Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Guía de uso de Google Académico
Acerca de Google Académico

Que é Google Académico?

Google Académico permite buscar bibliografía especializada dun xeito sinxelo. Dende un único sitio podes realizar buscas nun gran número de disciplinas e fontes como, por exemplo, estudos revisados por especialistas, teses, libros, resumos e artigos procedentes de fontes como editoriais académicas, sociedades profesionais, repositorios, universidades, etc.

Características de Google Académico

  • Buscar en diversas fontes dende un único sitio
  • Atopar traballos académicos, artigos, autores, resumos e citas
  • Localizar o documento a texto completo a través da túa biblioteca ou na rede
  • Manterte ao día dos recentes desenvolvementos en calquera área de investigación
  • Comprobar quen está a citar as túas publicacións e crear un perfil de autor público.

Como se clasifican os artigos?

Google Académico ordea os resultados da túa busca por orde de relevancia, así, o mesmo que sucede coas buscas web en Google, as referencias máis útiles aparecen ao inicio da páxina. A tecnoloxía ranking de Google considera o texto completo de cada artigo, así como o autor, onde foi publicado e con que frecuencia cítase noutras fontes especializadas.
Cobertura

Que inclúe Google académico?

Artigos de revistas e conferencias, teses, libros académicos, pre-prints, resumos, informes técnicos e outra literatura académica de calquera área de investigación. Inclúe traballos dunha ampla variedade de editoriais académicas, sociedades profesionais e repositorios de universidades, así como artigos académicos dispoñibles en calquera parte da rede.

Inclúe editoriais como Pubmed, Jstor, Elsevier...?

Normalmente, si. Google académico indiza traballos, artigos e resumos de investigación da meirande parte dos máis importantes repositorios e editoriais académicas de todo o mundo. A mellor forma de comprobar a cobertura de Google académico dunha fonte específica é buscar un exemplo dun dos seus artigos.

Con que frecuencia se actualiza Google académico?

As actualizacións para novos contidos fanse varias veces á semana. As actualizacións para contidos xa existentes levan máis tempo (dende meses ata un ano) xa que teñen que volver a ser recollidos e indexados..
Configuración

Resultados da busca




 

Idiomas



 

Ligazóns da biblioteca ao texto completo


Busca

Busca por autor

Utiliza o operador "autor:", p.e.:
  • autor:"d kjuth"
  • autor:"donald e knuth"

Busca por título

Poñer o título entre comillas:
  • "A History of the China Sea"

Atopar artigos recentes

Os resultados da busca están, normalmente, ordeados por relevancia, non por data. Para atopar os artigos máis recentes, utilizar as seguintes opcións da barra lateral esquerda da páxina de resultados:



1.- picar en "Desde" para mostrar só os resultados publicados recentemente, ordeados por relevancia;





2.- picar en "Ordenar por fecha" para mostrar os novos resultados ordeados pola data;











3.- picar na icona do sobre (Crear alerta) para recibir periodicamente por correo electrónico os novos resultados. 





Localizar o texto completo dun artigo
Os resumos están dispoñibles gratuitamente para a maioría dos artigos. Aínda así, para acceder ao texto completo pode ser necesario ter unha subscrición. Tenta o seguinte para acceder: 

  1. pica nunha ligazón á biblioteca, p.e. "Texto completo na BUSC", á dereita do resultado;
  2. pica nunha ligazón etiquetada [PDF] á dereita do resultado;
  3. pica en "Las x versiones" baixo o resultado para examinar fontes alternativas;
  4. pica en "Artículos relacionados" ou "Citado por" baixo o resultado para explorar artigos semellantes.

Se pertences á USC e non ves as ligazóns "Texto completo na BUSC", por favor contacta coa biblioteca para ver cal é o mellor xeito de acceder ás subscricións en liña. Posiblemente sexa necesario facer as buscas dende un ordenador dentro do dominio usc.es ou configurar o navegador para utilizar o proxy.
Busca avanzada

Onde está a busca avanzada?


Pica na flecha que aparece á dereita da caixa de busca. Aparecerá a ventá da busca avanzada que permite buscar nos campos de autor, título, campos de publicación e limitar os resultados pola data.






 
Buscar en Google Académico