Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Citas e referencias bibliográficas
Introdución

Para preparar calquera traballo é necesario que consultemos información xa dispoñible, xa publicada, é dicir, que o documentemos. Pero cando utilizamos esa información allea (un artigo, un libro, unha web, etc.) ao redactar o noso propio texto, tanto si incluímos frases literais coma se resumimos unha idea ou a parafraseamos, debemos declarar de onde a tomamos, é dicir, habemos de citar a fonte, a procedencia.

Hai que poñer polo tanto citas das fontes ao longo do texto, e tamén referencias dos traballos e bibliografía  a pé de páxina  ou ao final do documento.

Para facelo dun xeito coherente debemos utilizar un dos formatos ou estilos recoñecidos. Para iso pode axudarnos un xestor de referencias bibliográficas.


RefWorks é a aplicación recomendada pola Biblioteca da USC, pero hai outras de software libre: Mendeley, Zotero,..

Que son as citas e referencias bibliográficas
​Qué é  unha referencia bibliográfica?

É unha descrición sucinta e estruturada dun documento, neste caso, do documento citado. A referencia identifica de forma inequívoca o documento en cuestión e infórmanos dalgunhas das súas características fundamentais, por exemplo: autor, título, data, editorial, lugar, URL, páxinas, formato, etc.

               Ex: García Rubio, M. Paz.  1995. Alimentos entre cónyugues y entre convivientes de hecho. Madrid : Civitas

Como se fan as referencias

Qué é unha cita bibliográfica?

É a remisiónchamada ou vínculo que establecemos no noso texto ás ideas, frases ou documentos alleos. A cita é a técnica ou procedemento pola que enviamos ao lector á fonte de onde tomamos a información prestada. Na práctica, pode tratarse de números, asteriscos, notas, claves entre parénteses, calquera forma de remitir ao documento citado, con ou sen reprodución de fragmentos literales.

               Ex:  (García Rubio 1995)

Como se cita
Os xestores de referencias bibliográficas
Son ferramentas informáticas que permiten crearmanterorganizarcompartir e dar forma ás referencias bibliográficas de artigos de revista, libros ou outro tipo de documentos a partir de distintas fontes de información (bases de datos, revistas, páxinas web, etc.).

Igualmente crearán citas e bibliografías nos documentos de traballo cun formato normalizado (ISO 620, APA, MLA, Vancouver, etc.). 

RefWorks é a aplicación recomendada pola Biblioteca da USC, pero hai outras de software libreMendeleyZotero, etc.

Titoriais Refworks para aprender a usalo coas distintas bases de datos bibliográficas e catálogos.
Como facer bibliografías (referenciar)
Diferentes estilos
  • ISO 690  (Xenérica)
  • APA (Ciencias sociais)
  • Vancouver (Ciencias biomédicas)
  • MLA (Filoloxía)
  • IEEE (Enxeñarías, Tecnolóxicas)
  • Chicago (Humanidades)
  • ACS Style (Química e Física)
Existen diversos estilos para referenciar, para facer bibliografías, optar por un ou outro é unha decisión importante e para tomala debemos ter en conta :
  1. disciplina científica obxecto da investigación,
  2. as prescricións establecidas pola institución, entidade, revista onde se estuda, fai o traballo ou se publicará a obra.
En todo caso, no traballo debe mencionarse o estilo escollido e manterse sempre coherente durante o traballo.

 
Cadro cos estilos máis usados por disciplinas e acceso ás suas normas e exemplos de uso:
 

ISO 690

Multidisciplinar

Casos prácticos

APA

Ciencias Sociais

Casos prácticos

Vancouver

Ciencias Biomédicas

Casos prácticos

MLA

Lingüística, Filoloxía

Casos prácticos

ACS

Química

Casos prácticos

IEEE

Enxeñaría, Tecnoloxía

Casos prácticos

Harvard

Económicas. Ciencias sociais

Casos prácticos

Chicago

Económicas, humanidades

Casos prácticos

AIP

Física

Casos prácticos



Algúns exemplos coas diferenzas

As diferenzas entre un e outro estilo consisten en:
 
  • o uso de MAIÚSCULAS ou minúsculas no autor,
  • a posición do ano de publicación,
  • a puntuación e o uso de comillas no título,
  • a inclusión ou non da data de publicación.

