|
|
AENORmás (Norweb)
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: acceso ao texto completo das normas UNE vixentes, anuladas e ratificadas.
- Produtor: AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación).
- Idioma: español e inglés
Nota:
AENOR permite a visualización e a descarga das normas a texto completo.
Termos de uso: o acceso a AENORmás está limitado aos membros da comunidade universitaria da UVigo, asinante da licenza e implica aceptar que o uso desta plataforma e dos documentos nela incluídos é estritamente académico.
|
|
|
AGRIS
- Ámbito temático: Agricultura
- Contido: bases de datos creada pola FAO que recolle referencias bibliográficas de revistas, monografías, capítulos de libros, informes técnicos etc. da área de agricultura, gandería, pesca, nutrición humana etc. É un sistema cooperativo e descentralizado no que participan 140 Centros Nacionales e Supranacionais, onde cada país participante envía información sobre a literatura agraria de interese que aparece dentro dos seus límites xeográficos.
- Produtor: FAO (Food and Agriculture Organization)
|
|
|
Aranzadi Instituciones
- Ámbito temático: Xurídico
- Contido:
- Lexislación estatal: texto completo de todas as disposicións de carácter xeral publicadas no BOE dende 1978, e as máis relevantes dende 1930 (algunhas coa versión consolidada).
- Lexislación autonómica: dende o inicio, e a texto vixente dende 2001.
- Xurisprudencia: todas as sentenzas do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo dende 1979, e dende 2001 da Audiencia Nacional, Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias provinciais, e unha selección dos anos anteriores e dos Tribunais de Primeira Instancia.
- Prácticos: ofrece normativa básica, comentarios, casos prácticos, formularios, sentenzas, bibliografías, etc. para as áreas Fiscal, Social e Administración Local.
- Bibliografía: textos íntegros dos artigos publicados en publicacións periódicas e repertorios da Editorial Aranzadi, así como referencias ao seu fondo monográfico e a unha selección de publicacións doutras editoriais.
- Convenios colectivos: sectoriais, de ámbito empresarial, provincial ou autonómico.
- Produtor: Aranzadi / Thomson Reuters
Nota: Para pechar correctamente a sesión premer no botón "Salir" situado na parte superior dereita da pantalla.
Cando se supera o número de licenzas contratadas non permite accceder á base de datos.
|
|
|
Art, Design & Architecture Collection
- Ámbito temático: Arte moderna e contemporánea
- Contido: Colección de bases de datos sobre artes visuais e aplicadas. Inclúe os recursos especializados: ARTbibliographies Modern (que cobre a arte moderna e contemporánea), Design and Applied Arts Index (para todos os aspectos do deseño e a artesanía), International Bibliography of Art (sobre historia da arte occidental) e Arts and Humanities Full Text (colección complementaria de revistas actuais de texto completo).
- Produtor: CSA/Proquest
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
ARTBibliographies Modern (ABM)
- Ámbito temático: Arte moderna e contemporánea
- Contido: resumos de artigos de revistas, libros, ensaios, catálogos e reseñas de exposicións e teses.
- Produtor: CSA/Proquest
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
ASFA (Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts)
- Ámbito temático: Ciencias acuáticas e mariñas, Oceanografía e Acuicultura.
- Contido: referencias bibliográficas de artigos publicados en revistas especializadas; recolle tamén citas de actas de congresos, teses e literatura gris.
- Produtor: ASFA Partnership
|
|
|
Autocontrol - Base de Datos sobre Regulación Publicitaria
- Ámbito temático: publicidade
- Contido: códigos e normas de autorregulación de Autocontrol e doutros organismos de autorregulación españois e estranxeiros.
- Produtor: Asociación de Autocontrol de la Publicidad (AAP)
Nota: Pida o contrasinal de acceso na biblioteca.
|
|
|
Bibliografía de la Literatura Española (BLE)
- Ámbito temático: Literatura en español, Crítica literaria e teoría da literatura, Lingüística e Historia do Libro
- Contido: comprende edicións, traducións e estudos, aparecidos dende 1980 en libros, publicacións periódicas, homenaxes, actas de congresos etc. das obras literarias de autores españoles, dende a Idade Media ata a actualidade, e dos hispanoamericanos e filipinos anteriores á independencia dos seus países.
