Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
ORCID
ORCID
QUE É ORCID?
ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é una organización internacional sen ánimo de lucro que ofrece un sistema para crear un código de identificación inequívoca dos investigadores e un espazo onde rexistrar os seus traballos.

A finalidade deste identificador é asegurar a correcta identificación dos investigadores eliminando a posible confusión entre nomes iguais ou parecidos. Permite atribuír correctamente as publicacións aos autores e facilita as buscas e a avaliación da investigación.

O código ORCID, composto de 16 díxitos, exprésase como unha dirección URL única que permite a vinculación con outros sistemas de identificación de autores como ResearcherID, Author ID de Scopus, Dialnet, etc. para intercambiar e/ou importar as referencias de publicacións xa indexadas. 
REXISTRARSE
Calquera investigador pode darse de alta en ORCID individualmente de forma rápida e sinxela.

Entre na páxina web de ORCID: http://orcid.org

Na parte superior dereita pode seleccionar o idioma e, no apartado "Para investigadores", seleccionar a opción para rexistrarse e obter o código identificador.

Orcid

Cubra os datos que se solicitan no formulario

ORCID

Unha vez obtido o código vostede poderá editar todos os datos incluídos no seu perfil coa opción:    Editar

Só a información marcada como pública será visible para todo o mundo.

ORCID

 
Datos persoais
O rexistro ORCID inclúe os seguintes datos persoais: 

Nome publicado

ORCIDDebe introducir a forma preferida para a súa firma científica. En relación coa elección da firma normalizada recomendamos a consulta do seu nome no Catálogo de autores da BUSC









Variantes de nome

ORCIDÉ importante recoller todos os nomes adicionais e variantes da firma que poden figurar en diferentes sistemas de información para asegurar unha correcta identificación













Palabras chave

ORCIDPode engadir as palabras chave que definan as súas liñas de investigación










Sitios web

ORCIDPode engadir información sobre páxinas web persoais ou o seu perfil noutras bases de datos como Dialnet, Google Scholar, etc.












Biografía: pode engadir unha breve información biográfica para favorecer a identificación unívoca

ORCID

Datos de formación (“Educación”)

Pódense engadir as titulacións académicas seleccionando a institución onde se obtiveron e especificando titulación e datas. 

ORCID

Afiliación institucional (“Agregar empleo”)

Neste apartado pode indicar as diferentes institucións nas que traballa ou traballou. Debe seleccionar no despregable "Universidade de Santiago de Compostela" na forma máis sinxela para favorecer a normalización de todos os rexistros da USC. Engadir despois os datos dos Departamento, Instituto, etc. no lugar axeitado. Pode engadir máis dunha afiliación se estivo vencellado a outros organismos ou institucións

ORCID

ORCID
ENGADIR PUBLICACIÓNS
A incorporación de publicacións e traballos científicos pode facerse de forma manual ou de forma automática en caso de que estean incluídos en bases de datos como Scopus ou Web of Science. ORCID tamén permite importar referencias bibliográficas a través de ficheiros BibTex (ficheiros exportados de Google Scholar, Dialnet ou xestores de referencias bibliográficas)
IMPORTACIÓN AUTOMÁTICA
ORCID

A opción "Buscar y enlazar" permite seleccionar unha fonte entre os principais sistemas de información bibliográfica para importar rexistros : Scopus, ResearcherID, Europe PubMed Central, etc.

ORCID
Importar desde Scopus
Para permitir a conexión con Scopus é preciso conceder unha autorización. 

orcid

Unha vez autorizado o acceso realice unha busca polo nome do autor e complete o proceso cos seguintes pasos:

orcid
  1. Seleccione o perfil
  2. Elixa, dentro das variantes que se atopan en Scopus, o nome preferido para o perfil
  3. Revise e marque as publicacións que se desexa transferir a ORCID
  4. Revise os datos do perfil. Se realiza algunha modificación os cambios serán enviados a Scopus para su actualización
  5. Introduza o seu correo electrónico para enviar o AuthorID de Scopus a ORCID así quedará incluído no apartado "Outras ID" do perfil de ORCID.
  6. Confirme a lista de publicacións para enviar a ORCID

A lista de publicacións importadas aparecerán de forma inmediata no rexistro de ORCID. Por defecto están configuradas como privadas, para facelas visibles terá que marcalas como públicas coa opción “Todos”. É aconsellable que as obras sexan públicas para conseguir maior visibilidade. 

Importar desde ResearcherID
orcid

orcid

Para permitir a conexión con ResearcherID hai que conceder unha autorización

orcid

Unha vez en ResearcherID debe identificarse co seu correo electrónico e contrasinal

orcid

Despois de confirmar a conexión entre ResearcherID e ORCID

orcid

deberá decidir o tipo de información que desexa intercambiar xa que a transferencia de datos pode facerse nas dúas direccións. A diferencia de Scopus, ResearcherID permite tanto importar como exportar datos:
  • Datos do perfil: a firma preferida en ambos sistemas debe ser a mesma
  • Publicacións de ResearcherID a ORCID 8
  • Publicacións de ORCID a ResearcherID (é imprescindible que as publicacións en ORCID sexan públicas)

orcid

Na seguinte pantalla poderá seleccionar as publicacións que desexa enviar a ORCID

orcid

Para rematar deberá de novo autorizar o acceso desde ResearcherID a ORCID e o sistema informará sobre o éxito do envío. As referencias das súas publicacións quedan incorporadas ao seu rexistro en ORCID

orcid

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan  públicas para conseguir maior visibilidade. 

