Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Dereitos de autor
O dereito de autor é o conxunto de normas que protexen xuridicamente aos autores polo feito da creación dunha obra. Os dereitos de autor son de dous tipos:
  • dereitos morais: irrenunciables e intransferibles, outorgan ao autor o dereito a ser recoñecido como tal
  • dereitos patrimoniais: son os dereitos de explotación da obra. Están aquí comprendidos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, que non poderán realizarse sen o permiso do autor. Non obstante, estes dereitos poden ser cedidos a terceiros; cando unha obra se publica os autores ceden parte ou a totalidade dos seus dereitos de explotación aos editores.
Os dereitos de explotación das obras depositadas en Minerva están protexidos a través dunha licenza Creative Commons.
Acceso aberto

Open access ou acceso aberto é aquel que permite o libre acceso aos recursos dixitais derivados da produción científica ou académica sen barreiras económicas ou restricións derivadas dos dereitos de copyright sobre os mesmos. Esta produción engloba non só artigos publicados en revistas, senón tamén  outro tipo de documentos como obxectos de aprendizaxe, imaxes, datos, documentos audiovisuais, etc. O accesso é online a través de Internet, e agás limitacións  tecnolóxicas e de conexión á rede do usuario non debería estar restrinxido por outro tipo de imposicións (Peter Suber, 2006).

Dúas vías:

  • Ruta dourada ou publicación en revistas open access
  • Ruta verde ou difusión a través de repositorios (temáticos, institucionais, etc.)
Comprobación dos permisos de autoarquivo
Antes de depositar un traballo en Minerva, hai que saber se se pode e en que condicións. Existen varias situacións:
  • No caso de traballos inéditos, non é necesario pedir ningún permiso para depositar en Minerva, xa que a persoa autora é a titular dos dereitos.
  • No caso de traballos xa publicados, existen varias posibilidades:
-A persoa autora mantén os dereitos de explotación sobre a súa obra, polo tanto, non é preciso solicitar permisos para o autoarquivo.
-Cesión non exclusiva ("licencias"). A persoa autora mantén a titularidade para facer uso da súa obra, polo tanto, pode depositar a obra en Minerva.
-Cesión exclusiva. A titularidade da obra foi transferida, polo tanto, é necesario comprobar os permisos de depósito e as condicións de autoarquivo das editoriais.
Máis información na sección "Copyright e autoarquivo das editoriais"
Conserva_dereitos_editoriais
 
Copyright e autoarquivo das editoriais
Antes de depositar un artigo nun repositorio, hai que comprobar se a editorial o permite, que versión (pre-print, post-print do/a autor/a, post-print da editorial) e en que condicións (embargos, modo de citar). Existen ferramentas de consulta en liña que recollen as políticas de copyright e autoarquivo das editoriais: Sherpa/Romeo, Dulcinea, Heloïse,...
Sherpa/Romeo       Revistas internacionais
Logo_dulcinea     Revistas españolas

Logo_Héloïse        Revistas francesas

Ademais destas fontes, as propias páxinas web dalgunhas editoriais ou revistas recollen esta información (“Authors”, “FAQ”, “Permissions”, “Policies” “Web posting guidelines” “Self-archiving").

Se non atopa información nas fontes citadas, solicite autorización expresa á editorial para depositar en Minerva con mención dos fins e usos para os que se solicita o permiso e se pemiten o depósito da obra baixo unha licenza CC.

Que é o embargo? É o período de tempo, determinado pola editorial, que debe transcurrir dende a publicación dunha obra e a súa difusión en aberto. Os prazos de embargo van xeralmente entre os 2 e os 48 meses. Minerva xestiona de forma automática os períodos de embargo, agotado o prazo de tempo establecido, o sistema libera o texto completo e permite o acceso público ao mesmo. 
Versións dos artigos científicos

En relación ás versións do ciclo de vida dos documentos, hai que dicir que a terminoloxía varía moito dependendo de quen a use. A comunidade open access fala de tres tipos de versións: preprint, postprint do autor e postprint da editora.

  • O preprint do texto é a primeira versión do artigo que se envía á editorial para a súa revisión
  • O postprint do/a autor/a é a versión final dos autores que inclúe os cambios propostos polas persoas revisoras e aprobado para a súa publicación
  • O postprint da editora (postprint editorial, pdf da editora, etc) é a versión final publicada pola editorial que inclúe a maquetación da editorial (logos, paxinación)
É moi importante que se conserven todas as versións do ciclo de vida dos documentos

Info_Rebiun_versións_artigos

 

Licenzas Creative Commons
CC_logo

Creative Commons é unha organización internacional sen ánimo de lucro que ofrece un sistema flexible de dereitos de autor. Dentro do marco legal vixente, permite ás persoas autoras a posibilidade de especificar as condicións baixo as que permiten a terceiras persoas usos das súas obras. 

As licenzas Creative Commons dispoñen de catro elementos básicos:
taboa_elementos_cc
Ao combinar estes catro elementos básicos obtemos as seis licenzas Creative Commons dispoñibles:

licencias_cc
Máis información en: 
http://es.creativecommons.org/blog/
https://creativecommons.org/license/?lang=gl

Minerva emprega como normativa legal de uso unha licenza Creative Commons. Con carácter xeral, todos os documentos depositados no repositorio institucional da USC, Minerva están por defecto baixo unha licenza Creative Commons do tipo “Recoñecemento-Non comercial-Compartir igual”.
CC BY-NC-SA
Sherpa/Romeo
Sherpa/Romeo
Comprobe se a revista internacional na que publicou un artigo permite tamén a súa publicación en aberto.
Dulcinea

Logo_dulcinea
Comprobe se a revista española na que publicou un artigo permite tamén a súa publicación en aberto.