- Produtor: Proquest
|
|
|
BITRA: Bibliografía de Interpretación y Traducción
Nesta base de datos de bibliografía directamente relacionada coa tradución ou interpretación pódense atopar máis de 94.000 referencias (máis de 11.000 libros, 32.000 capítulos, 45.000 artigos, 3.000 teses, 200 revistas, etc.), con máis de 55.000 resumos (máis de 59). % das entradas), máis de 120.000 citas recollidas no campo de Impacto e máis de 5.000 índices de libros, números especiais de revistas e teses de doutoramento
|
|
|
Business Source Premier
- Ámbito temático: Ciencias Económicas e Empresariais, que inclúen Márketing, Xestión, Contabilidade, Finanzas, etc
- Contido: Texto completo de máis de 2.300 revistas, incluíndo o texto completo de máis de 1.100 publicacións comerciais revisadas por pares. Ofrece textos completos desde 1886 e referencias citadas nas que se poden facer buscas desde 1998. Contén textos completos das principais revistas de xestión e mercadotecnia, incluíndo Harvard Business Review, California Management Review, Administrative Science Quarterly, Academy of Management Journal, Academy of Management Review, Industrial & Labor Relations Review, Journal of Management Studies, Marketing. Revista de xestión, Revista de investigación de mercados (JMR), Revista de mercadotecnia, Revista de mercadotecnia internacional, etc. A base de datos tamén inclúe outras fontes de información de texto completo, como informes económicos nacionais de EIU, Global Insight, ICON Group e CountryWatch, e perfís detallados das 10.000 empresas máis grandes do mundo. Actualízase diariamente
- Produtor: Ebsco
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
Cinahl
- Ámbito temático: enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde.
- Contido: referencias bibliográficas e resumos de máis de 3.000 publicacións especializadas en enfermería e outras disciplinas relacionadas coa saúde, ademáis da cobertura completa de revistas e publicacións especializadas da "National League for Nursing" e a "American Nurses Association". Tamén recolle libros, actas de congresos, audiovisuais, e outros, publicados dende 1981
- Produtor: Ebsco.
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
CISS Fiscal
- Ámbito temático: materia fiscal e tributaria
- Contido: normativa estatal, autonómica, europea e internacional en materia fiscal e tributaria; xurisprudencia de todos os tribunais analizada e acompañada de íter procesal. Doutrina administrativa: consultas, informes e criterios da Dirección Xeral de Tributos, DGRN, ICAC e Xulgados económico-administrativos, comentarios de autor casos prácticos e formularios expertos
- Produtor: La Ley
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: español
- Algunhas guías de uso: Atopar normas básicas, cómo sacar partido ó buscador, afinar ou filtrar resultados (pódense atopar máis guías de uso e videotitoriais no apartado Formación unha vez que se accede ó recurso)
Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825 prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192 presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002 presbcp@uvigo.es
ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome, apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
|
|
|
CISS Laboral
- Ámbito temático: Laboral, Seguridade Social e Prevención de Riscos
- Contido: normativa estatal, autonómica, europea e internacional do ámbito. Todos os convenios colectivos e as súas revisións de calquera sector de actividade e ámbito territorial; xurisprudencia de todos os tribunais así como doutrina administrativa: consultas, informes e criterios da Inspección de Traballo, INE, INSS, TGSS. Comentarios de autor, casos prácticos e formularios expertos. Axudas e subvencións, en materia de Fomento do Emprego (estatais, autonómicas e provinciais)
- Produtor: La Ley
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: español
- Algunhas guías básicas de uso: manexo do buscador, afinar e filtrar resultados, significado de iconas (pódense atopar máis guías de uso e videotitoriais no apartado Formación unha vez que se accede ó recurso)
Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825 prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192 presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002 presbcp@uvigo.es
ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome, apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
|
|
|
Dialnet Plus
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: Dialnet Plus é a versión avanzada de Dialnet que proporciona unha serie de servizos de valor engadido, ofrecendo todas as ferramentas necesarias para optimizar as buscas. O portal ten coma finalidade dar maior visibilidade á literatura científica hispana, recompilando artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos, proporcionando ás veces o texto completo do documento.
- Produtor: Fundación Dialnet.
Nota: Para acceder a todas as prestacións de Dialnet Plus cómpre rexistrase utilizando un enderezo de correo electrónico da Universidade de Vigo. Este rexistro permite acceder a Dialnet Plus con todas as súas prestacións, tanto desde a universidade coma desde fóra dela.
|
|
|
Dimensions
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Dimensions é un buscador académico avanzado de publicacións científicas procedentes de PubMed, PubMed Central, arXiv e Crossref. Ofrece para cada publicación información sobre as citas recibidas, indicadores de citación normalizada, indicadores de uso a través de Altmetric...
