Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
.

CURSO BÁSICO DE FORMACION EN COMPETENCIAS EN INFORMACIÓN

INFORMACIÓN XERAL
  • Dirixido ao alumnado de primeiros cursos de grao
  • O curso desenvolvese a través do Campus Virtual da USC.
  • A súa duración é de 4 semanas, cunha inversión en tempo do alumno de entre 25 e 30 horas, dependendo das habilidades previas e da dificultade que lle supoña a comprensión dos temas e a realización dos exercicios e/ou tarefas de avaliación.
  • A formación organízase en dez módulos, cos contidos teóricos e as tarefas correspondentes, de carácter obrigatorio.
  • Inclúe unha visita obrigatoria á Biblioteca da Facultade a realizar ao comezo do curso.
COMPETENCIAS

A UE integra as CI dentro da Competencia Dixital , e define esta como unha das oito competencias chave que todo estudante debe ter adquirido ao rematar a súa formación académica.

O alumnado asume que saber xestionar información é unha práctica transversal que debe completar o seu proceso de formación na universidade, práctica que lle facilita o estudo, axúdalle a investigar, e a realizar traballos académicos cunha metodoloxía científica.

O documento europeo DIGCOMP establece 21 Competencias Dixitais, repartidas en 5 Áreas:

ÁREA 1: Información e tratamento de datos

C1. Navegación, procura e filtrado de información, datos e contidos dixitais

C2. Avaliación de información, datos e contidos dixitais

C3. Xestión de información, datos e contidos dixitais

ÁREA 2: Comunicación e colaboración

C4. Interacción mediante tecnoloxías dixitaisç

C5. Compartir mediante tecnoloxías dixitais

C6. Participación social mediante tecnoloxías dixitais

C7. Colaboración mediante tecnoloxías dixitais

C8. Netiqueta

C9. Xestión da identidade dixital

ÁREA 3: Creación de contido dixital

C10. Desenvolvemento de contidos dixitais

C11. Integración e reestruturación de contido dixital

C12. Dereitos de autor e licenzas

C13. Configuración e personalización de aplicacións e programas informáticos

ÁREA 4: Seguridade

C14. Protección de dispositivos

C15. Protección de datos persoais e privacidade

C16. Protección da saúde e o benestar

C17. Protección da contorna

ÁREA 5: Resolución de problemas

C18. Resolución de problemas técnicos

C19. Identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas

C20. Usar a tecnoloxía dixital de forma creativa

C21. Identificación de lagoas na competencia dixital

OBXECTIVOS

1. Ser capaz de recoñecer a importancia que ten a adquisición de competencias dixitais e xestionar o tempo de estudio e traballo.

2. Coñecer os recursos de información e servizos da Biblioteca Universitaria a través da súa web, e os recursos TIC que a USC pon a disposición do alumnado.

3. Ser quen de identificar a súa necesidade de información e elaborar unha estratexia de busca adecuada. Localizar información pertinente no catálogo da BUSC, bases de datos e na Internet. Avaliar correctamente a información atopada.

4. Avaliar a utilidade dos recursos atopados na Rede. Almacenar e organizar a información para empregala posteriormente.

5. Ser capaz de aplicar unha metodoloxía científica básica na elaboración dun traballo académico e comprender a importancia de facer un uso responsable, ético e legal da información que utiliza, citando e redactando as referencias bibliográficas. Coñecer, a nivel básico, os dereitos de autor e as licenzas. Entender o que é o acceso aberto á información.

6. Saber empregar ferramentas básicas para editar contidos dixitais, presentar traballos académicos, e almacenar e compartir contidos na nube.

7. Ser quen de protexer a súa identidade dixital e os recursos informáticos que utiliza. Saber utilizar a tecnoloxía dixital de forma creativa, e resolver problemas técnicos sinxelos.

