Dialnet Plus
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
- Produtor: Fundación Dialnet.
Nota: Para acceder a
todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
Dimensions
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Dimensions é un buscador académico avanzado de publicacións científicas procedentes de PubMed, PubMed Central, arXiv e Crossref. Ofrece para cada publicación información sobre as citas recibidas, indicadores de citación normalizada, indicadores de uso a través de Altmetric...
- Lingua de consulta: inglés
- Produtor: Digital Science
Nota: Para acceder á versión gratuíta de Dimensions cómpre rexistrarse.
Máis información sobre Dimensions
ÍnDICEs CSIC
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España.
- Produtor: CSIC.
- Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.
Lens
- Ámbito temático: multidisciplinar
- The Lens é un potente buscador de patentes e documentos científicos, procedentes dun amplo número de fontes: Microsoft Academic, CrossRef, ORCID, PubMed, Impactstory, CORE, European Patent Office (EPO), United States Patent and Trademark Office (USPTO), IP Australia e World Intellectual Property Organization (WIPO). Ademais de datos bibliográficos ofrece datos de citación e moitas posibilidades de análise dos resultados da busca.
- Lingua de consulta: inglés
- Produtor: Cambia
Nota: Máis información sobre The Lens
Pascal Francis
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: O sitio Pascal e Francis en acceso libre é un arquivo das bases de datos bibliográficos PASCAL e FRANCIS en ciencias exactas, humanas e sociais, producidas polo Inist-CNRS entre 1972 e 2015. Permite o acceso a máis de 20 millóns de referencias (artigos, patentes, mapas, conferencias, libros, informes e teses) en ciencias exactas e tecnoloxía, en ciencias biolóxicas e médicas, en arte e arqueoloxía, economía, etnoloxía, xeografía, historia das ciencias e das técnicas, literatura, lingüística, prehistoria e protohistoria, ciencias administrativas e xurídicas, ciencias da educación e das relixións. Ofrece algúns accesos a textos completos
- Produtor: Inist-CNRS
Scopus
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
- Produtor: Elsevier
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)
Web of Science
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
- Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
- Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas no campo das Ciencias Sociais.
- Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe
- Como acceder a través do SIR
Cambridge Core Journals
- Ámbito temático: Dereito, Historia, Lingua e Lingüística, Socioloxía, Matemáticas, Medicina e Psicoloxía
- Contido: principais revistas de Cambridge University Press sobre Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades.
- Produtor: Cambridge University Press
- Lingua de consulta: inglés
EBSCOHOST Electronic Journals Service
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: servizo de acceso ao texto completo das publicacións periódicas estranxeiras que a Biblioteca da UVigo ten subscritas en papel, e aos sumarios e resumos para as publicacións que non subscritas.
- Produtor: EBSCO Industries
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: inglés
Nota: O sitio web modificaráse a partir de xuño de 2024
HighWire
- Ámbito temático: Ciencias Biolóxicas, Ciencias Médicas, Ciencias Sociais, Ciencias Físicas.
- Contido: división de Stanford University Libraries, que produce versións en liña de revistas científicas e académicas de calidade contrastada e elevado factor de impacto.
- Produtor: HighWire Press
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación (pode ter embargo dos últimos anos)
- Lingua de consulta: inglés
Nota: Parece que xa non ofrece acceso libre a revistas
Ingentaconnect
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: da acceso a millóns de artigos, capítulos e informes, sumarios etc.
- Produtor: Publishing Technology
- Cobertura temporal: Variable según a publicación
- Lingua de consulta: Inglés
JSTOR Archival Journal and Primary Source Collection
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: acceso a máis de 12 millóns de artigos de revistas, libros, imaxes e fontes primarias en 75 disciplinas.
- Produtor: JSTOR (ITHAKA)
- Cobertura temporal: dende os primeiros anos da publicación, con embargo dos anos recentes
- Lingua de consulta: inglés
JURN directory
- Ámbito temático: Arte e Humanidades (dende 2014 ciencias, biomedicina, empresa e ecoloxía)
- Contido: motor de busca dedicado á indexar revistas electrónicas libres e de "acceso aberto" nas disciplinas de Artes e Humanidades. Dende 2014 o ámbito de aplicación ampliouse para incluír outras publicacións académicas abertas, como teses e revistas de temas relacionados cas Ciencias, a Bbiomedicina, Empresa e Ecoloxía.
- Produtor: WordPress
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: inglés
Latindex
- Ámbito temático: Artes e Humanidades, Ciencias agrícolas, Enxeñaría, Ciencias exactas e naturais, Ciencias médicas e Ciencias Sociais.
- Contido: sistema de información sobre as revistas de investigación científica, técnico-profesionais e de divulgación científica e cultural que se editan nos países de América Latina, O Caribe, España e Portugal. Ademais da acceso a unhas 6000 revistas electrónicas.
- Produtor: Universidad Nacional Autónoma de México
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
RACO Revistes Catalanes amb Accés Obert
- Ámbito temático: Filosofía e Psicoloxía, Ciencias sociais, Ciencias puras e naturais, Ciencias aplicadas, Belas artes, Lingüística e literatura, Xeografía e Historia.
- Contido: sistema cooperativo desde o que se poden consultar, en acceso aberto, os artigos a texto completo de máis de 400 revistas científicas, culturais e eruditas catalás.
- Produtor: Consorci de Biblioteques Universitàries de Catalunya, Centre de Serveis Científics i Acadèmics de Catalunya, Biblioteca de Catalunya co soporte da Generalitat de Catalunya.
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
RECYT (Repositorio Español de Ciencia y TecnologÍa)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: plataforma de xestión, edición e acceso ao contido das revistas científicas españolas de calidade contrastada, creada pola FECYT co obxecto de apoiar a profesionalización e internacionalización das publicacións científicas españolas.
- Produtor: FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología)
- Cobertura temporal: variable segundo a revista
- Lingua de consulta: castelán
Redalyc
- Ámbito temático: Ciencias Sociais, Artes e Humanidades e Ciencias Naturais e Exactas
- Contido: da acceso ao texto completo de máis de 900 revistas científicas de libre acceso co obxectivo de contribuír á difusión da actividade científica editorial que se produce en Iberoamérica, e contén tamén títulos de España e Portugal.
- Produtor: Universidad Autónoma del Estado de México
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
REDIB Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico
- Ámbito temático: Agricultura, Bioloxía, Medio Ambiente, Biomedicina, Ciencias Sociais, Humanidades, Enxeñaría e Ciencias da saúde.
- Contido: documentos científicos e académicos de calidade contrastada, publicados por editores e outros produtores de contidos científicos e académicos de países iberoamericanos ou de temática iberoamericana.
- Produtor: CSIC, Universia, Mº de Economía y Competitividad
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
Revistas científicas del CSIC
- Ámbito temático: Ciencia e Tecnoloxía, Arte e Humanidades e Ciencias Sociais
- Contido: revistas científicas do CSIC.
- Produtor: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
SAGE Journals
- Ámbito temático: Economía, Educación, Informática, Medicina, Psicoloxía, Socioloxía.
- Contido: máis de 600 revistas de Empresas, Humanidades, Ciencias Sociais, Ciencia, Tecnoloxía e Medicina
- Produtor: SAGE Publications
- Cobertura temporal: acceso dende 1999
- Lingua de consulta: inglés
ScienceDirect (Elsevier)
- Ámbito temático: acuicultura, agricultura, bioloxía, enxeñaría, física, forestais, informática, matemáticas, medicina, medio ambiente, tecnoloxía dos alimentos, telecomunicacións, xeoloxía, empresas, psicoloxía, química.
- Contido: contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3.000 revistas revisadas por pares, series bibliográficas, manuais e obras de referencia.
- Produtor: Elsevier.
- Cobertura temporal: dende 1995 (a través da subscrición consorciada) e con acceso aos "backfiles" dos seguintes paquetes de títulos: bioquímica, xenética e bioloxía molecular; ciencias medioambientais; ciencias Sociales; física nuclear e astronomía*.
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: vídeos / guías e titoriais dende a web do editor
Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade. Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "
sfx" de cada título.
SpringerLink
- Ámbito temático: enxeñaría, informática, matemáticas, telecomunicacións, bioloxía, medicina, medio ambiente, química.
- Contido: base de datos interactiva do campo das ciencias, a técnica ou a medicina. Contén publicacións seriadas, series monográficas, libros, obras de referencia e recompilación de arquivos en liña.
- Produtor: Springer.
- Cobertura temporal: en 2015 subscríbese a Colección Cruzada como negociación colectiva de consorcios e universidades españolas (1.852 títulos); o acceso é, á maioría dos títulos, dende 1997.
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: titorial en vídeo (inglés), videotitorial para busca de artigos en vídeo (inglés).
Walter de Gruyter
- Ámbito temático: Arquitectura e deseño, Arte, Química, Estudos clásicos e antigos, Ciencias da computación, Económicas, Enxeñaría, Xeociencias, Historia, Estudos Xudaicos, Dereito, Ciencias da Información, Ciencias da Vida, Lingüística e Semiótica, Estudos literarios, Matemáticas, Medicina, Música, Filosofía, Física, Ciencias Sociais e Relixión.
- Contido: colección multidisciplinar de libros e revistas da editorial Walter de Gruyter, con acceso ao texto completo dos títulos de revistas aos que a Universidade de Vigo ten subscrición e a outros títulos gratuítos proporcionados pola editorial.
- Produtor: Walter de Gruyter GmbH
- Cobertura temporal: a maior parte dos títulos dende 2002
- Lingua de consulta: inglés e alemán
De Gruyter
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: acceso á coleccións electrónicas publicadas pola editorial De Gruyter e a unha selección de fondos editados pora outras editorias universitarias de prestixio
- Produtor: De Gruyter
- Lingua de consulta: inglés
Nota: Xunto a máis de 35.800 títulos publicados pola propia editorial De Gruyter, figuran os libros doutros prestixiosos editores universitarios e académicos.
Para obter información sobre os editores e os fondos accesibles, pulsar,
neste documento, nas ligazóns "
click for more info" que figuran para cada editor; no apartado final
Our partner publishers pódense consultar dita información
Digitalia Hispánica (Subscrición cancelada no 2023)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: Plataforma de libros electrónicos con máis de 35.000 títulos de todas as materias, tanto de autores clásicos como actuais; de máis de 200 editoriais españolas e latinoamericanas.
- Cobertura:
- Idioma: español
Nota: Os libros pódense ler en liña e tamén se poden descargar con Adobe Digital Editions. Para isto é necesario crearse previamente unha conta en Digitalia dende un ordenador conectado á rede da universidade ou dende o proxy da UVigo. Pódense ter prestados (descargados) ata 5 títulos ao mesmo tempo, durante 21 días.
Ayuda (FAQ)
Guía de uso (pdf)
Guía para descargar textos completos
DOAB
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: Libros académicos de acceso libre, principalmente na área de Humanidades e Ciencias Sociais
E-Libro
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: plataforma de libros académicos en español. Permite a consulta en liña e a descarga de máis de 100.000 libros publicados por editoriais comerciais, institucionais e universitarias.
- Cobertura:
- Idioma: español
Nota: Manual de uso (pdf)
Manual para a descarga de títulos na nova app (pdf)
EbscoHost eBooks
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: máis de 4000 títulos de todos os ámbitos temáticos. Aproximadamente 1000 de acceso contratado e os demáis de acceso gratuito ou aberto.