- Lingua de consulta: inglés
- Produtor: Digital Science
Nota: Para acceder á versión gratuíta de Dimensions cómpre rexistrarse.
Máis información sobre Dimensions
|
|
|
Earth, Atmospheric & Aquatic Science
- Ámbito temático: Ciencias acuáticas e Meteoroloxía.
- Contido: inclúe as bases de datos ASFA (Aquatic Sciences and Fisheries Abstracts) e MGA (Meteorological & Geoastrophysical Abstracts), proporcionando o texto completo de revistas académicas, especializadas, informes técnicos, actas de congresos, publicacións gobernamentais etc.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
- Como acceder vía SIR
Nota: A ligazón leva ás caixas de usuario e contrasinal, pero ó introducilos non leva ó recurso e ábrese un arquivo cunha taboa con bases de datos subscritas e as urls….. ????
|
|
|
ENFISPO
- Ámbito temático: enfermería, fisioterapia e podoloxía.
- Contido: ENFISPO é unha base de datos bibliográfica formada por unha selección de revistas en español das áreas de Enfermería, Fisioterapia e Podoloxía. Desde os seus inicios en 1996, o seu desenvolvemento corre a cargo da Biblioteca Complutense / Biblioteca da Facultade, Enfermería e Podoloxía e desde o ano 2022 redeséñase en colaboración con Dialnet
|
|
|
ERIC
- Ámbito temático: Educación
- Contido: ERIC, o Centro de Información de Recursos Educativos patrocinado polo Instituto de Ciencias da Educación do Departamento de Educación de EE. UU., é un recurso en liña para literatura e investigación educativa. A base de datos brinda acceso a información de revistas incluídas no Current Index of Journals in Education and Resources in Education Index. O contido inclúe artigos de revistas, informes de investigación, guías curriculares e docentes, artigos de conferencias, disertacións e teses, e libros que datan de 1966. Ofrece un bó número de ligazóns ao texto completo de ERIC ou ligazóns a outras fontes, como sitios web de editoriais ou DOI
- Produtor: Educational Resources for Information Center
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
GreenFILE
- Ámbito temático: enerxías renovables, agricultura sustentable, polución, reciclaxe, construción ecolóxica, etc.
- Contido: GreenFILE ofrece información sobre todos os aspectos do impacto humano no medio ambiente. A súa colección de títulos académicos, gobernamentais e de interese xeral inclúe contidos sobre o quecemento global, a construción ecolóxica, a contaminación, a agricultura sostible, as enerxías renovables ou a reciclaxe. A base de datos ofrece indexación e abstracción de máis de 1.000.000 de rexistros, así como texto completo de acceso aberto para máis de 15.000 rexistros
- Produtor: EBSCO
- Lingua: inglés
|
|
|
HeinOnline
- Ámbito temático: Xurídico
- Contido: Portal especializado en dereito anglosaxón, ofrece acceso ao texto completo dunha gran cantidade de revistas xurídicas, obras clásicas, textos lexislativos, publicacións legais das Nacións Unidas e constitucións do mundo.
- Produtor: Heinonline
- Lingua de consulta: inglés
Guía de axuda (inglés)
|
|
|
IBECS (Índice Bibliográfico Español en Ciencias de la Salud)
- Ámbito temático: ciencias da saúde.
- Contido: Recolle artígos de revistas do ámbito de Ciencias de la Salud editadas en España desde o ano 2000. Inclúe todos os artigos dunha revista, exceptuando editoriais non científicas, resúmenes de actas de congresos, recensións bibliográficas e necrolóxicas
En IBECS pódese acceder só ós textos completos dos artigos das revistas que pertenzan á colección SciELO España. Inclúe Tesauro DeCS (Descriptores en Ciencias da Saúde), tradución do tesauro MeSH de Medline.
- Produtor: Instituto de Salud Carlos III e BIREME.
- Lingua de consulta: castelán.
|
|
|
ÍnDICEs CSIC
- Ámbito temático: multidisciplinar.
- Contido: recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas científicas especializadas editadas en España.
- Produtor: CSIC.