Estilo ISO:
VILLARES PAZ, Ramón. “Variacións sobre a “Gallaecia” e a fronteira do Miño”. Grial : revista galega de cultura, vol. 53, n. 206 (2015), p. 12-19. ISSN 0017-4181

Estilo MLA:
Villares Paz, Ramón. “Variacións sobre a “Gallaecia” e a fronteira do Miño”. Grial : revista galega de cultura 53/206 (2015) : 12-19.

​Estilo APA:
Villares Paz, Ramón (2015). Variacións sobre a “Gallaecia” e a fronteira do Miño. Grial : revista galega de cultura, 53 (206),  12-19.
Citar lexislación e xurisprudencia
(Síguese a norma ISO 690:2010)


LEXISLACIÓN ESTATAL
Lei/Lei Orgánica
España. Ley Orgánica 1/2014, do 13 de marzo, de modificación da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do poder xudicial, relativa á xustiza universal . Boletín Oficial del Estado,  14 de marzo de 2014, Suplemento en lingua galega ao núm. 63, pp. 1-6
  •  Cita en texto:  (LOMPX  1/2014, do 13 de marzo)
  • Cita en texto de artigo concreto: (art.12 LOMPX  1/2014, do 13 de marzo)
  • Formato electrónico
España. Lei Orgánica 1/2014, do 13 de marzo, de modificación da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do  poder xudicial, relativa á xustiza universal .[Internet]  Boletín Oficial del Estado, 14 de marzo de 2014, Suplemento en lingua galega ao núm. 63, pp. 1-6  [consulta:  16 novembro  2015]. Dispoñible en : https://www.boe.es/boe_gallego/dias/2014/03/14/pdfs/BOE-A-2014-2709-G.pdf
 
Decreto/Real Decreto/Real Decreto Lei
España. Real Decreto-ley 1/2014, de 24 de enero, de reforma en materia de infraestructuras y transporte, y otras medidas económicas. Boletín Oficial del Estado, 25 de enero de 2014, núm. 22, pp.
 
  • Cita en texto: (RDL 1/2014, de 24 de enero)
  • Cita en texto de artigo concreto: (art. 57 RDL 1/2014, de 24 de enero)
 
Orde
España. Ministerio de Fomento. Orden FOM/534/2014,  de 20 de marzo, por la que se aprueba la norma 8.1-IC  señalización vertical de la Instrucción de Carreteras. Boletín Oficial del Estado, 5 de abril de 2014, núm. 83, pp.
 
LEXISLACIÓN GALEGA
(Precede ámbito territorial)
Lei
 
Galicia. Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015. Diario Oficial de Galicia, 30 de decembro de 2014, núm. 249, pp. 53228-53509 
  • Cita en texto : (LPCAG 11/2014, do 19 de decembro)
 
Regulamento
Galicia. Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 16 de xaneiro de 2015, núm. 10, pp. 2256-2289 
  • Cita en texto : (D  1/2015 da Consellería de medio mmbiente, do 15 de xaneiro)
              
Formato electrónico
Galicia. Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas. Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. [internet] Diario Oficial de Galicia, 16 de xaneiro de 2015, núm. 10, pp. 2256-2289. [consulta:  16-03-2015]. Dispoñible en :http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150116/AnuncioCA02-150115-0004_gl.pdf
 
