Localizador de recursos electrónicos
ENXEÑARÍA DE MINAS E ENERXÍA

Esta guía é unha selección dos recursos máis útiles para atopar información no ámbito de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
Algúns destes recursos teñen o seu acceso restrinxido á comunidade universitaria, e outros son de acceso libre.
(Última actualización: outubro 2023)
Recursos destacados
Recomendámosche, sobre todo, os seguintes recursos:     

Scopus base de datos multidisciplinar que indiza máis de 18000 publicacións científicas, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970.
Web of Science base de datos multidisciplinar con referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo.
 ÍnDICEs CSIC base de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que recolle as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España.
Acceso restrinxido UVigo AENORmás (Norweb) base de datos que recolle o texto completo das normas UNE aprobadas por AENOR ou que adoptan unha norma europea ou internacional (CEN, CENELEC, ISO...).
Nota:
AENOR permite a visualización e a descarga das normas a texto completo. 
Termos de uso: o acceso a AENORmás está limitado aos membros da comunidade universitaria da UVigo, asinante da licenza, e implica aceptar que o uso desta plataforma e dos documentos nela incluídos é estritamente académico. 
Libros electrónicos (coleccións)
Acceso restrinxido UVigo[?] IngeBook plataforma de libros electrónicos en español, fundamentalmente manuais universitarios.
         Nota: permite a consulta en liña pero non a descarga dos contidos. Rexistrándose previamente é posible engadir notas, ter un espazo persoal onde organizar libros como favoritos, etc.
Acceso restrinxido UVigo Books on ScienceDirect. Enerxía e Medio Ambiente colección de libros sobre enerxía e medio ambiente da editorial Elsevier.
Acceso restrinxido UVigo Books on ScienceDirect. Química, Enxeñaría e Ciencia dos Materiais (Engineering Village/Referex Engineering)  colección de libros de química, petroquímica, electricidade e electrónica, enxeñaría mecánica e materiais
Acceso restrinxido UVigo IEEE Conference Proceedings & Standards actas de congresos e normas do IEEE
Recurso Open Access INTECH  acceso a máis de 2000 libros de ciencias, tecnoloxía e mediciña
Acceso restrinxido UVigo Springer Link  colección de libros que cobren distintos ámbitos temáticos: enxeñaría, informática, matemáticas, telecomunicacións. bioloxía, mediciña, medio ambiente, química etc
Revistas electrónicas (coleccións)
Acceso restrinxido UVigo ACM Digital Library colección de referencias bibliográficas e texto completo dos artigos publicados nas revistas, boletíns e actas de congresos da Association for Computing Machinery.
Acceso restrinxido UVigo [?] AIP Publishing portal de acceso ás revistas editadas polo American Institute of Physics.
Acceso restrinxido UVigo Annual Reviews colección de revistas científicas do ámbito da Biololxía, Física, Mediciña, Medio Ambiente e Economía.
 APS journals revistas internacionais de investigación en Física publicadas pola American Physical Society.
EUDML colección dixital que da acceso á literatura matemática publicada principalmente en Europa, desenvolvida e mantida por unha rede de institucións.
Recurso Open Access [?] HighWire
Nota: Parece que xa non ofrece acceso libre a revistas
 versións en liña de revistas científicas e académicas de Ciencias Biolóxicas, Ciencias Médicas, Ciencias Sociais, Ciencias Físicas.
IOP Science revistas a texto completo do Institute of Physics.
Acceso restrinxido UVigo[?] Nature publicada por Nature Publishing Group, é unha fonte primordial de información en Bioloxía básica e Ciencias Físicas.
Acceso restrinxido UVigo [?] Oxford Academic acceso ao texto completo de máis de 200 revistas académicas e de investigación  de Economía, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas, Física, Ciencias Sociais e Humanidades. Producidas por Oxford University Press en conxunto con sociedades científicas de alto prestixio internacional.
RSC journals revistas editadas pola RSC, Royal Society of Chemistry, editor científico de Bioloxía, Biofísica, Química, Ciencia de materiais.
Taylor & Francis recolle publicacións científicas e académicasde contido multidisciplinar de Taylor & Francis, Toutledge e Psychology Press, CRC Press e Garland Press, enciclopedias (a antiga colección enciclopedia Dekker) de Taylor & Francis, basesde datos de abstracts de Taylor & Francis e máis de 10.000 libros electrónicos de taylor & Francis e Routledge
Acceso restrinxido UVigo [?] Walter de Gruyter colección multidisciplinar de libros e revistas da editorial Walter de Gruyter, con acceso ao texto completo dos títulos de revistas de Arquitectura e deseño, Arte, Química, Ciencias da computación, Económicas, Enxeñaría etc, 
Acceso restrinxido UVigo[?] Wiley Online Library información científica, técnica, médica e profesional procedente de máis de 2500 revistas, libros, obras de referencia, bases de datos... de  Agricultura, Arte, Bioloxía, Economía, Empresa, Enxeñaría, Medicina, Medio Ambiente, Química, Socioloxía, Xeoloxía etc
 