- Atención: Esta base de datos deixou de actualizarse en xaneiro de 2023.
|
|
|
Journal Citation Report (JCR)
- Contido: aporta os datos necesarios para a avaliación das revistas especializadas, entre eles o factor de impacto, segundo o estudo das citas bibliográficas que aparecen nelas. Ten unha edición de Ciencias e outra de Ciencias Sociais, cubrindo máis de 7.600 publicacións científicas das máis citadas do mundo, de aproximadamente 220 disciplinas.
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
Nota: En liña dispoñible dende o ano 1997; anos anteriores dispoñibles noutros formatos (consultar o Buscador Perseo para máis información)
|
|
|
JoVE - Journal of Visualized Experiments
- Ámbito temático: ciencias experimentais e aplicadas, ciencias da saúde e psicoloxía.
- Contido: plataforma que conta con máis de 17000 vídeos para a aprendizaxe e a investigación. A colección Educación ofrece vídeos educativos que axudan a aclarar conceptos básicos e metodoloxías de laboratorio mediante aplicacións prácticas. Inclúe tamén libros de texto multimedia que combinan demostracións en vídeo con explicacións textuais detalladas. A colección Investigación permite visualizar metodoloxías avanzadas, amosando os detalles do protocolo experimental, e reproducir técnicas de laboratorio. Inclúe JoVE Journal (revista revisada por pares en formato audiovisual) e JoVE Enciclopedia de Experimentos (con técnicas de investigación).
- Idioma: inglés (os vídeos pódense subtitular en inglés)
- Produtor: MYJoVE Corporation
Nota: Guía de JoVE para o profesorado
Guía de JoVE para o alumnado
|
|
|
L'Année philologique
- Ámbito temático: Filoloxía clásica
- Contido: Base de datos que recolle bibliografía crítica e analítica antigüidade grecolatina: crítica dos textos, historia literaria, lingüística, arqueoloxía, epigrafía, numismática, papiroloxía, historia política, economía e sociedade, historia das relixións, historia do dereito, historia das ciencias e das técnicas, etc. Inclúe citas de artigos de publicacións e libros, con resumos en inglés, alemán, español, francés ou italiano.
- Cobertura: 1924 á actualidade
- Produtor: Société Internationale de Bibliographie Classique
- Língua de consulta: Francés, español, inglés, alemán, español e italiano
Nota: Para acceder, configure o proxy do navegador, seguindo as instrucións desta guía.
|
|
|
La Ley Digital 360
- Ámbito temático: Dereito
- Contido: Base de datos que inclúe: lexislación internacional, europea, estatal e autonómica; xurisprudencia (resolucións e sentencias de tódolos tribunais e a doutrina do Tribunal Supremo dende o ano 2000); resolucións dos Tribunais administrativos e órganos consultivos; formularios; convenios colectivos publicados a partir de 1990. Tamén da acceso ao texto completo das revistas da editorial Wolters Kluwer subscritas pola biblioteca, ao Diario la Ley e a Biblioteca básica Bosch.
- Produtor: Wolters Kluwer
- Cobertura temporal: variable segundo a publicación
- Lingua de consulta: español
- Máis guías e/ou outros titoriais
Guía de la Universidad Miguel Hernández
reDescubre laleydigital360
Nota: Solicite contrasinais en:
Biblioteca Central Vigo Tel.: 986 813 825 prescen@uvigo.es
Biblioteca Central Ourense Tel. 988 387 192 presour@uvigo.es
Biblioteca Central Pontevedra Tel. 986 802 002 presbcp@uvigo.es
ATENCIÓN:
Se envía un correo-e non esqueza identificarse co seu nome e apelidos e DNI.
Lembre desconectarse antes de pechar a sesión para non bloquear o acceso.
|
|
|
La página del Medio Ambiente (Ecoiuris)
- Ámbito temático: Medio ambiente, prevención de riscos laborais
- Contido: base de datos xurídica sobre Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais que inclúe lexislación vixente, xurisprudencia, etc. Recolle tamén o Código Ambiental coa lexislación básica en Medio Ambiente
- Produtor: Wolters Kluwer
Nota: Pida contrasinais en:
- Campus Ourense 988-387192
- Campus Vigo 986-813843
- Campus Pontevedra 986-802001
|
|
|
Linguistics Collection
- Ámbito temático: Lingüística, Psicolingüística, Sociolingüística, e outras disciplinas relacionadas, aspectos do estudo da linguaxe, incluída a fonética, a fonología, a morfoloxía, a sintaxe e a semántica.
