aínda que a obra en colaboración se publicara con anterioridade.
  • No caso de traballos dun autor en colaboración con outros autores a orde virá indicada polo apelido do segundo autor ou o terceiro (en caso de coindicir o segundo) e así sucesivamente, independentemente do ano de publicación.
  • Se un documento non ten autor/a, alfabetiza a primeira palabra da referencia (o título).