Localizador de recursos electrónicos
Portal da investigación da Uvigo. Preguntas frecuentes

Actualización: decembro de 2022
Que é o portal da investigación?

É un servizo web que reúne a produción científica da Universidade de Vigo e proporciona visibilidade e transparencia á actividade investigadora da institución.

Que investigadores/as aparecen no portal?
Actualmente inclúese no portal:
  • Persoal do corpo docente universitario
  • Profesorado na categoría de axudantes doutores
  • Profesorado contratado doutor
  • Profesorado emérito
  • Persoal investigador posdoutoral
  • Investigadores distinguidos
Que podo facer se non aparezo no portal?
O persoal investigador e as unidades que conforman o contido do portal actualízanse a partir da información do SUXI.
É posible que a súa incorporación no portal se produza na próxima actualización. Calquera dúbida deberá comunicala a través do Formulario de consultas para o portal da investigación da Uvigo
Como accedo ao meu perfil?
Desde a opción Identifícate, que se atopa na parte superior dereita do Portal, deberá seleccionar Universidade de Vigo no sistema RedIRIS, e a continuación introducir os seus datos de identificación institucional.
Unha vez identificado, aparecerá a opción Editar no seu perfil.
Que información contén o perfil dun investigador?
  • Información administrativa: nome, correo institucional, adscrición á area de coñecemento, departamento, centro, centro de investigacións, grupo de investigación e campus
  • Información dos identificadores de autor dispoñibles: Dialnet ID, Scopus ID, ORCID, Research ID, Google Scholar etc.
  • Listaxe das publicacións por anos, coa posibilidade de filtrar por tipoloxía documental, datos descritivos, indicadores bibliométricos e enlace a texto completo cando sexa posible.
  • Teses nas que participa como autor/a, director/a ou membro/a do tribunal.
  • Colaboración con outros/as investigadores/as e institucións.
Podo facer cambios no perfil?
Unha vez identificado/a, dende a opción Editar podénse modificar ou engadir:
  • Unha foto.
  • Unha url persoal.
  • Un breve texto de presentación persoal.
  • Palabras clave que definan a súa investigación.
  • Novas publicacións que bote en falta no seu perfil.
Que podemos consultar no portal?
A produción científica do persoal investigador da UVigo a nivel individual, por grupo, centro, departamento, centro de investigación, campus, área de coñecemento, así como os resultados globais da Universidade.
Que tipos de documentos se recollen no portal?
Están admitidos:
  • Artigos, recensións etc., publicados en revistas indexadas
  • Libros
  • Capítulos de libros
  • Achegas a congresos publicadas
  • Teses doutorais
  • Patentes
Non están admitidos:
  • Resumos das achegas a congresos
  • Entrevistas
  • Aportacións en blogs ou plataformas dixitais
  • Congresos virtuais ou non publicados
De onde proceden as publicacións?
O Portal actualízase diariamente cos contidos das publicacións procedentes de Dialnet, incluíndo as súas métricas, e semanalmente cos datos de Scopus e WOS
Con que frecuencia se actualiza a información no portal?
Se o documento procede de Dialnet tarda entre 24 e 48 horas. Os documentos de Scopus incorpóranse unha vez á semana.
No caso de publicacións moi recentes hai que esperar a que Scopus incorpore os documentos na súa base de datos para que sexan visibles no Portal tras as actualizacións semanais.
Que podo facer se teño publicacións que non aparecen no portal?
Dende o seu perfil pode introducir manualmente artigos de revistas indexadas, libros, capítulos de libros e achegas a congresos publicadas.
Dende a opción "Editar" debe ir a "nueva publicación" e introducir o DOI ou URL para que se descarguen os datos. Se a publicación non ten DOI terá a opción de introducir todos os datos da publicación. 
A nova publicación quedará en "Publicaciones Pendientes" á espera de que dende a biblioteca se valide e incorpore ao Portal. 
Podo corrixir as miñas publicacións?
O/a autor/a non pode corrixir directamente as publicacións. A corrección de erros nas publicacións ten que facerse dende a fonte de onde proceden os datos (Scopus, Dialnet...). Debe enviar un correo a portalcientifico@uvigo.gal para xestionar a corrección.
Podo eliminar publicacións que non son miñas?
Non pode eliminalas. Ten que comunicar a incidencia a portalcientifico@uvigo.gal.
O/A autor/a poderá ocultar aquelas publicacións que non desexa amosar na súa páxina de autor/a. As publicacións seguirán no Portal da Investigación, pero non serán visibles na páxina do/a autor/a, se así o desexa.
 
Que indicadores bibliométricos se recollen?
  • Journal Impact factor (JIF) e cuartill
  • Journal Citation Indicator (JCI) e cuartil
  • Scimago Journal Rank (SJR) e cuartil
  • Índice Dialnet de Revistas (IDR) e cuartil
  • Clasificación Integrada de revistas Científicas (CIRC)
  • Citas recibidas en Google Scholar
  • Citas recibidas en Dialnet Métricas
  • Citas recibidas en Scopus
  • CiteScore
Por que non podo ver os indicadores das publicacións?
Para ver os indicadores das publicacións e os indicadores globais dende fóra da UVigo debe estar identificado no portal coas contrasinais de identificación universitaria.
Que información podo descargar dende o meu perfil?
Dende a opción "Editar" o autor/a pode descargar o seu CVN e o informe de Impacto Normalizado a partir dos seus datos de Scopus. Tamén pode descargar as súas publicacións en distintos formatos.
Podo engadir ou modificar a información dos centros, departamentos ou grupos?
Non se pode. Esta información actualizase mediante ficheiros extraidos do das bases de datos da Universidade en non se pode modificar manualmente.