- Contido: plataforma que combina as bases de datos Linguistics and Language Behaviour Abstracts (LLBA) e Linguistics Database, dando acceso, desde unha única interface de consulta, ao resumo e/ou ao texto completo de multitude de artigos de revistas científicas, libros, teses, documentos de traballo, etc. do ámbito da lingüística e disciplinas relacionadas coas ciencias da linguaxe.
- Productor: Proquest
- Lingua de consulta: Inglés
|
|
|
LION: Literature Online
- Ámbito temático: Literatura inglesa e americana
- Contido: colección de máis de 350000 obras a texto completo de poesía (a partir do 600 ata actualidade), prosa (1500-1900) e drama (1285-1915) de escritores británicos e norteamericanos. A esta base de datos engádese un dicionario (biográfico e bibliográfico) de autores, así como uns índices de textos, de fontes secundarias, traballos de referencia, de bibliografías, de catálogos etc.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
LISTA (Library, Information Science & Technology Abstracts)
- Ámbito temático: Biblioteconomía e Ciencias da Información
- Contido: indiza unhas 600 publicacións sobre Clasificación, Catalogación, Bibliometría, Xestión da Información, Tecnoloxías da Información etc, cunha cobertura temporal que vai dende 1960 ata a actualidade.
- Produtor: Ebsco
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
LLBA (Linguistic and Language Behavior Abstracts )
- Ámbito temático: Lingüística, Psicolingüística, Sociolingüística e disciplinas relacionadas.
- Contido: referencias bibliográficas e resumo de artigos aparecidos en máis de 2.000 publicacións periódicas, monografías, teses etc.
- Produtor: CSA / Proquest
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
MathSciNet
- Ámbito temático: Matemáticas e a súa aplicación a disciplinas relacionadas (estatística, econometría, informática, enxeñaría)
-
Contido: Acceso ós seguintes recursos
- Produtor: American Mathematical Society
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
MEDES
- Ámbito temático: medicina e farmacia.
- Contido: recolle referencias bibliográficas e resumos de artigos de máis de 71 publicacións especializadas en castelán.
- Produtor: Fundación Lilly.
Nota: Aviso de discontinuidad del servicio: a partir del 1 de abril de 2024, la base de datos MEDES dejará de actualizarse y quedará interrumpido el acceso por tiempo indefinido, así como el servicio de alertas
|
|
|
Medline
- Ámbito temático: ciencias da saúde.
- Contido: referencias bibliográficas e resumos de artigos de máis de 5.000 revistas especializadas en medicina, enfermería, odontoloxía, veterinaria, etc., e tamén capítulos de libros. Inclúe o tesauro MESH (Medical Subject Headings).
- Produtor: U. S. National Library of Medicine.
- Lingua de consulta: inglés.
|
|
|
Pascal Francis
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: O sitio Pascal e Francis en acceso libre é un arquivo das bases de datos bibliográficos PASCAL e FRANCIS en ciencias exactas, humanas e sociais, producidas polo Inist-CNRS entre 1972 e 2015. Permite o acceso a máis de 20 millóns de referencias (artigos, patentes, mapas, conferencias, libros, informes e teses) en ciencias exactas e tecnoloxía, en ciencias biolóxicas e médicas, en arte e arqueoloxía, economía, etnoloxía, xeografía, historia das ciencias e das técnicas, literatura, lingüística, prehistoria e protohistoria, ciencias administrativas e xurídicas, ciencias da educación e das relixións. Ofrece algúns accesos a textos completos
- Produtor: Inist-CNRS
|
|
|
PATENTSCOPE
- Ámbito temático: enxeñaría
- Contido: base de datos para a busca de información sobre solicitudes internacionais de patentes publicadas. Permite buscas específicas en coleccións nacionais.
- Produtor: WIPO
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
PEDro Physiotherapy Evidence Database
- Ámbito temático: fisioterapia baseada na evidencia.
- Contido: ensaios clínicos, revisións sistemáticas e guías de práctica clínica de Fisioterapia. De cada ensaio, revisión ou guía, PEDro ofrece detalles para a citación, resumo e o enlace ao texto completo cando está dispoñible.
- Produtor: Centre for Evidence-Based Physiotherapy, University of Sidney.