 
Importar desde Google Scholar
Na páxina de Google Scholar acceda á súa conta ou perfil premendo no botón "Mis citas"



Unha vez no seu perfil seleccione o/s artigo/s que desexa exportar e elixa BibTex entre as opcións para exportar que se ofrecen
importacion_google1

Despois de gardar no seu PC o ficheiro coa extensión .bib xerado desde Google Scholar deberá iniciar sesión en ORCID e no apartado "Obras" seleccionar a opción Agregar Trabajos-Enlace BibTex

importacion_google2



Na pantalla seguinte elixa "Seleccionar archivo", localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID

importacion_google3
Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción "Save all" para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID

importar_google4
Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.
importar_google5
Importar desde CrossRef

Dende o seu perfil de autor en ORCID, na sección "Obras" seleccione a opción "Buscar y enlazar" do apartado "Agregar Trabajos"

importar_crossref

Seleccione CrossRef Metadata Search entre as diferentes bases de datos

importar_crossref1

Para que a exportación de referencias sexa posible é necesario autorizar a conexión coa base de datos

importar_crossref2

CrossRef executa unha busca de publicacións en función dos datos que figuran no seu perfil de ORCID (variantes de nome, afiliación institucional) pero é moi posible que os  resultados inclúan traballos que non sexan propios. Refine a busca limitando os resultados por disciplina ou por publicación (revistas nas que vostede publicou). Finalmente seleccione o  traballo correspondente para que sexa engadido á lista de publicacións en ORCID

importar_crossref3
importar_crossref4

Se o  artigo  xa figura no  seu perfil de ORCID  (como  resultado  de importación manual ou procedente doutras bases de datos) CrossRef informará desta circunstancia
importar_crossref5

Unha vez incorporadas as referencias, é posible definir o nivel de privacidade e determinar quen pode visualizar cada un dos rexistros. O aconsellable é que as obras sexan públicas para mellorar a visibilidade.
importar_crossref6



 
Importar desde Dialnet
Acceda a Dialnet http://dialnet.unirioja.es/ e na pestaña Autores busque o seu nome

orcid

Seleccione os artigos que desexa importar e prema en Selección e na opción BibTex para obter un arquivo coas referencias seleccionadas. Se realiza a selección dende un ordenador externo á USC deberá estar rexistrado como usuario de Dialnet


orcid

Despois de gardar o ficheiro coa extensión .bib no seu PC deberá iniciar sesión en ORCID e seleccionar a opción Agregar Trabajos-Enlace BibTex

orcid


Na pantalla seguinte elixa "Seleccionar archivo", localice o ficheiro BibTex no seu PC e prema Abrir para envialo ao seu perfil de ORCID

orcid

Para finalizar debe gardar cada referencia de forma individual ou todas á vez coa opción "Save all" para incorporalas definitivamente no seu perfil de ORCID

orcid


 
IMPORTACIÓN MANUAL
orcid

Cumprimente os datos do formulario que aparece elixindo a opción "Enlazar manualmente". Ao finalizar prema en “Agregar a la lista” e garde os cambios.

orcid

A publicación quedará engadida no apartado “Obras”

orcid

 
UTILIZAR ORCID
Para asegurarse a súa correcta identificación dixital, inclúa o seu identificador ORCID en calquera fluxo de traballo de investigación:
  • nas solicitude de proxectos de investigación e outras convocatorias
  • no CV e na firma do correo electrónico
  • nas páxinas web persoais, redes sociais ou plataformas de tipo científico
  • no envío de traballos para a súa publicación, pósteres científicos, achegas a congresos, etc.
 
Facelo é moi doado, só temos que seguir os seguintes pasos:
  • iniciar sesión no seu rexistro Orcid e facer clic en “Mostrar su ID en otros sitios”
  • se queremos inserilo na nosa páxina web, copiamos e pegamos o código html

utilizar_orcid_1utlizar_orcid2utilizar_orcid3
  • se queremos inserilo na firma do correo electrónico, copiamos e pegamos a imaxe que aparece debaixo de preview

utilizar_orcid4

Tamén é posible obter unha versión do rexistro Orcid público para imprimila ou gardala, facendo clic en “Print  record print view “. 

utilizar_orcid5

utilizar_orcid6
 
DELEGAR NA BIBLIOTECA
Se desexa que a Biblioteca revise e actualice as publicacións que ten no seu perfil, ou incorpore toda a súa produción científica en ORCID, pode facelo vinculando a súa conta coa da Biblioteca.

A delegación de contas realízana os propios investigadores, é voluntaria e temporal, e non é preciso facilitar o seu contrasinal ORCID á Biblioteca

Como delegar a súa conta á biblioteca
 
1. Acceda ao portal ORCID (na dirección https://orcid.org/)
 
2. Entre na súa conta mediante as súas claves de acceso

pantalla_iniciosesion_orcid
3. Prema na opción Configuración da conta situada no menú superior
configuracion_conta_orcid

4. Localice a opción chamada Persoas de confianza, entre as opcións de configuración que se lle ofrecen. 
persoas_confianza_orcid
5. Utilice o buscador ingresando no cadro de busca a dirección de correo electrónico da persoa de confianza (Consulte a súa Biblioteca) 

buscador_usuarios_orcid

6. Prema en Agregar, no cadro emerxente, para  confirmar  a delegación da conta na persoa de confianza  

agregar_persoaconfianza_orcid

Como suprimir a delegación da súa conta

Unha vez rematado por parte da Biblioteca o traballo de revisión da súa conta ORCID, vostede poderá  anular a autorización delegada. Para iso, acceda á súa conta ORCID, prema na opción Configuración da conta situada no menú superior, localice no apartado Persoas de confianza o nome da Biblioteca vinculada e pulse a icona da papeleira.
 suprimir_delegacion_orcid