Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Recursos electrónicos
ABCDEFGHIJLMNOPRSTUWZ0-9Todas

AENORmás. Normas UNE
Proporciona acceso vía web ao texto completo de todas as normas UNE vixentes elaboradas e adoptadas por AENOR:
  • Normas UNE
  • UNE-EN
  • UNE-ENV
  • UNE-HD
  • UNE-CR
  • UNE-ENISO
  • UNE-EN ISO/IEC
  • UNE-ETS
  • UNE-TBR
  • UNE-ECISS-IC.
​Tamén ofrece a referencia das normas anuladas e substituidas aínda que non da acceso ao texto completo.
Bibliografía Nacional Española
Base de datos de rexistros bibliográficos de libros, publicacións periódicas, mapas e música impresa ingresados por Depósito Legal na Biblioteca Nacional Española
DIALNET
DIALNET é unha base de datos de acceso libre, froito dun proxecto cooperativo entre diversas universidades españolas e liderado pola Universidade de la Rioja.

Recolle os índices de gran parte das revistas científicas e humanísticas de España e Latinoamérica, incluindo tamén libros, teses doctorais e outros tipos de documentos, e da acceso a numerosos contidos a texto completo.

Dialnet ofrece a investigadores e usuarios en xeral, diversos servicios personalizados e gratuitos, como por exemplo a subscrición de alertas informativas. Para facer uso destes servicios é necesario estar rexistrado no sistema.

Dialnet ofrece unha páxina personalizada para as institucións colaboradoras, favorecendo así a visibilidade e accesibilidade aos contidos desas institucións.
O enderezo da páxina personalizada para a Universidade de Santiago de Compostela é: Nela agrúpase nun único lugar toda a produción científica da USC que foi incorporada a Dialnet. Así se nos mostran:
  • O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa posibilidade de filtrar por campos de coñecemento ou Departamentos
  • As últimas novidades das súas publicación
  • As obras editadas polo Servizo de Publicacións da USC
  • As lecturas de teses doutorais
  • Datos estatísticos da participación da USC en Dialnet

 


ESO - European Sources Online
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:
  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)

IBN: Index Bio-bibliographicus Notorum Hominum
Índice biográfico internacional que baleira mais de 6000 fontes biográficas que recollen personaxes de todas as épocas, ámbitos e nacionalidades. De cada figura se proporciona unha información mínima (datas e lugar de nacemento e morte, e ámbito profesional) e a lista de obras onde aparece a súa biografía. A base de datos in progress substitúe (aínda non completamente) a edición impresa (147 vol.) e a edición CD-rom, ambas existentes na Biblioteca Xeral. 
ISBN
Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN.

Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en España que levan ISBN, tanto dispoñibles como agotadas, editadas en distintas linguas e diferentes soportes. É unha base de datos viva que diariamente incorpora novos rexistros.
Library, Information Science & Technology Abstracts - LISTA
Base de datos especializada en biblioteconomía, clasificación, catalogación, bibliometría, busca de información, xestión da información, etc.

​Da acceso a máis de 600 revistas, ademais de libros, informes de investigación e actas de congresos dende 1960.

  

Versión móbil
LISTA Library, Information Science & Technology Abstracts
Base de datos especializada en biblioteconomía, clasificación, catalogación, bibliometría, busca de información, xestión da información, etc.

​Da acceso a máis de 600 revistas, ademais de libros, informes de investigación e actas de congresos dende 1960.

  

Versión móbil
Oxford English Dictionary
Considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico

Acceso SIR   Axuda SIR
Pórtico - Revistas electrónicas da BUSC Abrir manual / guía de uso
Buscador e lista A-Z de revistas electrónicas
ProQuest Dissertations & Theses A&I
ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

  
REBIUN
Catálogo Colectivo da "Red de Bibliotecas Universitarias Españolas"
 
ScienceDirect - Elsevier
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier
SIR   Axuda SIR

Rexistro persoal para acceso remoto (non SIR)
 
SCOPUS
Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. 
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas...

SIR   Axuda SIR
 
Serials Directory
Serials Directory é un directorio editado por EBSCO que proporciona información detallada de títulos de publicacións periódicas, anuarios e series irregulares publicadas en todo o mundo.

Inclúe os rexistros MARC de cada publicación e proporciona información sobre que outras bases de datos as indizan, os cambios de título, prezo, enderezo do editor, etc.

  

Versión móbil
Ulrichsweb - Global Serials Directory
Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,...) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.
World Biographical Information Systems -WBIS Online
Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.
WOS - Web of Science
WOK inclúe as seguintes bases de datos:

Web of Science (1899- ): 
Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. Permite consultar simultaneamente ou de xeito individual as seguintes bases:
  • Science Citation Index Expanded (1899-2012)
  • Social Sciences Citation Index (1956-2012)
  • Humanities Citation Index (1975-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- Science (1990-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- SSCC & Humanities (1990-2012
 
Medline (1950- )
Base de datos da U.S. National Library of Medicine.
 
Journal Citation Reports
Cubre as áreas tecnolóxicas e das ciencias sociais. Permite coñecer as revistas máis importantes en cada materia, ver cales son as máis citadas, e o seu Indice de Impacto. Divídese en:
  • JCR Science Edition,  dende 1997
  • JCR Scocial Sciences Edition, dende 1997

Instrucións para Acceso remoto (só accesibles dende o dominio usc.es)

     
Buscar recursos

Lenda
= Ampliar información
= Acceso restrinxido á USC
= Acceso a través do SIR
= Dispón de aplicación móbil
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Open Access
Revistas-e
Buscar unha revista-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada
Libros-e
Buscar un libro-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada