Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
GUÍA DE USO DE REFWORKS
RefWorks
Que é RefWorks

RefWorks é unha ferramenta que permite xestionar referencias bibliográficas en liña. Entre outras cousas, o usuario pode:

  • Crear unha base de datos persoal para almacenar referencias importadas doutras bases de datos (ScienceDirect, ProQuest, Google Scholar, catálogos de bibliotecas...) ou engadidas manualmente.
  • Clasificar as referencias almacenadas creando carpetas temáticas, por asignatura, proxecto...
  • Dar ás citas almacenadas o formato bibliográfico desexado (MLA, Vancouver, Chicago, APA, personalizado...) e exportalas a un documento de texto.
  • Anotar documentos e compartilos con outros usuarios
     
Como acceder a RefWorks

RefWorks está dispoñible gratuitamente para toda a comunidade universitaria.

Se vostede é novo usuario de RefWorks
Deberá  darse de alta na nova versión de RefWorks, para elo, acceda  a http://refworks.proquest.com , faga clic en crear conta, e introduza o seu enderezo de correo da USC.   A continuación recibirá un correo electrónico  de confirmación cun enlace  para completar  a alta na  plataforma.

Cando cree a súa conta de RefWorks debe facelo dende un ordenador pertencente ao dominio da USC. Só os usuarios que  dispoñan dunha conta de correo da USC poderán darse de ata en RefWorks.

Se vostede xa  ten conta en  RefWorks (versión antiga)
Pode seguir utilizando esta versión a través de  http://www.refworks.com/refworks, e pode  ter de forma simultánea unha conta no novo RefWorks dándose de alta na nova plataforma.
Se abre una nova conta no novo  RefWorks,  poderá  importar toda a información contida nas  súas carpetas a este novo produto

É importante que saiba que:
A versión antiga de RefWorks estará dispoñible únicamente ata finais 2018
Non hai sincronización entre RefWorks Clásico e o  Novo RefWorks: son contas separadas con diferentes accesos.
Para máis información sobre este novo produto ou sobre o proceso de importación pode dirixirse á sua biblioteca ou a bxinfor@usc.es


 

RefMobile (aplicación móbil)
RefMobile permite acceder ás súas referencias en RefWorks dende un dispositivo móbil. Proporciona funcionalidades específicas como:
  • Facer buscas dentro da súa conta de RefWorks
  • Ver as súas referencias e arquivos adxuntos (se o tipo de adxunto é soportado polo seu dispositivo móbil)
  • Ver referencias por carpetas
  • Engadir ou borrar referencias a/dende unha carpeta
  • Crear novas carpetas
  • Introducir novas referencias vía SmartAdd, que localiza referencias na web cando se introduce un ISBN, DOI, PubMed ID (PMID), primeiro autor e ano de publicación, ou título parcial
  • Engadir comentarios ou texto no campo Notes das referencias
 

Para acceder á súa conta de RefWorks, nova versión, utilizando RefMobile:
Escriba no navegador o seguinte enderezo: http://refworks.proquest.com e introduza o seu correo institucional e a contrasinal creada no momento de rexistrarse.


Para acceder á súa conta de RefWorks, antiga versión,  utilizando RefMobile:
Escriba no navegador o seguinte enderezo : http://www.refworks.com/mobile e introduza o seu Código de Grupo (Group Code), Nome de Usuario e Password.
Guías e titoriais