Creación da conta
IMPORTANTE: Non se necesita instalación previa, só hai que rexistrarse como usuario do xestor.
A primeira vez,
debe conectarse dende un PC da rede da UVIGO ou a través do servidor proxy (a primeira identificación faise por rango IP).
1. Acceso: Entre na
Web da Biblioteca Universitaria despregue o menú
Servizos e seleccione o enlace
RefWorks.
2. Unha vez na páxina de RefWorks prema no enlace
Registrarse y crear una nueva cuenta e cumprimente o formulario realizando as seguintes accións:
- Introduza unha dirección de correo electrónico (recoméndase a da UVIGO)
- Introduza un nome de usuario (mínimo 4 carácteres).
- Introduza un contrasinal (mínimo 4 carácteres).
- Seleccione o tipo de usuario e a área de coñecemento que lle corresponde.
- Faga clic en Crear una cuenta.
O programa abrirase e xa pode empezar a traballar co RefWorks.
ATENCIÓN: Unha vez creada a conta, recibirá unha mensaxe de correo na dirección de correo coa que se rexistrou, que inclúe o seu nome de usuario, o contrasinal e o "Group Code", ou código institucional, que lle permitirá acceder á súa base de datos de Refworks dende fóra da UVIGO sen ter que utilizar o servidor proxy.
Configuración do idioma
Pode cambiar o idioma da interfaz, na pantalla de entrada a RefWorks, dende o menú
Idioma (marxe superior dereita).
Actualización do perfil
Dende o menú da marxe superior dereita prema en
Actualizar perfil para modificar algúns dos datos do perfil.
Personalizar
Dende o menú da marxe superior dereita
Personalizar pode configurar algúns aspectos coma o nº de referencias visualizadas en pantalla, creación de campos persoais, etc.