Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
.

Axuda para a formalización da solicitude de avaliación da calidade investigadora á CNEAI

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN
6 de decembro de 2016 ao 17 de xaneiro de 2017
Ruta de acceso web
  1. Sede electrónica
  2. Trámites e Servizos
  3. Para profesorado, investigadores e titulados universitarios
  4. Profesorado de enseñanzas universitarias, investigadores e con titulación universitaria
  5. Convocatoria Sexenios Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora (Convocatoria 2016)
  6. Formulario de solicitude e consulta de solicitudes
  7. Iniciar nova/Modificar solicitude

Para participar neste trámite cómpre estar rexistrado na sede electrónica do Ministerio de Educación con DNI ou NIE.


Hai diferentes posibilidades:

  • Usuario rexistrado en Cl@ve.
  • Usuario con certificado dixital: deberá acceder a través de Cl@ve onde se poderá autenticar.
  • Usuario rexistrado (accederá co DNI e contrasinal).
  • Usuario non rexistrado. Pulse o botón "Rexistrarse" e siga as instrucións.
  • Incidencias: usuario rexistrado con anterioridade, pero con problemas de acceso. Pulse o botón "Axuda" e siga as instrucións.




A primeira vez que accedamos deberemos premer en “Nueva solicitud” e ir introducindo os datos solicitados no formulario. Só se permitirá xerar unha solicitude por participante.

Na pantalla inicial veremos a nosa listaxe de solicitudes (neste caso unha soa), e nos informará do seu estado actual e as diferentes accións que podemos realizar sobre ela. Estas accións irán cambiando en función do estado da solicitude.


 

A solicitude créase co estado “En borrador”, o que implica que podemos modificala cantas veces queiramos e en periodos temporales diferentes. De feito a sesión expira a miúdo, polo que cómpre gardar os cambios con frecuencia para non perder os datos.

 

 

Índice da solicitude
A maneira máis sinxela de coñecer o contido da nosa solicitude é mediante o índice situado na parte superior esquerda da páxina.

Datos do solicitante 1

 

Os campos obrigatorios están marcados con asteriscos, se falta algún campo ou hai erros, o sistema lanzará unha advertencia para corrixilo:

  • Se hai erros, implica que os datos introducidos non son correctos, ben pola súa propia definición ou en relación con outros campos. Neste caso non permite gardar, nin navegar ata que se solucione o problema. Aparecen sobre un fondo rosado.
  • Tamén poden aparecer mensaxes (sobre un fondo amarelo), indicando que certos datos son obrigatorios para confirmar a solicitude, pero permítennos gardar e navegar.

 
Datos do solicitante 2
Tramo de avaliación único
Tramos de avaliación normal

Poderanse incorporar ata 5 tramos de avaliación normal ou ordinaria.

As validacións entre tramos refírense sempre aos anos comprendidos en cada un. Deben completarse os tramos en orde cronolóxica, por iso non se permite incorporar un novo tramo ata que non se cumprimentou o primeiro e último ano do tramo anterior.

Ao incorporar un novo tramo indícase en que páxina se creou.

É necesario incorporar, polo menos, un tramo de avaliación con polo menos unha aportación.



Sinatura
Confirmación e presentación da solicitude

Una vez completada a solicitude, debemos empregar a opción Confirmar. Se todo é correcto a solicitude se confirma, o que supón o seu bloqueo e imposibilidade de modificación. Podemos observar o código asignado á nosa solicitude, que será único e invariable durante toda a tramitación, e as posibilidades de que dispoñemos para rexistrala:

  • Electrónicamente mediante certificado electrónico (DNIe, FNMT, …)
  • No impreso oficial remitido á dirección que aparece ao pé do impreso, utilizando calquera das formas recollidas no artigo 16.4 da Ley 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Incidencias
  1. Pode ocorrer que unha vez confirmada a solicitude e dentro do prazo de presentación, se desexe cambiar algún dato, nese caso deberá solicitar o desbloqueo da súa solicitude aos xestores da CNEAI mediante a axuda para tramitar.
  2. Outra incidencia posible á hora de confirmar a solicitude é que se produza un erro ao tentar xerar o ficheiro XML no que se almacena toda a información. Isto é debido a que ao utilizar o mecanismo de cortar e pegar información doutras fontes, xeralmente pdfs ou a web, incorpóranse caracteres que presentan conflito coa xeración do devandito xml. Consultando o detalle técnico do erro, dános unha indicación de cal é o texto que presenta problemas. Xeralmente pertence aos campos resumo ou indicios de calidade. Se borramos eses caracteres e os volvemos escribir, solucionaráse o devandito erro.