Localizador de recursos electrónicos
MATEMÁTICAS

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito das Matemáticas.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:     

Acceso restrinxido UVigo [?] Scopus  base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.
Acceso restrinxido UVigo [?] Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.
Acceso restrinxido UVigo [?] MathSciNet contén referencias bibliográficas con resumo de artigos e recensións procedentes de case 1800 revistas, con acceso ao texto completo cando é posible. Ademais Mathscinet recolle en formato electrónico todo o contido da publicación en papel Mathematical Review. 
Todos os recursos

Bases de datos bibliográficas

Recurso Open Access Dimensions
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Dimensions é un buscador académico avanzado de publicacións científicas procedentes de PubMed, PubMed Central, arXiv e Crossref. Ofrece para cada publicación información sobre as citas recibidas, indicadores de citación normalizada, indicadores de uso a través de Altmetric... 
  • Lingua de consulta: inglés
  • Produtor: Digital Science

Nota: Para acceder á versión gratuíta de Dimensions cómpre rexistrarse.
Máis información sobre Dimensions
Acceso restrinxido UVigo ÍnDICEs CSIC
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España. 
  • Produtor: CSIC.
  • Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.

Recurso Open Access Lens
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • The Lens é un potente buscador de patentes e documentos científicos, procedentes dun amplo número de fontes: Microsoft Academic, CrossRef, ORCID, PubMed, Impactstory, CORE, European Patent Office (EPO), United States Patent and Trademark Office (USPTO), IP Australia e World Intellectual Property Organization (WIPO). Ademais de datos bibliográficos ofrece datos de citación e moitas posibilidades de análise dos resultados da busca.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Produtor: Cambia

Nota: Máis información sobre The Lens
Acceso restrinxido UVigo MathSciNet

Acceso restrinxido UVigo Scopus
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
  • Produtor: Elsevier
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)

Acceso restrinxido UVigo Acceso_SIR Web of Science
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
    • Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
    • Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas  no campo das Ciencias Sociais.
    • Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
  • Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe
  • Como acceder a través do SIR

Recurso Open Access zbMATH Open
  • Ámbito temático: Matemáticas puras e aplicadas ás ciencias naturais, informática, economía e enxeñaría. Tamen cobre a historia e a filosofía das matemática e a educación universitaria.
  • Contido: referencias bibliográficas con resumo de artigos e recensións procedentes de case 3.000 revistas e series de libros e 190.000 monografías.  Permite recuperar as citas dun autor.
  • Produtor: FIZ Karlsruhe);  Editores : European Mathematical Society (EMS), The Heidelberg Academy of Sciences and Humanities, and FIZ Karlsruhe.
  • Lingua de consulta: inglés

Revistas electrónicas (coleccións)

Acceso restrinxido UVigo American Mathematical Society
  • Ámbito temático: matemáticas
  • Contido: acceso ás revistas electrónicas da American Mathematical Society
  • Produtor: American Mathematical Society
  • Cobertura temporal: todos os anos das revistas electrónicas
  • Lingua de consulta: inglés

DML-E: Biblioteca Digital Española de Matemáticas
  • Ámbito temático: Matemáticas
  • Contido: texto completo dos artigos publicados desde o ano 1980 ata a actualidade nas principais revistas españolas de Matemáticas. Cando as publicacións teñen unha distribución comercial, os editores aplican ás súas revistas un período de embargo, polo cal permítese ao acceso ao texto completo de todos os artigos publicados, salvo aos máis recentes. 
  • Produtor: Equipo DML-E Centro de Información y Documentación Científica (CINDOC - CSIC)
  • Cobertura temporal: variable segundo a publicación

Nota: O recurso parece non funcionar xa por obsoleto e podería substituírse por : https://documat.unirioja.es/  que ten este contido:

Documat é un portal web especializado na documentación bibliográfica xerada polos matemáticos hispanos, e cara a este colectivo diríxense os obxectivos e os servizos do portal.
 
Neste momento os obxectivos fundamentais son dar maior visibilidade ás teses doutorais de matemáticas, potenciando o acceso aos textos completos das mesmas, e tratar de dispoñer dun directorio actualizado de matemáticos españois. Pero o portal inclúe, ademais das teses, todo tipo de documentos (artigos de revistas, colaboracións en obras colectivas, libros, documentos de traballo...). O obxectivo é integrar o maior número posible de recursos, buscando na medida que sexa posible o acceso aos textos completos dos mesmos, apostando polo acceso aberto á literatura matemática hispana
 
EuDML. The European Digital Mathematics Library
  • Ámbito temático: Matemáticas
  • Contido: colección dixital que da acceso á literatura matemática publicada principalmente en Europa, desenvolvida e mantida por unha rede de institucións.
  • Produtor: EuDML
  • Cobertura temporal: variable segundo a revista
  • Lingua de consulta: castelán, inglés, francés, alemán, portugués…