- Lingua de consulta: inglés.
|
|
|
PILOTS Database
- Ámbito temático: Psicoloxía
- Contido: base de datos da "National Center for Post-Traumatic Stress Disorder" que contén literatura internacional sobre Desorde de Tensión Postraumática (PTSD) e outras secuelas mentais causadas por feitos traumáticos.
- Produtor: National Center for Post-Traumatic Stress Disorder
- Lingua de consulta: inglés
- Axuda para as buscas
|
|
|
PQ Psychology Database
- Ámbito temático: Psicoloxía
- Contido: recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe revistas, working papers, conferencias, vídeos, táboas etc. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abrangue disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, neuroloxía, benestar social etc.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
ProQuest Dissertations & Theses
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: Información sobre teses doutorais e ponencias de masters presentados en universidades de todo o mundo, cubrindo case por completo o ámbito norteamericano e parte do europeo.Ofrece o texto completo das obras agregadas desde 1997, e dunha selección de obras anteriores a este ano.
- Produtor: Proquest
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
PsycInfo
- Ámbito temático: Psicoloxía e disciplinas relacionadas
- Contido: Publicada polas Asociacións Estadounidenses de Psicoloxía, proporciona unha indexación completa e resumos da literatura psicolóxica internacional desde o século XIX ata o presente. Os documentos indexados inclúen revistas, artigos, libros, disertacións e outros, a maior parte revisados por pares
- Produtor: American Psychological Association
|
|
|
PubMed
- Ámbito temático: ciencias da saúde.
- Contido: portal de acceso libre e gratuíto ás bases de datos bilbiográficas compiladas pola National Library of Medicine (NLM): Medline, Premedline, PubMed Central, Genbank, Complete Genoma, etc. Inclúe referencias de artigos, e artigos a texto completo de medicina, enfermería, odontoloxía, medicina veterinaria, saúde pública, etc.
- Produtor: National Library of Medicine (NLM) e National Centre for Biotechnology Information (NIH).
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
QMemento Contable (Quantor Contable)
- Ámbito temático: Contabilidade e Dereito Mercantil
- Contido: lexislación, xurisprudencia, doutrina administrativa, modelos, exemplos e formularios sobre sociedades mercantís, contabilidade e auditoría.
- Produtor: Lefebvre-El Derecho
|
|
|
QMemento Fiscal (Quantor Fiscal)
- Ámbito temático: Dereito Fiscal
- Contido: lexislación (europea, estatal, autonómica e foral), xurisprudencia, formularios, exemplos, modelos e artigos doutrinais.
- Produtor: Lefebvre-El Derecho
|
|
|
RePec
- Ámbito temático: ciencias económicas e empresariais
- Contido: proxecto de voluntarios de moitos países que pretende aumentar a difusión da investigación no ámbito da Economía. Recolle artigos de revistas, documentos de traballo, papeis de discusión, software, etc., proporcionando o enlace a ditos documentos. Subdivídese en varias bases de datos como IDEAS (toda a base de datos de RePEc: documentos de traballo, artigos de revista, software, información dos autores e un directorio de institucións), EconPapers (acceso a documentos de traballo, artigos de revista, software), Citations in Economics (análise das citas dos documentos recollidos en RePEc), etc.
|
|
|
SABI
- Ámbito temático: Economía e Empresa
- Contido: base de datos económico-financeira que recolle máis de 1.000.000 de empresas españolas das que proporciona información xeral e as contas anuais. Permite buscar empresas ou grupos de empresas segundo diversos criterios: nome, código NIF, localización, actividade etc., así como poder realizar análises estatísticos e/ou comparativos de empresas ou grupos de empresas. Recolle un histórico de 25 anos nos datos económicos e financieiros.
- Produtor: Informa D&B
Nota:
Acceso: mediante o servizo de identificación de RedIris (SIR):
1º paso: en “Selección da institución” escoller a Universidade de Vigo.
2º paso: en “Identificación de usuario” introducir os datos solicitados da conta de correo-e da Universidade ou identificarse mediante NIU.
Límites de exportación: SABI ten un límite de exportación semanal e cando se supera ese límite xa non exporta os datos económico-financeiros, polo que se recomenda exportar só os datos necesarios.