Normas
Acceso restrinxido UVigo AENORmás (Norweb)   base de datos a texto completo das normas UNE aprobadas por AENOR  ou que adoptan unha norma europea ou internacional (UNE-EN, UNE-EN ISO/IEC etc)  Inclúe as normas ratificadas e anuladas.

Nota:
AENOR permite a visualización e a descarga das normas a texto completo. 

Termos de uso: o acceso a AENORmás está limitado aos membros da comunidade universitaria da UVigo, asinante da licenza, e implica aceptar que o uso desta plataforma e dos documentos nela incluídos é estritamente académico. 
Instruccións de acceso: ao acceder á base de datos despregue "Indique el perfil de usuario", seleccione o seu perfil de usuario e marque "Acepto condiciones de uso"

 


 
Patentes

PATENTSCOPE base de datos da Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI-WIPO) para a busca de información sobre solicitudes internacionais de patentes publicadas. Permite buscas específicas en coleccións nacionais.

OFICINA ESPAÑOLA DE PATENTES Y MARCAS web de acceso libre a distintas bases de datos como INVENES que recolle documentos de patentes e modelos de utilidade españois e patentes iberoamericanas e DISEÑOS que contén datos bibliográficos de modelos, debuxos e deseños industriais. Ademáis ofrece información sobre marcas e nomes comerciais e permite a busca sobre a situación de expedientes

 ESP@CENET base de datos da Oficina Europea de Patentes (EPO) que da acceso a patentes de todo o mundo, incluidas as españolas. Ofrece en moitos casos o texto completo das patentes.

USPTO Patent Full-text and Image Database  base de datos da United States Patent and Trademark Office que é a Oficina de Patentes dos EE.UU. Consta de dúas sub-bases a texto completo: dende 1790 a 1975 en formato imagen (é unha copia idéntica do original) e  textual dende 1976 ata a actualidade.  
 
Portais temáticos
Tierra, red temática de Ciencias de la Tierra: portal que recolle información, recursos e enlaces relacionados coas Ciencias da Terra.

Instituto Geológico y Minero de España: web que recolle e da acceso a información relacionada coas Ciencias e Tecnoloxías da Terra. Dende o portal de Información Xeocientífica  (InfoIGME) pódese consultar cartografía española, documentos científicos elaborados polo IGME e bases de datos especializadas nas Ciencias da Terra.

Geoportal IDEE: portal que recolle e da acceso a información xeográfica de España.

Información Xeográfica de Galicia: portal que ademáis de información xeográfica inclúe ferramentas para visualizar a cartografía e imaxes de Galicia.

CIEMAT o portal do Centro de Investigaciones Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas céntrase principalmente nos ámbitos da enerxía e o  medio ambiente e nos campos tecnolóxicos relacionados con ambos.

Directorio de la Energía: recolle recursos e fontes de información sobre enerxía e medio ambiente  a nivel nacional e internacional.