Acceso restrinxido UVigo IOP Science
  • Ámbito temático: Física
  • Contido: revistas a texto completo do Institute of Physics.
  • Produtor: IOP Publishing
  • Cobertura temporal: dende o primeiro número
  • Lingua de consulta: inglés
  • Guía de axuda

Acceso restrinxido UVigo JSTOR Archival Journal and Primary Source Collection
  • Ámbito temático: multidisciplinar.
  • Contido: acceso a máis de 12 millóns de artigos de revistas, libros, imaxes e fontes primarias en 75 disciplinas.
  • Produtor: JSTOR (ITHAKA)
  • Cobertura temporal: dende os primeiros anos da publicación, con embargo dos anos recentes
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo Oxford Academic
  • Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
  • Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
  • Produtor: Oxford University Press
  • Cobertura temporal: dende 1996
  • Lingua de consulta: inglés

Acceso restrinxido UVigo ScienceDirect (Elsevier)
  • Ámbito temático: acuicultura, agricultura, bioloxía, enxeñaría, física, forestais, informática, matemáticas, medicina, medio ambiente, tecnoloxía dos alimentos, telecomunicacións, xeoloxía, empresas, psicoloxía, química.
  • Contido: contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3.000 revistas revisadas por pares, series bibliográficas, manuais e obras de referencia.
  • Produtor: Elsevier.
  • Cobertura temporal: dende 1995 (a través da subscrición consorciada) e con acceso aos "backfiles" dos seguintes paquetes de títulos: bioquímica, xenética e bioloxía molecular; ciencias medioambientais; ciencias Sociales; física nuclear e astronomía*.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: vídeosguías e titoriais dende a web do editor

Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade.  Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título.
Acceso restrinxido UVigo SIAM Journals Online
  • Ámbito temático: Matemática Aplicada e Ciencias Computacionais
  • Contido: revistas revisadas por pares publicadas pola Society for Industrial and Applied Mathematics
  • Produtor: SIAM, Society for Industrial and Applied Mathematics
  • Cobertura temporal: acceso dende 1997
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial "Browsing publications"

Acceso restrinxido UVigo SpringerLink
  • Ámbito temático: enxeñaría, informática, matemáticas, telecomunicacións, bioloxía, medicina, medio ambiente, química.
  • Contido: base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.
  • Produtor: Springer.
  • Cobertura temporal: en 2015 subscríbese a Colección Cruzada como negociación colectiva de consorcios e universidades españolas (1.852 títulos); o acceso é, á maioría dos títulos, dende 1997.
  • Lingua de consulta: inglés
  • Máis guías e/ou titoriais: titorial en vídeo (inglés), videotitorial para busca de artigos en vídeo (inglés).

Acceso restrinxido UVigo Walter de Gruyter
  • Ámbito temático:  Arquitectura e deseño, Arte, Química, Estudos clásicos e antigos, Ciencias da computación, Económicas, Enxeñaría, Xeociencias, Historia, Estudos Xudaicos, Dereito, Ciencias da Información, Ciencias da Vida, Lingüística e Semiótica, Estudos literarios, Matemáticas, Medicina, Música, Filosofía, Física, Ciencias Sociais e Relixión.
  • Contido: colección multidisciplinar de libros e revistas da editorial Walter de Gruyter, con acceso ao texto completo dos títulos de revistas aos que a Universidade de Vigo ten subscrición e a outros títulos gratuítos proporcionados pola editorial.
  • Produtor: Walter de Gruyter GmbH
  • Cobertura temporal: a maior parte dos títulos dende 2002
  • Lingua de consulta: inglés e alemán

Libros electrónicos (coleccións)

Acceso restrinxido UVigo Recurso Open Access EbscoHost eBooks
  • Ámbito temático: multidisciplinar
  • Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
  • Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)

Recurso Open Access INTECH
  • Ámbito temático: Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Contido: acceso a máis de  2000 libros de Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
  • Produtor: InTech

Acceso restrinxido UVigo Acceso_SIR Springer eBook Collection. Computer Science
  • Ámbito temático: informática
  • Contido: colección de libros electrónicos do ámbito da informática
  • Produtor: Springer
  • Como acceder vía SIR

Acceso restrinxido UVigo Acceso_SIR Springer eBook Collection. Mathematics and Statistics
  • Ámbito temático: matemáticas e estatística
  • Contido: colección de libros electrónicos do ámbito das matemáticas e estatística publicados dende 1934
  • Produtor: Springer
  • Como acceder vía SIR

Repositorios

Recurso Open Access ArXiv
  • Ámbito temático: Matemáticas, Física, Informática e Bioloxía cuantitativa
  • Contido: repositorio de e-prints en acceso aberto nos campos das Matemáticas, Física, Informática, Estatística, Bioloxía cuantitativa, Enxeñaría eléctrica, Sistemas e Económicas  Actualmente está sustentado grazas ao apoio económico da Universidade de Cornell, da Simon Fundation e de varias bibliotecas universitarias e centros de investigación de todo el mundo.
  • Lingua de consulta: inglés

Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access