LEXISLACIÓN COMUNITARIA
Tratado
Unión Europea. Tratado de la Unión Europea, firmado en Maastricht el 7 de febrero de 1992. Diario Oficial de la Unión Europea C 191, 29 de julio de 1992, pp. 1-110
  • Cita en texto: (TUE/1992)
Regulamento
Unión Europea. Reglamento (UE) n. 918/2011 de la Comisión, de 13 de septiembre de 2011, por el que se prohíbe la pesca de brótola en augas de la UE y aguas internacionales de las zonas VIII y IX por parte de los buques que enarbolan pabellón de un Estado miembro de la Unión Europea. Diario Oficial de la Unión Europea    L 238, 15 de septiembre de 2011, pp. 24-25     
  • Cita en texto: (R (UE) nº 918/2011 de la Comisión, de 13 de septiembre de 2011)
Decisión
Unión Europea. Decision No 940/2011/EU of the European Parliament and of the Council of 14 September 2011 on the European Year for Active Ageing and Solidarity between Generations (2012). Oficial Journal of the European Union L 246, 23 de septiembre de 2011, pp. 5-10.
  • Cita en texto: (Dec. no 940/2011/UE of the European Parliament and of the Council, de 14 de septiembre de 2011)
Recomendación
Unión Europea. Recomendación de la Comisión, de 20 de septiembre de 2011, sobre el procedimiento para la demostración del nivel de cumplimiento con los parámetros básicos de las especificacións técnicas de interoperabilidad por parte de las líneas ferroviarias existentes. Diario Oficial de la Unión Europea L 243, 21 de septiembre de 2011, pp. 23-31.
  • Cita en texto: (Rec. De la Comisión, de 20 de setembro de 2011)
 
Ditame
Unión Europea. Dictamen del Banco Central Europeo, de 7 de abril de 2011, sobre unha propuesta de reglamento por el que se establecen requisitos técnicos para las transferencias y los adeudos domiciliados en euros (CON/2011/32). Diario Oficial de la Unión Europea C155, 25 de mayo de 2011, pp. 1-9.
 
XURISPRUDENCIA
Tribunal Supremo
España. Tribunal Supremo (Sala de lo Penal, Sección 1ª). Sentencia num 10239/2014, de 3 de febrero de 2015
  • Cita en texto  (STS 10239/2014,  de 3 de febrero de 2015)
 
Tribunal Constitucional
España. Tribunal Constitucional (Pleno). Sentencia 31/2015, de 25 de febrero
 
  • Cita en texto (STC 31/2015, de 25 de febrero)
  • Formato electrónico
                1.- De Internet
                              España. Tribunal Constitucional (Pleno) [internet]. Sentencia 31/2015, de 25 de febrero. [Consulta:  16 de marzo de 2015]. Dispoñible en : http://hj.tribunalconstitucional.es/HJ/es/Resolucion/Show/24331
 
                  2.- De base de datos
                              España. Tribunal Constitucional (Pleno) [versión electrónica – base de datos Tirant on line]. Sentencia 31/2015, de 25 de febrero, núm de recurso 5829/2014 [consulta:  16 de marzo de 2015]
 
 
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia     
Galicia. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Civil e Penal). Sentencia num 7064/2015 de 6 outubro.
 
  • Cita en texto (STSXG 7064/2015 de 6 outubro)
Tribunal de Justicia de la Unión Europea
Tribunal de Justicia de la Unión Europea. Caso Orifarm y otros (C-400/09). Sentencia de 28 julio 2011. Recopilación de la Jurisprudencia 2011 I-07063.
  • Cita en texto: (STJUE, 28 julio 2011)
Como citar no texto
6 cousas a ter en conta
 
1  Se a autora ou o autor forman parte ou non da túa frase:
Algúns autores destacan a resistencia da universidade ao cambio (Sorensen 2003);… pola contra, Tapia Jiménez (2007) sostén que as institucións de ensino superior son…

2  Se inclúes un texto literal e xa que logo debes citar a páxina:
“As universidades cambiaron ao ritmo dos tempos” conclúe Sánchez Gil (1999, p. 140) no seu estudo.

3  Se hai máis ou menos autores, etc. 
Neste traballo seguimos o método de aproximacións sucesivas (Lexner, Kichner e Johnson 2009).
Maxwell et a o. (2008, p.80) manteñen que “A educación superior é polo xeral bastante elevada”, así que…
 
4 Se unha mesma cita hai máis dunha referencia escríbense totas separadas por un punto e coma: 
…van estudar a semántica das regras de integridade temporal (Sistac 1994; Martin 2000)
 
5 Se a obra se referencia na bibliografía encabezada polo título, será éste de xeito abreviado o que figure na cita. 
…ao longo daqueles anos estudados (Catalogue of courses on Nuclear Energy, 1961).
 
 e 6
Tamén podes numerar o que queiras citar e poñer a referencia a pé de páxina ou ao final do documento.
 
