Localizador de recursos electrónicos
"Coñece a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información"
Photo by John Schnobrich on Unsplash.
(Última actualización: xullo 2020)
Información xeral
  • Dirixido ao alumnado de primeiro curso de grao.
  • Modalidade virtual a través do FaiTIC.
  • Duración de 3 semanas, cunha inversión en tempo do alumnado de 15 horas, dependendo das habilidades previas e da dificultade que lle supoña a comprensión dos temas e a realización dos exercicios e/ou tarefas de avaliación.
  • O alumnado que acade a cualificación de "Apto" recibirá un certificado computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos ECTS.
Información xeral
 Curso virtual, con recoñecemento de créditos, dirixido ao alumnado de 1º grao e que ten coma  obxectivo que os estudantes adquiran as competencias informáticas e informacionais (CI2) básicas necesarias para acceder, avaliar e utilizar correctamente a información, facendo uso dos recursos tecnolóxicos e de información dispoñibles na nosa Universidade. O curso, desenvólvese no marco do convenio UniCI2, e na actualidade estamos traballando para adaptalo ás competencias dixitais segundo o Marco Europeo de competencias dixitais (DigComp).
                          
Obxectivos
  • Coñecer os recursos de información e servizos da Biblioteca Universitaria a través da súa web, e os recursos TIC que a UVigo pon a disposición do alumnado.
  • Identificar as necesidades de información: recoñecer a necesidade de utilizar información para desenvolver as actividades académicas.
  • Aprender a distinguir entre diferentes formas de dar resposta ás necesidades de información: seleccionar os recursos adecuados en  calquera formato (impreso, electrónico, etc.).
  • Saber establecer estratexias para localizar información e acceder a ela: utilizar eficientemente o catálogo, acceder ao texto completo dos recursos electrónicos, localizar os documentos no andel, utilizar o servizo de préstamo, localizar a bibliografía recomendada e coñecer as guías temáticas e os principais buscadores na internet.
  • Ser consciente de que hai que comparar e avaliar a información: discernir a autoría e a actualidade dun recurso.
  • Ser capaz de aplicar unha metodoloxía científica básica na elaboración dun traballo académico.
  • Ser conscientes de que se debe utilizar a información de maneira ética e evitando o plaxio e coñecer o estilo de citación máis adecuado ao ámbito temático do estudante.
  • Saber empregar ferramentas básicas para editar contidos dixitais, presentar traballos académicos, e almacenar e compartir contidos na nube.
  • Ser quen de protexer a súa identidade dixital e os recursos informáticos que utiliza. Saber utilizar a tecnoloxía dixital de forma creativa, e resolver problemas técnicos sinxelos.
Contidos
Os contidos organízanse en 10 módulos, que se axustan aos obxectivos e competencias propostas de acordo a un nivel básico:

0. As competencias dixitais (DigComp)
1. Como moverte pola Biblioteca
2. Como encontrar os recursos de información que necesitas para as túas materias de clase
3. Como encontrar recursos de información para elaborar un traballo académico
4. Creación de contidos
5. Evita o plaxio e cita correctamente
6. Comunica e presenta o teu traballo
Metodoloxía
O curso  desenvólvese en modalidade virtual a través de Faitic, e para a súa realización precísanse unhas 15 horas de traballo. Está estruturado en sete unidades, con material didáctico, cuestionarios e tarefas que permiten ao alumnado comprobar o seu grao de aprendizaxe.
 

  

Avaliación e certificación
A cualificación final será: “apto”ou “non apto”. Para acadar o apto será necesario acadar un mínimo de 5 na nota final do curso tendo en conta que as cualificacións dos exercicios están ponderadas segundo a súa dificultade ou nivel de esixencia.

Para obter a cualificación de "Apto" cómpre:
  • Realizar todos os cuestionarios e tarefas dos temas
  • Acadar como mínimo un 5 en cada un deses cuestionarios e tarefas
  • Valorarase o traballo realizado polo alumnado, comprobándose o tempo dedicado á consulta dos temas.
Certificación:

O alumnado que ao finalizar o curso acade a cualificación de "Apto" obterá un certificado, emitido pola Biblioteca, computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos ECTS.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.