Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Recursos electrónicos
ABCDEFGHIJLMNOPRSTUWZ0-9Todas

Acta Sanctorum Database
  • Acta Sanctorum é unha colección de documentos que proporciona información sobre as sociedades e culturas da época cristiá e a Europa medieval. Examina a vida dos santos de acordo ao calendario eclesiástico (día conmemorativo de cada santo).
  • Publícase dende hai 300 anos pola Société des Bollandistes
  • Recolle os detalles da vida doméstica e pública dende principios da era cristiá ata o fin do século XVI.
  • ​Proporciona acceso a texto completo a os 68 volumes impresos, incluíndo os números de referencia da Bibliotheca Hagiographica Latina, que usaban os eruditos para identificar os textos haxiográficos.
  • Trátase de edicións críticas, con comentarios nos documentos fonte. Inclúe o Posthuma de Vitae, de Passiones, de Miracula, de Translationes,de Gloria, inscricións, etc.
  • A maior parte dos textos atópanse en latín, aínda que tamén os hai en árabe, copto, etíope, armenio, xeorxiano, eslavo e céltico. A fonte da base de datos é a edición orixinal, publicada en Amberes e Bruxelas.

AENORmás. Normas UNE
Proporciona acceso vía web ao texto completo de todas as normas UNE vixentes elaboradas e adoptadas por AENOR:
  • Normas UNE
  • UNE-EN
  • UNE-ENV
  • UNE-HD
  • UNE-CR
  • UNE-ENISO
  • UNE-EN ISO/IEC
  • UNE-ETS
  • UNE-TBR
  • UNE-ECISS-IC.
​Tamén ofrece a referencia das normas anuladas e substituidas aínda que non da acceso ao texto completo.
Agris
Sistema internacional de información para as ciencias agrarias e tecnolóxicas.

Creado pola FAO, AGRIS cubre amplos aspectos da agricultura, incluíndo silvicultura, agricultura animal, ciencias da auga, industrias pesqueiras e nutrición humana, da produción científica dos países membros. Inclúe material único non publicado, informes técnicos, teses, conferencias, publicacións gobernamentais, etcétera.

​Da acceso ao tesauro Agrovoc.
Alternativa Press Index

Alternativa Press Index é  unha base de datos de revistas, xornais, e artigos de prensa alternativa de cobertura internacional  e interdisciplinaria. Se actualiza trimestralmente.

      


Asfa - Aquatic Sciences & Fisheries Abstracts
Base de datos internacional que recolle artigos, monografías, actas de congresos, teses, e literatura gris relacionadas coas ciencias mariñas, acuicultura e oceanografía.

 
Banco de Datos ASP/JDS
O Banco de Datos ASP/JDS é  un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade.  Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:
  • Los Estudios de Valores
  • Colección Inmigrantes
  • Latinobarómetro
  • Sondeo 'La Opinión Pública de los Españoles' (ASEP, España)
  • Afrobarómetro
  • CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
  • Barómetro de Asia Oriental
  • Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
  • Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
  • Globalbarómetro
  • Barómetro del Real Instituto Elcano
  • International Social Survey Program (ISSP)

Bibliografía Nacional Española
Base de datos de rexistros bibliográficos de libros, publicacións periódicas, mapas e música impresa ingresados por Depósito Legal na Biblioteca Nacional Española
Biblioteca Cochrane Plus
A Biblioteca Cochrane é a tradución ao castelán da Cochrane Library. Contén información sobre ensaios clínicos e medicina baseada na evidencia.
 
Biblioteca virtual E-Excellence
Biblioteca virtual E-Excellence, proporciona acceso a publicacións e artigos no eido das humanidades.

Unha vez seleccionado o artigo, o usuario pode recibilo no seu correo electrónico, para elo debe introducir o seu enderezo electrónico, deixar en branco a caixa "Clave" e premer a caixa “Abonado”.

​O enderezo pode ser de dun domonio diferente ó da USC, pero a solicitude debe facerse sempre dende unha IP da Universidade
Book History Online (BHO)
Book History Online (BHO) é unha bibliografía no eido da historia do libro e das bibliotecas.

Inclúe monografías, artigos e reseñas que tratan sobre a historia do libro impreso, o seu aspecto artístico e artesán, a súa técnica e ferramentas, o seu entorno económico, social e cultural, e a súa producción, distribución, conservación e descrición.