O contrato de Sabi, entre Informa D&B e o Consorcio Bugalicia, é para o uso exclusivo da ensinanza e investigacións nas Universidades galegas, e nunca para fins de terceiros.
|
|
|
Scopus
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: indiza máis de 18000 publicacións científicas procedentes duns 5000 editores, ofrecendo as referencias citadas dende o ano 1970, polo que permite recuperar as citas recibidas por un autor/a. Ademais inclúe series de libro, patentes, webs científicas etc.
- Produtor: Elsevier
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: titoriais (inglés)
|
|
|
SPOLIT Sport Literature
- Ámbito temático: ciencias do deporte: biomecánica, teoría do entrenamento, psicoloxía deportiva, medicina deportiva, todo tipo de deporte e seccións deportivas (deporte para discapacitados, deportes escolares, etc.)
- Contido: recolle máis de 130.000 rexistros dende 1970 á actualidade que inclúen artigos, libros, teses ou actas de congresos. Aproximadamente o 85% en alemán ou inglés. No mesmo sitio pódese acceder ás bases SPOFOR (proxectos de investigación) e SPOMEDIA (recursos audiovisuais)
- Produtor: BISp ((Bundesinstitut für Sportwissenschaft, Instituto Federal de Ciencias del Deporte).
- Lingua de consulta: alemán (descritores) inglés (texto libre).
|
|
|
SPONET
- Ámbito temático: deporte e educación física
- Contido: base de datos de recursos en Internet con máis de 3.000 referencias a texto completo de artigos de revistas e ensaios sobre todos os aspectos das ciencias do deporte. No mesmo portal pódense consultar a Thriatlon Database cos datos dos campeonatos por países e internacionais, ou as de halterofilia Weightlifting Database ou buceo Datebank Wasserspringen.
- Produtor: Department of Information Sport at the Institute of Applied Training Science (Leizpig)
- Lingua de consulta: alemán e inglés
|
|
|
Sport Discus
- Ámbito temático: Deporte e Educación Física
- Contido: referencias de revistas especializadas, monografías, teses, actas de congresos etc. de todos os aspectos relacionados co Deporte e a Educación Física. Xunto á información referencial tamén é posible acceder ao texto completo de máis de 500 publicacións cunha cobertura que se remonta a 1985.
- Produtor: SIRC (Sport Information Resource Centre).
- Lingua de consulta: inglés
|
|
|
Teacher Reference Center
- Ámbito temático: Educación
- Contido: índices e resumos de máis de 280 revistas recoñecidas no campo da docencia, sobre temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do curriculum ou Métodos para a Ensinanza entre outros.
- Productor: Ebsco
|
|
|
Tirant Prime
- Ámbito temático: Dereito
- Contido: portal de dereito que inclúe lexislación e xurisprudencia estatal e autonómica, bibliografía e formularios.
- Produtor: Editorial Tirant lo Blanch
|
|
|
UIT-T Recomendaciones (ITU-T Recommendations)
- Ámbito temático: enxeñaría, tecnoloxía
- Contido: recolle gran parte das normas técnicas internacionais desenvolvidas polo sector de telecomunicacións da UIT.
- Produtor: Unión Internacional de Telecomunicacións
|
|
|
Web of Science
- Ámbito temático: multidisciplinar
- Contido: referencias de artigos publicados en máis de 9.300 publicacións internacionais, detallando os documentos que son citados en cada artigo. Divídese en tres eidos:
- Science Citation Index Expanded: dende 1900, ofrece acceso a aproximadamente 6.125 revistas.
- Social Sciences Citation Index: dende 1956, ofrece acceso a unhas 1.810 revistas no campo das Ciencias Sociais.
- Arts and Humanities Citation Index: dende 1975, ofrece acceso a unhas 1.130 revistas no campo das letras e das artes.
- Produtor: Clarivate Analytics (antes Thomson Reuters)
- Lingua de consulta: inglés
- Máis guías e/ou titoriais: guía básica de uso e recursos de aprendizaxe
|
|
|
zbMATH Open
- Ámbito temático: Matemáticas puras e aplicadas ás ciencias naturais, informática, economía e enxeñaría. Tamen cobre a historia e a filosofía das matemática e a educación universitaria.
- Contido: referencias bibliográficas con resumo de artigos e recensións procedentes de case 3.000 revistas e series de libros e 190.000 monografías. Permite recuperar as citas dun autor.
- Produtor: FIZ Karlsruhe); Editores : European Mathematical Society (EMS), The Heidelberg Academy of Sciences and Humanities, and FIZ Karlsruhe.
- Lingua de consulta: inglés
|