LibraryMine: portal especializado no sector mineiro que ofrece acceso en liña a artigos, dicionarios, videos, mapas, enlaces, etc. sobre minería.


 
Informes técnicos
NTIS  web do National Technical Information Service na que  se recollen referencias bibliográficas e resumes de informes técnicos multidisciplinares sobre programas de investigación patrocinados polo goberno EE.UU.

SciTech Connect  portal de acceso libre do Departamento de Enerxía de Estados Unidos que que da acceso a informes técnicos, citas bibliográficas, artigos de revistas, comunicacións  a congresos etc. sobre temas referidos a enerxía e áreas relacionadas.

 Agencia Europea del Medio Ambiente  web de acceso libre que recolle informes muy completos elaborados pola Agencia Europea de Medio Ambiente, que avalían o estado do medio ambiente europeo.

World Resources Institute organismo que proporciona acceso aos informes de estudos sobre as tendencias e datos relativos ao estado do medio ambiente e os recursos naturais do mundo.

CORDIS servicio de información comunitario sobre investigación e desenvolvemento que aporta información sobre proxectos de investigación, as persoas que os desenvolven, equipo e material empregado etc.
   
     
     
Repositorios
Recurso Open Access [?] ArXiv repositorio de e-prints en acceso aberto nos campos das Matemáticas, Física, Informática, Estatística e Bioloxía cuantitativa.  Actualmente está sustentado grazas ao apoio económico da Universidade de Cornell, da Simon Fundation e de varias bibliotecas universitarias e centros de investigación de todo el mundo.
[?] RECYT (Repositorio Español de Ciencia y TecnologÍa) plataforma de xestión, edición e acceso ao contido das revistas científicas españolas de calidade contrastada, creada pola FECYT co obxecto de apoiar a profesionalización e internacionalización das publicacións científicas españolas.
Recurso Open Access [?] SCOAP3: Sponsoring Consortium for Open Access Publishing in Particle Physics niciativa internacional liderada polo CERN, destinada a converter en revistas de acceso aberto un conxunto de publicacións clave dentro do campo da física de altas enerxías. Non ten custo para autores/as e usuarios/as, sendo sufragado o acceso pola propia asociación SCOAP3.
Teses
Teseo recolle as teses lidas en universidades españolas dende 1976. A maior parte dos datos son referenciais,  aínda que hai algúns textos completos.

Recurso Open Access TDR repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses doutorales lidas nas universidades de Cataluña e outras comunidades autónomas.

Recurso Open Access DART (Europe E-Theses Portal)  A Asociación de bibliotecas de investigación e consorcios de bibliotecas que intentan mellorar o acceso ás teses doutorais europeas, ofrecendo un portal único para a súa consulta. Da acceso a máis de 670.000 teses de universidades de 28 países europeos.

Recurso Open Access NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations) catálogo unificado que reúne rexistros de teses e disertacións en formato electrónico de ámbito internacional. Ofrece información con resumos e accesos a algúns textos completos.

Recurso Open Access OATD (Open Access Theses and Dissertations) buscador de teses electrónicas en acceso aberto publicadas arredor do mundo.

Acceso restrinxido UVigo ProQuest Dissertations & Theses información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo

MIT Theses contén unha selección de teses de todos os departamentos do Massachusetts Institute of Technology. A consulta da colección completa de teses debe facerse a través do catálogo das bibliotecas do MIT.
Contacta coa Biblioteca
Picture: Biblioteca Central Campus Vigo

Biblioteca Central Campus Vigo
Soporte Aprendizaxe e Investigación
Tel: (+34) 986.813.843

Organiza a túa bibliografía
Se queres organizar as túas referencias e elaborar bibliografías de forma automática, podes utilizar calquera destes programas
     end  
       
Formación
Se precisas coñecer mellor o funcionamento dalgún recurso, mellorar as túas buscas etc., consulta a nosa oferta formativa.
Lenda / Significado das iconas
= Acceso restrinxido UVigo
= CD / DVD / USB
= Acceso a través do SIR
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Recurso Open Access