​É a continuación online de Annual Bbibliography of the History of the Printed Book and Libraries (ABHB)
Brepolis
Brepolis é o sitio dos proxectos en liña de Brepols Publishers. Da acceso a:
 

Brepolis Free-Standing Databases:

  • In Principio
  • Vetus Latina

Brepolis Latin:

  • Archive of Celitic-Latin Literature
  • Aristoteles Latinus Database
  • Monumenta Germaniae Historica
  • Cross Database Searchtool
  • Library of Latin Texts - Series A e B
Brepolis Medieval:
  • International Medieval Bibliography
  • Bibliographie de civilisation médiévale
  • International Directory of Medievalists
Brepolis Religious Studies:
  • Revue d'histoire ecclésiastique - bibliographie
  • Dictionnaire d'histoire et de géographie ecclésiastiques
  

    
Business Source Premier

Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.

  

Versión móbil
bX Hot Articles
​bX Hot Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos móbiles oTOP-TEN dos artigos académicos nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e todos os campos académicos máis relevantes.
O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores de todo mundo.
bX Hot Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilitará a exploración científica permitindo:
  • Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
  • Chegar ao texto completo en formato electrónico (sempre que estea dispoñible e sempre que sexa dende o dominio usc.es ou a través do proxy).
  • Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
  • Recibir unha notificación cada vez que a lista se actualiza.
Versión móbil
CINAHL
Base de datos da área da enfermería, biomedicina, medicina alternativa, ciencias da saúde e disciplinas afins.

Indexa revistas, máis da metade a texto completo, libros, teses, conferencias e material audiovisual. O material textual inclúe casos legais, innovacións clínicas, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos.

Ofrece publicacións da National League for Nursing e da American Nurses Association, entre os que destacan algúns títulos como AANA Journal, California Hospitals, Gastroenterology Nursing, Maternal and Child Health Journal, Paediatric Nursing, Parents, etc.

 

Versión móbil
Communication & Mass Media Complete (CMMC)

Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo indexación e resúmos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos  relacionados .
 

      


CSIC
As  bases de datos bibliográficas do CSIC dan acceso á producción científica publicada en España dende os anos 70.
  • ICYT: contén referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España dende 1979.
  • IME: contén as referencias bibliográficas dos artigos publicados en revistas españolas sobre biomedicina dende 1971.
  • ISOC: contén referencias de artigos de revistas, monografías, informes técnicos, actas de congresos, etc. publicadas en España sobre ciencias sociais e humanidades.
  • DATRI: contén referencias de Transferencia de Resultados de Investigación da Rede OTRI/OTT e a oferta científica e tecnolóxica das entidades incluidas nela.
  • CIRBICL: é o catálogo colectivo de libros das Bibliotecas do CSIC.
  • CIRBICR: é o catálogo colectivo de revistas do CSIC. 

D.O.G. - Diario Oficial de Galicia
Edición en liña do Diario Oficial de Galicia
 
DIALNET
DIALNET é unha base de datos de acceso libre, froito dun proxecto cooperativo entre diversas universidades españolas e liderado pola Universidade de la Rioja.

Recolle os índices de gran parte das revistas científicas e humanísticas de España e Latinoamérica, incluindo tamén libros, teses doctorais e outros tipos de documentos, e da acceso a numerosos contidos a texto completo.

Dialnet ofrece a investigadores e usuarios en xeral, diversos servicios personalizados e gratuitos, como por exemplo a subscrición de alertas informativas. Para facer uso destes servicios é necesario estar rexistrado no sistema.

Dialnet ofrece unha páxina personalizada para as institucións colaboradoras, favorecendo así a visibilidade e accesibilidade aos contidos desas institucións.
O enderezo da páxina personalizada para a Universidade de Santiago de Compostela é: Nela agrúpase nun único lugar toda a produción científica da USC que foi incorporada a Dialnet. Así se nos mostran:
  • O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa posibilidade de filtrar por campos de coñecemento ou Departamentos
  • As últimas novidades das súas publicación
  • As obras editadas polo Servizo de Publicacións da USC
  • As lecturas de teses doutorais
  • Datos estatísticos da participación da USC en Dialnet

 