Para ver como se cita nos distintos estilos podes visitar a páxina da Universidad de la Laguna
 
Como ordenar as referencias bibliográficas
As referencias da bibliografía utilizadas para facer o traballo ordénanse alfabeticamente. Colócanse, normalmente, ao final do traballo, despois dos anexos.

Pero tamén podes numeralas e ligar as citas que fuches colocando ao longo do textocoas referencias bibliográficas.
 

Ligar a cita á referencia bibliográfica

Pódelo facelo de dous xeitos:

 

1.-  Numeración única:

​Ordenamos as referencias bibliográficas por orde alfabética e dámoslle unha numeración consecutiva. As citas no texto terán así a numeración da referencia á que queremos ligalas. Poderán, por tanto, aparecer numeracións repetidas se citamos unha mesma referencia varias veces.
__________________
Exemplo:
 
Ademais desta diferenza básica cos sistemas naturais, o sistema agrario ten Outros  (4):
….
“Estas diferenzas son máis evidentes para os sistemas agrícolas convencionais e non obstante non o son para a maioría dos sistemas agrícolas tradicionais que incorporan mecanismos de manexo de cultivos reciclado de materiais orgánicos, conservación de solos e auga e mantemento da biodiversidade de xeito semellante ós sistemas naturais que os rodean”. (4)
Tamén é imprescindible dicir que a investigación con agroecosistema, case por definición, ten que ser feita en finca de agricultores, xa que “é imposible duplicar nun campo experimental os solos, malezas, insectos e organismos do agroecosistema” (8).
En xeral un ciclo de nutrientes ideal debe caracterizarse pola presenza de nutrientes de xeito “dispoñible e sincronizada de acordo coas necesidades do cultivo, unha baixa cantidade de nutrientes de forma soluble en épocas de lixiviación e pola provisión biolóxica de nutrientes mediante a acción de organismos específicos como fixadores de N2 e micorrizas”. (4)
 
4. Altieri, M . Manejo y diseño de sistemas agrícolas sustentables . Madrid : Ministerio de Agricultura, 1995
8. Hart, Robert D . Agroecosistemas, conceptos básicos . Turrialba (Costa Rica) : Centro Agronómico Tropical de Investigación y Enseñanza, 1985
14. Ogum, Eugene P.  Ecologia. México : Interamericana, 1972
 __________________
 
2.- Numeración continuada

A diferenza do sistema de numeración única, as distintas citas dun mesmo recurso reciben números diferentes, segundo a orde na que aparecen no texto. As referencias poden así ser de recursos citados anteriormente.

A bibliografia resultante aparece ordenada numericamente segundo a orde de aparición no texto das citas correspondentes (independentmente de se estas son do mesmo recurso ou non).
 
___________________
Exemplo:
Ademais desta diferenza básica cos sistemas naturais, o sistema agrario ten Outros (4):
….
“Estas diferenzas son máis evidentes para os sistemas agrícolas convencionais e non obstante non o son para a maioría dos sistemas agrícolas tradicionais que incorporan mecanismos de manexo de cultivos reciclado de materiais orgánicos, conservación de solos e auga e mantemento da biodiversidade de xeito semellante ós sistemas naturais que os rodean”. (5)
Tamén é imprescindible dicir que a investigación con agroecosistema, case por definición, ten que ser feita en finca de agricultores, xa que “é imposible duplicar nun campo experimental os solos, malezas, insectos e organismos do agroecosistema” (6).
En xeral un ciclo de nutrientes ideal debe caracterizarse pola presenza de nutrientes de xeito “dispoñible e sincronizada de acordo coas necesidades do cultivo, unha baixa cantidade de nutrientes de forma soluble en épocas de lixiviación e pola provisión biolóxica de nutrientes mediante a acción de organismos específicos como fixadores de N2 e micorrizas”. (7)

4. Ogum, Eugene P.  Ecologia. México : Interamericana, 1972
5. Altieri, M . Manejo y diseño de sistemas agrícolas sustentables . Madrid : Ministerio de Agricultura, 1995
6.  Hart, Robert D . Agroecosistemas, conceptos básicos . Turrialba (Costa Rica) : Centro Agronómico Tropical de Investigación y Enseñanza, 1985
7. Altieri, M.  Ref. 4