Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
PreLo
PreLo : Préstamo de Libros Online
Que é PreLo
PreLo é unha plataforma de préstamo de libros electrónicos mercados ou subscritos pola USC aos seus usuarios.

Prelo dá información dos libros electrónicos dispoñibles é posibilita a súa lectura en liña e/ou a súa obtención en préstamo, sempre previa identificación do usuario a través do Servizo de Identificación Centralizado da USC

A lectura pode realizarse dende calquera tipo de ordenador, tableta, teléfonos intelixentes e dispositivos de pantalla con acceso a Internet. Pode facerse en liña ou sen conexión a Internet (descargando previamente o libro), mediante as aplicación comúns para a lectura de documentos en formato PDF e EPUB. 
Acceso a PreLo
Que é o préstamo dixital? - Condicións
O sistema de préstamo é semellante ao que se utiliza cos libros impresos nas bibliotecas: o préstamo dun título implica que ese exemplar figurará como prestado e que non poderá prestarse a outro usuario ata que sexa devolto ou finalice o prazo do préstamo.

As condicións do préstamo e lectura son as seguintes:
  • 2 libros en préstamo durante 15 días
  • 1 renovación sobre cada libro
  • 2 reservas sobre libros prestados
Como consultar os libros
Id de Adobe
  • O Id de Adobe é necesario para a lectura sen conexión ou en dispositivos móbiles ou e-readers
  • Para obtelo é necesario crear unha conta en Adobe: http://www.adobe.com/es/

AVISO

Teña en conta que ao crear unha conta en Adobe, está proporcionando os seus datos a unha empresa allea á Universidade de Santiago de Compostela, polo que esta non se fai responsable da utilización que Adobe faga deles. 

Para consultar a política de privacidade de Adobe, faga clic nesta ligazón
 
Lectura en liña
1. Identifíquese en PreLo a través do Servizo de Identificación Centralizado da USC



2. Busque e seleccione os libros que desexe consultar:



3. En cada libro pode consultar o número de exemplares dispoñibles para o préstamo



4. Seleccione o libro electrónico mediante a opción Prestar

Prelo - Prestar

5. Escolla a opción LER no menú A SÚA CONTA - EXEMPLARES PRESTADOS

A súa conta        





6. O libro ábrese no navegador para a súa lectura en liña.

Lectura en liña





 
Lectura sen conexión
  • O préstamo en PreLo permite a lectura sen conexión aínda que a primeira descarga debe facerse estando conectado a Internet.
  • É necesario crear unha conta en Adobe para poder ler os libros co DRM. O DRM é o sistema empregado polos editores para protexer as obras de copias non autorizadas.
  • A primeira vez que se desexe ler un libro sen conexión hai que seguir estes pasos:

1. Cree unha conta en Adobe en http://www.adobe.com/es

Crear unha conta en Adobe

2. Escolla un programa de lectura que funcione co DRM de Adobe. Para ordenadores recoméndase Adobe Digital Editions

3. Descargue e instale Adobe Digital Editions







4. Configure Adobe Digital Editions coa súa conta de Adobe





5. Escolla a opción DESCARGAR no menú A SÚA CONTA - EXEMPLARES PRESTADOS



6. Descárgase un arquivo coa extensión acsm que hai que abrir con Adobe Digital Editions. O libro inclúese na biblioteca de ADE e xa pode lerse.



Adobe Digital Editions pode ser utilizado para a lectura de calquera libro electrónico protexido co DRM de Adobe, prestados dende  PreLo ou dende cualquera outro servizo de préstamo dixital. ADE tamén é útil para para ler libros electrónicos sen DRM.
Lectura nun dispositivo móbil
  • PreLo está deseñado para a súa adaptación ao tamaño das pantallas das tabletas e teléfonos.
  • A lectura en liña pode facerse seguindo os mesmos pasos explicados anteriormente.
  • A lectura fóra de liña require a descarga de aplicacións específicas e configurar a conta de Adobe.
  • Os programas recomendados para a lectura sen conexión dende dispositivos móbiles son Aldiko (Android) e Bluefire Reader (Android, iOS: iPad, Iphone, iTouch).
  • O programa recomendado para iPad (iOS 7 ou posterior) é Adobe Digital Editions.
  • Se utiliza dispositivos con outros sistemas operativos consulte na súa tenda de aplicacións (apps de lectura compatibles co DRM de Adobe).
  • É necesario seguir as indicacións anteriores para a creación dunha conta Adobe ID necesaria para a lectura sen conexión.
  • As aplicacións seleccionadas serven para ler libros co DRM de Adobe e para cualquera ebook sen DRM.

​ 1. Escolla o programa que desexe empregar e descárgueo dende Google Play (Android) ou App Store (iOS).

2. Configure a aplicación para conectala coa conta de Adobe ID

    2.1.  Aldiko: Menú, Acerca de, Ajustes, Adobe DRM, Adobe ID



  2.2. Bluefire Reader: Menú, Información, Información general, Adobe Autorizar, ID Adobe




O resto dos pasos son os mesmos que para a lectura sen conexión no ordenador con ADE.
 
Lectura nun e-reader
1. Siga os mesmos pasos indicados para a lectura sen conexión

2. Abra o programa Adobe Digital Editions e conecte o seu dispositivo de lectura de libros electrónicos (e-reader) ao ordenador.

3. Adobe Digital Editions recoñecerá o e-reader e poderá gardar nel os libros que desexe ler sen conexión.


 
  • Os dispositivos de lectura (e-readers) conéctanse ao ordenador para cargar contidos.
  • A copia dos libros prestados dende PreLo debe ser realizada coa aplicación Adobe Digital Editions (ADE) aberta.
  • O programa ADE recoñecerá o seu dispositivo (BIBLIOTECA na imaxe) e poderá copiar nel os libros para a súa lectura con ou sen conexión a Internet, informándolle dos días vixentes dos préstamos.
  • A copia pode realizarse de forma simple, por exemplo arrastrando o libro electrónico ao cartafol ou dispositivo desexado.
  • Ao rematar o prazo de préstamo, o libro continuará no dispositivo coa indicación de que está caducado e no se poderá acceder ao mesmo, polo que é recomendable eliminalo do seu lector de ebooks.