CONTIDOS

Os contidos distribúense en 10 módulos, que se axustan aos obxectivos propostos e competencias de acordo a un nivel básico:

0. Antes de empezar. Desenvolvemento do curso. As CI.

1. Coñecendo a Biblioteca e os recursos TIC da USC

2. A estratexia de busca de información

3. Buscar no catálogo

4. Buscar na web da BUSC

5. Buscar en internet

6. Como facer un traballo académico

7. Usar a información evitando o plaxio. As citas

8. Traballando na rede

9. Identidade dixital e Seguridade informática

METODOLOXÍA

Desenvolvemento do curso virtual: 4 semanas de duración, e un traballo aproximado do alumno/a de entre 25-30 horas:

  • Lectura do contido teórico dos dez módulos
  • Realización dos exercicios e/ou tarefas obrigatorias
  • Actividades iniciais: unha enquisa inicial, con fins estatísticos, e un test de diagnose sobre os coñecementos previos que ten o alumnado, antes de comezar o curso.
  • Enquisas de satisfacción enviadas aos participantes no curso: alumnado, profesorado colaborador e aos formadores/titores.
  • Participación nos foros, como ferramenta para a titorización e a motivación das competencias sociais do alumnado.
MATERIAIS
  • Contidos teóricos (material textual, audiovisual, infografías …)
  • Titoriais e guías de axuda.
  • Material de apoio (recursos da Biblioteca: libros, bases de datos, etc.)
  • Ligazóns de interese.
  • Bibliografía.
RECURSOS TECNOLÓXICOS E HUMANOS
  • Plataforma de aprendizaxe Moodle (Campus virtual da USC).
  • Ferramentas de comunicación: mensaxería e Foros.
    • O foro, un instrumento moi útil para o intercambio de información entre os participantes no curso, será o medio principal para comunicarse co profesorado/formador.
    • Establécese un Taboleiro de novas para avisos e incidencias no desenvolvemento do curso por parte do profesorado.
    • Outro Foro de dúbidas e suxestións para facer consultas aos profesores titores. Calquera intervención será respondida nun prazo máximo de 48 horas, tendo en conta que as fins de semana e días festivos non son lectivos.
    • E un Foro temático, incluído no módulo 7, que se inicia co plaxio na publicación científica como tema de debate. As intervencións son obrigatorias e serán tidas en conta na avaliación final do curso.
    • A mensaxería reservase para aqueles casos nos que deba salvagardarse a privacidade do alumnado.
  • Titorización por parte do persoal da biblioteca e do profesorado colaborador.
  • Apoio técnico do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) e da ATIC.
AVALIACIÓN DO CURSO

A cualificación final será: “apto”ou“non apto”. Para acadar o apto será necesario acadar un mínimo de 5 na nota final do curso tendo en conta que as cualificacións dos exercicios poderán estar ponderadas segundo a súa dificultade ou nivel de esixencia.
 

Acreditación da superación do Curso


Unha vez rematado o curso farase pública -a través da Aula virtual do curso-, a listaxe provisoria de alumnado apto e non apto, xunto coa causa que motive, de ser o caso, a non superación do curso (suspenso ou abandono). O alumnado disporá dun prazo de 7 días naturais para formular as alegacións oportunas. Transcorrido ese prazo, a listaxe elevarase a definitiva, incorporando as modificacións que corresponda.

No caso de que este curso estea vinculado a unha materia de Grao, a listaxe definitiva será remitida ao profesorado da devandita materia, para ser tido en conta na súa avaliación.

A cualificación final do curso será integrada no expediente do alumnado durante o período oficial de apertura de actas da USC.

O alumnado considerado apto poderá solicitar, en caso de ser necesario, unha certificación provisional expedida pola biblioteca no momento, e/ou un diploma emitido -posteriormente- polo Centro de Tecnoloxías para Aprendizaxe (CETA) que acredite a superación deste curso de formación. Ambos documentos deberán ser solicitados na biblioteca do seu centro.

A USC recoñece esta actividade con 1 crédito ECTS, pero a súa imputación non é automática, senón que deberá ser solicitado pola persoa interesada a través da UXA. Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de competencias en información que non sexa o propio da súa titulación.