Earth, Atmospheric & Aquatic Science
 
 A base de datos Earth, Atmospheric & Aquatic Science, ofrece unha ampla cobertura de investigacións en meteoroloxía, resumos xeoastrofísicos, etcétera, que se suman a cobertura das ciencias relacionadas coas ciencias do mar e da pesca que ten esta base de datos ó integrar na mesma a antiga base de datos Aquatic Fisheries Abstracts.
Ámbito: Ciencias Experimentais

  

Eric
Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

   

Versión móbil
ESO - European Sources Online
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:
  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)

Farmacopea Española
Compendio legal e código de referencia que establece a calidade que deben cumplir os principios activos e excipientes que entran na composición dos medicamentos de uso human e veterinario.

 Acceso ás claves (só dende o dominio usc.es)
Greenfile
A base de datos Greenfile é un recurso sobre a investigación de alto nivel sobre o impacto humano no medio natural.

É unha colección de documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral que inclúen títulos a texto completo sobre os efectos dos individuos no medioambiente, as actuacións de corporacións e gobernos locais ou nacionais, e recomendacións para minimizar os impactos negativos.

Os temas cubertos inclúen os perigos da globalización, a construción ecolóxica, polución, agricultura sustentable, enerxías renovables, reciclaxe e máis.

   

Versión móbil
IBN: Index Bio-bibliographicus Notorum Hominum
Índice biográfico internacional que baleira mais de 6000 fontes biográficas que recollen personaxes de todas as épocas, ámbitos e nacionalidades. De cada figura se proporciona unha información mínima (datas e lugar de nacemento e morte, e ámbito profesional) e a lista de obras onde aparece a súa biografía. A base de datos in progress substitúe (aínda non completamente) a edición impresa (147 vol.) e a edición CD-rom, ambas existentes na Biblioteca Xeral. 
ISBN
Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN.

Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en España que levan ISBN, tanto dispoñibles como agotadas, editadas en distintas linguas e diferentes soportes. É unha base de datos viva que diariamente incorpora novos rexistros.
Iustel
Base de datos de documentación xurídica española, lexislación (vixente e arquivo histórico), xurisprudencia (tamén comunitaria), información bibliográfica, base de coñecemento xurídico (materiais para o estudo do Dereito), Diario del Derecho, etc.
Incorpora ademais outros apartados adicionais: Servicios Xurídicos, Bolsa de Emprego, Guía do Xurista, Foros, Chats…
  • Entrar como usuario colectivo (1 usuario simultáneo).
  • ​Ao rematar a consulta prema desconectar.

La Ley digital Online
Sistema integrado de acceso a todos os productos da editorial La Ley:  texto completo de todas as suas revistas, lexislación, xurisprudencia, DGT, formularios, DGRN, Códigos La Ley, Biblioteca on line Bosch, convenios, con todos os contidos interrelacionados entre sí e sempre actualizados.
LION Literature On Line
Recurso que conta con máis de 350.000 traballos de poesía, drama e prosa inglesa e americana e revistas a texto completo con información dende o século XIX ata a actualidade.

​Inclúe biografías, materiais para o estudo histórico de cada período e xénero, vídeos de lecturas de poesía, así como traballos dos principais autores do século XX.

  
LISTA Library, Information Science & Technology Abstracts
Base de datos especializada en biblioteconomía, clasificación, catalogación, bibliometría, busca de información, xestión da información, etc.

​Da acceso a máis de 600 revistas, ademais de libros, informes de investigación e actas de congresos dende 1960.

  

Versión móbil
LLBA - Linguistic and Language Behavior Abstracts
Base de datos que resume e indexa a literatura internacional en lingüística e disciplinas relacionadas coa lingua dende 1973 ata a actualidade.

Inclúe todos os aspectos do estudo da lingua: fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica, e campos da lingüística, entre outros, lingüística descritiva, histórica, comparativa, teórica e xeográfica.

Ademais proporciona información de libros, capítulos de libros, teses, críticas de películas, artigos de revista, e citas de críticas de libros.

​Actualízase mensualmente.

  
MathSciNet
Base de datos da American Mathematical Society que proporciona información de artigos e libros que conteñen contribucións á inverstigación matemática e as súas aplicacións en campos relacionados: estatística, ciencias da computación e investigación operativa
Medline Advanced 1966
Medline é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine.

Contén citas e resumos da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, política sanitaria e servizos de saúde. Recolle artigos de revistas e capítulos e artigos de libros.

​Contén ademais o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings).

  

Versión móbil
Mirabile
Arquivo dixital da cultura latina medieval da Società Internazionale per lo Studo del Medioevo Latino.
Permite buscar en revistas :
  • Documenti e studi sulla tradizione filosofica medievale
  • Filologia Mediolatina
  • Hagiographica
  • Iconographica
  • Itineraria
  • Micrologus
  • Stilistica e metrica italiana
e en bases de datos: 
  • Bd Mediolatino
  • Bd Italiano
  • Bd Agiografico
  • Bd Francese
  • Bd Manoscritti degli autori del medioevo (secc. VI - XVI)

MLA International Bibliography
Base de datos bibliográfica da Modern Language Association of América.
  • Contén referencias sobre Literatura, Linguas Modernas, Lingüística e Folklore.
  • Indiza máis de 3.000 publicacións periódicas internacionais así como Monografías, Actas de Congresos, Catálogos, Diccionarios, etc.
  • Proporciona información dende 1981. 

  
Patrologia Latina Database
É a versión electrónica a texto completo dos 221 volumes da primeira edición da Patrologiae Cursus Completus, de Jacques-Paul Migne (1844-1855 e 1862-1865).

​Inclúe escritos filosóficos e teolóxicos con material preliminar, textos orixinais, aparato crítico, índices e ilustracións.
Pilots
Base de datos bibliográfica producida polo National Center for Post-Traumatic Stress Disorder de Vermont que recolle referencias e resúmes de publicacións (artigos de revista, libros e literatura gris) sobre trastornos de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas por acontecementos traumáticos.

  
PQ Psychology Database
Recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe ademais de títulos de revistas, working papers, conferencias, vídeos, tablas ou audios entre outros. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abarca disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, economía, comunicación, criminoloxía, adicción, neuroloxía, benestar social, etc.
Ámbito: Ciencias Sociais e Xurídicas


 

ProQuest Dissertations & Theses A&I
ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

  
PsycINFO
PsycINFO proporciona resumos e citas de artigos de publicacións científicas, capítulos de libros e teses, do ámbito das ciencias do comportamento e da saúde mental. Abarca dende 1800 ata a actualidade. Inclúe importante material para psicólogos e profesionais da psiquiatría, psicoloxía, neurociencia, educación, e traballo social.

  
REBIUN
Catálogo Colectivo da "Red de Bibliotecas Universitarias Españolas"
 
Regional Business News
Base de datos a texto completo de publicacións de negocios de ámbito rexional. Inclúe xornais e información publicada en Internet, que abarca todas as áreas metropolitanas e rurais de Estados Unidos. Actualízase diariamente.

  

Versión móbil
Sabi Abrir manual / guía de uso
Sabi é unha base de datos con información sobre empresas e grupos de empresas españolas. Permite as búscas baseadas en diversos criterios como nome, código NIF, localización, actividade, empregados, datos financieiros, etc. Os resultados pódense imprimir  ou exportar como informes en calquera tipo de formato, estándar ou personalizado. Tamén permite a ilustración de balances, estado de resultados; e análisis detallados, estatísticos e/ou comparativos, de empresas ou grupos en función de variables e períodos definidos polo usuario; etc.

 
SciFinder Scholar versión web Abrir manual / guía de uso
Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc.

Versión móbil
 
SCOPUS
Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. 
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas...

SIR   Axuda SIR
 
Serials Directory
Serials Directory é un directorio editado por EBSCO que proporciona información detallada de títulos de publicacións periódicas, anuarios e series irregulares publicadas en todo o mundo.

Inclúe os rexistros MARC de cada publicación e proporciona información sobre que outras bases de datos as indizan, os cambios de título, prezo, enderezo do editor, etc.

  

Versión móbil
SPORTDiscus with Full Text
A base de datos SPORTDiscus da acceso ao texto completo das revistas mais consultadas no índice SPORTDiscus sen límite de divulgación. Con cobertura dende 1985, abrangue diversas áreas do deporte como: medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou turismo.

  

Versión móbil
Thesaurus Linguae Latinae
Thesaurus linguae Latinae, considérase o máis extenso diccionario de latín, cubre todos os textos latinos dende o período clásico ata o ano 600. Investigadores de máis de 30 institucions e Sociedades de Investigación de 23 países dan apoio a iste traballo da Bayerische Akademie (Thesaurusbüro München).
Tirant Online
Tirant Online é a base de datos xurídica da Editorial Tirant.

​Contén as normas vixentes do ordenamento xurídico internacional, comunitario, estatal, autonómico e local. Inclúe textos das normas, todos eles vixentes, consolidados e integrados nun só documento; os textos poden visualizarse en texto completo en formato HTML ou RTF. A información actualízase a diario.
TRC - Teacher Reference Center
Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 

Versión móbil
Ulrichsweb - Global Serials Directory
Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,...) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.
Westlaw - Aranzadi
Westlaw conta coa base de datos máis completa que existe actualmente en España no ámbito do dereito,  incluindo:
  • Lexislación do Estado dende 1930.
  • Normas máis relevantes e prácticas a texto vixente.
  • Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio.
  • Iniciativas Lexislativas máis interesantes.
  • Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional dende 1979.
  • Xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencias Provinciais e Audiencia Nacional: tódalas sentencias - máis de 330.000- a partir do 2001.
  • Sentencias máis interesantes dos Tribunais de Primeira Instancia.
  • Xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
  • Resolucións da Dirección Xeneral dos Rexistros e do Notariado, Tribunal de Defensa da Competencia, Tribunal conómico-Administrativo Central.
  • Artigos doctrinais e máis de 20.000 referencias bibliográficas incluindo as principais novedades en información xurídica agrupadas por áreas (Civil - Mercantil, Penal, Administrativo, Tributario e Social).
  • Información detallada das actividades e situación económico-financieira de tódalas sociedades españolas. Subvenciones, subastas e concursos. Directorio da Organización Xudicial con datos de localización de tódalas sedes xudiciais españolas.
  • Acceso a tódalas cotizacións bursátiles do mercado continuo, novo mercado e IBEX 35.

World Biographical Information Systems -WBIS Online
Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.
World Press Trends

World Press Trends, Base de datos sobre a industria da prensa en todo o mundo. Inclúe datos de máis de 70 países, que se recompilan a través de xornais nacionais, asociacións de medios de comunicación e proveedores de datos globais.
Proporciona informes sobre países individuais, tendencias na circulación e os lectores, ingresos publicitarios, publicación digital e moito máis.

Os usuarios poden xerar informes personalizados e descargalos como arquivos de Excel.


WOS - Web of Science
WOK inclúe as seguintes bases de datos:

Web of Science (1899- ): 
Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. Permite consultar simultaneamente ou de xeito individual as seguintes bases:
  • Science Citation Index Expanded (1899-2012)
  • Social Sciences Citation Index (1956-2012)
  • Humanities Citation Index (1975-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- Science (1990-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- SSCC & Humanities (1990-2012
 
Medline (1950- )
Base de datos da U.S. National Library of Medicine.
 
Journal Citation Reports
Cubre as áreas tecnolóxicas e das ciencias sociais. Permite coñecer as revistas máis importantes en cada materia, ver cales son as máis citadas, e o seu Indice de Impacto. Divídese en:
  • JCR Science Edition,  dende 1997
  • JCR Scocial Sciences Edition, dende 1997

Instrucións para Acceso remoto (só accesibles dende o dominio usc.es)

     
Zentralblatt Math
Zentralblatt Math é unha base de datos de abstracts e revisións de publicacións científicas en matemáticas puras e aplicadas.

As entradas están clasificadas de acordo ao Mathematics Subject Classification Scheme.

A base de datos inclúe as seguintes áreas:

Matemáticas puras (alxebra, lóxica, topoloxía, xeometría, análese) , probabilidade, estatística, física matemática, mecánica clásica, mecánica de fluídos, sólidos, matemática numérica, programación, ciencia de computadores, teoría de autómatas, teoría de sistemas, control, economía, información e comunicación, circuítos, codificación, criptografía, aplicacións en bioloxía, química, socioloxía, psicoloxía.
Buscar recursos

Lenda
= Ampliar información
= Acceso restrinxido á USC
= Acceso a través do SIR
= Dispón de aplicación móbil
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Open Access
Revistas-e
Buscar unha revista-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada
Libros-e
Buscar un libro-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada