Localizador de recursos electrónicos
REFWORKS. NOVIDADES

Actualmente conviven dúas versións de RefWorks:

 

 
RefWorks clásico (RefWorks Legacy): o RefWorks de sempre, que estivo dispoñible estes últimos anos e que continuará en funcionamento polo menos ata o 2019.
Novo RefWorks (Proquest RefWorks): a nova versión, que está accesible dende marzo de 2018 na web da
Biblioteca Universitaria.
 





 



 

(Última actualización, abril de 2018)

AVISO IMPORTANTE SOBRE A POLÍTICA DE PRIVACIDADE (Maio 2018)
 
Imaxe advertencia RefWorks

 

O próximo 25 de maio entra en vigor o novo  Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD, o GDPR ) da Unión Europea. Este regulamento afecta á política de privacidade de RefWorks, polo que nos comunican que para respectar o seu cumprimento, a partires de mañán martes 22 de maio, todos os usuarios do antigo RefWorks (RefWorks Legacy) e do Novo RefWorks (Proquest RefWorks) deberán aceptar a súa nova política de privacidade e cookies. Isto aplicarase a todos os clientes de RefWorks, con independencia do seu país de residencia.

Se como usuario/a non acepta a política de privacidade, RefWorks verase obrigado a eliminar a conta en cumprimento coa nova normativa.

Se elimina a súa conta por erro, rogámoslle que se poña en contacto canto antes coa Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación, enviando un correo a referencia2@uvigo.es ou chamando ao 986 813843.

Prema nesta ligazón para ver a información proporcionada por RefWorks sobre o procedemento para confirmar o consentimento de privacidade de RefWorks.

 

QUE VERSIÓN USAR?
 
  • Se pertence á UVIGO e é a primeira vez que usa RefWorks, recomendámoslle que cree unha conta no Novo RefWorks. Guía Novo RefWorks
  • Se xa ten conta no RefWorks clásico, non é preciso que cambie ao Novo RefWorks, a non ser que queira facelo. Esta versión continuará funcionando polo menos ata  2019.

Para ampliar información consulte esta táboa comparativa das dúas versións. 

 
AVISO IMPORTANTE PARA USUARIOS/AS DO REFWORKS CLÁSICO
 
  • Os escritos redactados en Word co RefWorks Clásico (usando Write-N-Cite) non son compatibles co Novo RefWorks. Por tanto, se está terminando un proxecto ou está a medias nun traballo (tese, artigo, TFM etc.) non migre ao Novo RefWorks.
  • Se quere comezar a usar o Novo RefWorks pode crear unha conta en https://refworks.proquest.com/  pero lembre que:
- Serán contas distintas
 
- Non estarán sincronizadas
 
A Biblioteca anunciará con antelación o peche do RefWorks Clásico e o procedemento de migración ao Novo RefWorks, garantindo aos usuarios/as a conservación das súas referencias e documentos. 

 
CONTACTE COA BIBLIOTECA
 
Para máis información, por favor, contacte coa Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación: