Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito da física.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización marzo 2023)
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:
Scopus base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970. Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. ÍnDICEs CSIC base de datos multidisciplinar que recolle as referencias dos artigos publicados en revistas científicas editadas en España Essential Science Indicators
Ámbito temático: Tecnolóxico, Científico e Ciencias Sociais
Contido: É unha ferramenta analítica que lle axuda a identificar investigacións de alto rendemento en Web of Science Core Collection. ESI enquisa máis de 11.000 revistas de todo o mundo para clasificar autores, institucións, países e revistas en 22 campos amplos segundo o rendemento de publicacións e citas. Os datos abranguen un período consecutivo de 10 anos e inclúen actualizacións bimestrais de clasificacións e recontos de citas tomadas de revistas indexadas en Science Citation Index Expanded, Social Science Citation Index and Arts & Humanities Citation Index
Ámbito temático: Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades
Contido: acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
Contido: contén información bibliográfica científica e técnica a texto completo procedente de máis de 3.000 revistas revisadas por pares, series bibliográficas, manuais e obras de referencia.
Produtor: Elsevier.
Cobertura temporal: dende 1995 (a través da subscrición consorciada) e con acceso aos "backfiles" dos seguintes paquetes de títulos: bioquímica, xenética e bioloxía molecular; ciencias medioambientais; ciencias Sociales; física nuclear e astronomía*.
Nota: O acceso a estes títulos é dende o primeiro número ata 1995, pero se algún dos títulos destes paquetes coincide con títulos da colección consorciada, teremos acceso ata a actualidade. Para maior seguridade hai que ver a cobertura que aparece no menú de "sfx" de cada título.
Ámbito temático: Atención Sanitaria e Social, Ciencias do comportamento, Ciencias Sociais, Economía, Finanzas, Empresas e Industria, Educación, Enxeñería e Tecnoloxía, Física, Humanidades, Medio ambiente e Agricultura, Medio ambiente e Sostenibilidade, Política e Relacións Internacionais, Xeografía.
Contido: recolle publicacións científicas e académicas de Taylor & Francis, Routledge e Psychology Press, CRC Press e Garland Press, enciclopedias (a antiga colección enciclopedia Dekker) de Taylor & Francis, bases de datos de abstracts de Taylor & Francis e máis de 10,000 libros electrónicos de Taylor & Francis e Routledge.
Produtor: Taylor & Francis Group
Cobertura temporal: dende 1997 (a Universidade de Vigo ten acceso só ás revistas das que temos subscrición)