Localizador de recursos electrónicos
A miña conta / Renovar préstamos

 (Última actualización setembro 2019) 
Que é a miña conta e para que serve
"A miña conta" é o espazo virtual na Biblioteca que permite facer algúns trámites, como renovar préstamos, sen necesidade de achegarse físicamente a ela.

Podes empregala para:
  • Ver os documentos en préstamo e as súas datas de devolución
  • Renovar os préstamos sempre que se cumpran as condicións para facelo  
  • Ver as reservas e cancelalas no caso que non te interese mantelas
  • Ver os documentos levados en préstamo ao longo do tempo
  • Gardar as buscas preferidas dun autor/a, tema etc.
  • Recibir alertas cando ingresen no catálogo novos documentos que coincidan cos criterios da busca.
Onde está
Dende a pantalla principal do catálogo hai un enlace "A miña conta / Renovar préstamos"

Como activo a miña conta?
Se é a primeira vez que accedes e non tes contrasinal preme en “Non teño PIN” e segue as instrucións para crealo. Se xa o tes, identifícate co teu nome, código de barras da TUI e contrasinal.

  
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Picture: Biblioteca Central Campus Pontevedra

Biblioteca Central Campus Pontevedra
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.802.001 / 986.801.996

Picture: Biblioteca Central Campus Ourense

Biblioteca Central Campus Ourense
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 988.387.230 / 988.387.158

Buscar no catálogo
Guías relacionadas