- Produtor: Ebsco (na plataforma EbscoHost)
IngeBook
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: plataforma de libros electrónicos en español, fundamentalmente manuais universitarios.
- Idioma: español
- Nota: permite a consulta en liña pero non a descarga dos contidos. Rexistrándose previamente é posible engadir notas, ter un espazo persoal onde organizar libros como favoritos, etc.
Nota: Só permite a lectura en pantalla (non se pode descargar o texto)
Videotitorial
OAPEN
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: libros académicos de acceso libre principalmente na área de humanidades e ciencias sociais
Pombalina Books
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: biblioteca dixital de libros ligada á actividade editorial da Universidade de Coimbra, pretende ser unha plataforma de difusión da cultura e ciencia producida no espazo lusófono.
- Produtor: Universidade de Coimbra
ScienceDirect eBooks (Elsevier)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: colección de libros electrónicos de Elsevier
- Produtor: Elsevier
- Idioma: inglés
Nota: Dentro da páxina web pódese filtrar polo título, tipo de publicación ou área temática.
Walter De Gruyter e-books
- Ámbito temático: ciencias sociais e humanidades (principalmente historia, linguística, literatura, filosofía, economía, socioloxía e dereito)
- Contido: Colección de libros da editorial Walter de Gruyter (1068 deles en acceso aberto).
- Produtor: De Gruyter
- Lingua de consulta: inglés
Essential Science Indicators
- Ámbito temático: Tecnolóxico, Científico e Ciencias Sociais
- Contido: É unha ferramenta analítica que lle axuda a identificar investigacións de alto rendemento en Web of Science Core Collection. ESI enquisa máis de 11.000 revistas de todo o mundo para clasificar autores, institucións, países e revistas en 22 campos amplos segundo o rendemento de publicacións e citas. Os datos abranguen un período consecutivo de 10 anos e inclúen actualizacións bimestrais de clasificacións e recontos de citas tomadas de revistas indexadas en Science Citation Index Expanded, Social Science Citation Index and Arts & Humanities Citation Index
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
- Lingua de consulta: inglés
Biblioteca Digital del Patrimonio Iberoamericano
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: proxecto da Asociación de Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA) que ten como obxectivo a creación dun portal que permita o acceso desde un único punto de consulta aos recursos dixitais de todas as Bibliotecas participantes. A selección de prensa e revistas constitúen testemuñas directas do seu tempo e axudan a facer un percorrido pola historia de Iberoamérica a través de diversos prismas.
- Produtor: Asociación de Bibliotecas Nacionales de Iberoamérica (ABINIA)
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
Érudit
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: consorcio interuniversitario conformado pola Université de Montréal, a Université Laval e a Université du Québec à Montréal, que propón un modelo innovador para a promoción e a difusión dos resultados de investigación. Recolle varios tipos de documentos: revistas especializadas, libros, actas, teses e outros documentos e datos.
- Produtor: Consorcio Érudit
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: francés, inglés e castelán
- Máis guías e/ou titoriais: vídeo (previo rexistro)
Gallica
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: biblioteca dixital da Bibliothèque Nationale de France. Ofrece cceso a máis de dous millóns de documentos representados en diferentes tipos de soportes: impresos (monografías, revistas e prensa), en modo imaxe e en modo texto, manuscritos, documentos sonoros, documentos iconográficos, mapas e planos.
- Produtor: Bibliothèque Nationale de France
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: francés, portugués, inglés, alemán e español
BASE (Bielefeld Academic Search Engine)
Multidisciplinar. Converteuse nun dos recolectores de repositorios científicos máis importantes a nivel mundial. Ofrece máis de 73 millóns de documentos de máis de 3.500 fontes e pódese acceder aos textos completos de arredor do 70% dos documentos indexados.
Europeana
Portal que actúa como punto de acceso único a millóns de recursos dixitais de arquivos, museos, bibliotecas e coleccións audiovisuais europeas. Máis de 2.200 institucións europeas contribuíron á súa creación e desenvolvemento dende o Rijksmuseum, a British Library ou o Louvre ata arquivos rexionais e museos locais de todos os membros da Unión Europea.
Hispana
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: directorio e recolector de recursos dixitais procedentes de repositorios universitarios españoles e de bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas
- Produtor: Ministerio de Cultura
OpenDoar
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: directorio de repositorios académicos de acceso aberto de ámbito internacional. Pódese acceder ao listado completo de repositorios (agrupados por países), ou realizar búscas en base a varios criterios (idioma, país, temática, software, tipo de contido).
- Produtor: Universidade de Nottingham
- Lingua de consuta: inglés
Recolecta
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: portal de acceso a documentos científicos a texto completo pertencentes a repositorios institucionais abertos do ámbito español.
- Produtor: FECYT - REBIUN
DART (Europe E-Theses Portal)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: O portal de teses electrónicas de DART-Europe é unha base de datos que permite buscar teses de investigación electrónicas conservadas en repositorios europeos. As teses son de acceso aberto, pero o portal non as almacena senón que proporciona unha ligazón a polo menos unha copia electrónica de cada tese incluída na base de datos.
- Produtor: DART-Europe é unha asociación de bibliotecas de investigación e de consorcios bibliotecarios (entre elas LIBER e Networked Digital Library of Theses and Dissertations) que traballan na mellora do acceso ás teses doctorais europeas.
NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: Rede internacional de bibliotecas dixitais de teses doutorais, adicada a promover a creación, uso, difusión e preservación de teses e disertacións electrónicas. Aínda que destacan as universidades estadounidenses, reúne institucións de todo o mundo. Inclúe unha exhaustiva recopilación de recursos sobre teses.
- Productor: NDLTD
- Lingua: inglés
ProQuest Dissertations & Theses
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo.Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
TDR
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses doutorales lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas.
- Produtor: CBUC
- Lingua: catalán - español
Teseo
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: recolle as teses lidas en universidades españolas dende 1976. A maior parte dos datos son referenciais, aínda que hai algúns textos completos.
- Produtor: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
DOAJ: Directory of Open Access Journals
- Ámbito temático: Multidisciplinar
- Contido: directorio de revistas mantido polas bibliotecas da Universidade de Lund que recompila de maneira actualizada os títulos de todas as revistas científicas adscritas ao movemento "Acceso Aberto". A meirande parte dos artigos son de investigación e accesibles a texto completo.
- Produtor: DOAJ
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: multilingüe
ISSN
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: rexistro mundial do código ISSN. Contén información das publicacións periódicas editadas en 193 países e en 144 idiomas.Inclúe ademáis os títulos abreviados das revistas
- Produtor: ISDS International Centre (International Serials Data System)
- Lingua de consulta: inglés
Nota: Pida contrasinais en:
- Campus Ourense 988-387192
- Campus Vigo 986-813843
- Campus Pontevedra 986-802001
Journal Citation Report (JCR)
- Contido: aporta os datos necesarios para a avaliación das revistas especializadas, entre eles o factor de impacto, segundo o estudo das citas bibliográficas que aparecen nelas. Ten unha edición de Ciencias e outra de Ciencias Sociais, cubrindo máis de 7.600 publicacións científicas das máis citadas do mundo, de aproximadamente 220 disciplinas.
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
Nota: En liña dispoñible dende o ano 1997; anos anteriores dispoñibles noutros formatos (consultar o
Buscador Perseo para máis información)
Ulrichsweb
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: citas bibliográficas de máis de 170.000 publicacións periódicas, actuais ou desaparecidas, incluíndo series, anuarios e publicacións de aparición irregular, e indicando os datos do editor.
- Produtor: Bowker
- Lingua de consulta: inglés