Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Recursos electrónicos
ABCDEFGHIJLMNOPRSTUWZ0-9Todas

AENORmás. Normas UNE
Proporciona acceso vía web ao texto completo de todas as normas UNE vixentes elaboradas e adoptadas por AENOR:
  • Normas UNE
  • UNE-EN
  • UNE-ENV
  • UNE-HD
  • UNE-CR
  • UNE-ENISO
  • UNE-EN ISO/IEC
  • UNE-ETS
  • UNE-TBR
  • UNE-ECISS-IC.
​Tamén ofrece a referencia das normas anuladas e substituidas aínda que non da acceso ao texto completo.
Alternativa Press Index

Alternativa Press Index é  unha base de datos de revistas, xornais, e artigos de prensa alternativa de cobertura internacional  e interdisciplinaria. Se actualiza trimestralmente.

      


Annual Reviews
Bibliografía Nacional Española
Base de datos de rexistros bibliográficos de libros, publicacións periódicas, mapas e música impresa ingresados por Depósito Legal na Biblioteca Nacional Española
Biblioteca virtual E-Excellence
Biblioteca virtual E-Excellence, proporciona acceso a publicacións e artigos no eido das humanidades.

Unha vez seleccionado o artigo, o usuario pode recibilo no seu correo electrónico, para elo debe introducir o seu enderezo electrónico, deixar en branco a caixa "Clave" e premer a caixa “Abonado”.

​O enderezo pode ser de dun domonio diferente ó da USC, pero a solicitude debe facerse sempre dende unha IP da Universidade
bX Hot Articles
​bX Hot Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos móbiles oTOP-TEN dos artigos académicos nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e todos os campos académicos máis relevantes.
O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores de todo mundo.
bX Hot Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilitará a exploración científica permitindo:
  • Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
  • Chegar ao texto completo en formato electrónico (sempre que estea dispoñible e sempre que sexa dende o dominio usc.es ou a través do proxy).
  • Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
  • Recibir unha notificación cada vez que a lista se actualiza.
Versión móbil
Cambridge Journals Online
Revistas de Cambridge University Press

Versión móbil
Communication & Mass Media Complete (CMMC)

Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo indexación e resúmos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos  relacionados .
 

      


CSIC
As  bases de datos bibliográficas do CSIC dan acceso á producción científica publicada en España dende os anos 70.
  • ICYT: contén referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España dende 1979.
  • IME: contén as referencias bibliográficas dos artigos publicados en revistas españolas sobre biomedicina dende 1971.
  • ISOC: contén referencias de artigos de revistas, monografías, informes técnicos, actas de congresos, etc. publicadas en España sobre ciencias sociais e humanidades.
  • DATRI: contén referencias de Transferencia de Resultados de Investigación da Rede OTRI/OTT e a oferta científica e tecnolóxica das entidades incluidas nela.
  • CIRBICL: é o catálogo colectivo de libros das Bibliotecas do CSIC.
  • CIRBICR: é o catálogo colectivo de revistas do CSIC. 

DIALNET
DIALNET é unha base de datos de acceso libre, froito dun proxecto cooperativo entre diversas universidades españolas e liderado pola Universidade de la Rioja.

Recolle os índices de gran parte das revistas científicas e humanísticas de España e Latinoamérica, incluindo tamén libros, teses doctorais e outros tipos de documentos, e da acceso a numerosos contidos a texto completo.

Dialnet ofrece a investigadores e usuarios en xeral, diversos servicios personalizados e gratuitos, como por exemplo a subscrición de alertas informativas. Para facer uso destes servicios é necesario estar rexistrado no sistema.

Dialnet ofrece unha páxina personalizada para as institucións colaboradoras, favorecendo así a visibilidade e accesibilidade aos contidos desas institucións.
O enderezo da páxina personalizada para a Universidade de Santiago de Compostela é: Nela agrúpase nun único lugar toda a produción científica da USC que foi incorporada a Dialnet. Así se nos mostran:
  • O buscador de autor co directorio dos autores da Universidade e as súas obras e coa posibilidade de filtrar por campos de coñecemento ou Departamentos
  • As últimas novidades das súas publicación
  • As obras editadas polo Servizo de Publicacións da USC
  • As lecturas de teses doutorais
  • Datos estatísticos da participación da USC en Dialnet

 


DOAJ - Directory of Open Access Journals
Directorio en liña que indexa e dá acceso a revistas en open access revisadas por pares.
eBook Collection (EBSCOhost)
Plataforma de OCLC que da acceso a libros electrónicos de distintas temáticas

  

Versión móbil
Encyclopaedia Britannica Online
Versión en liña da Enciclopedia Británica

Versión móbil
Google Académico Abrir manual / guía de uso
Buscador de traballos académicos
IBN: Index Bio-bibliographicus Notorum Hominum
Índice biográfico internacional que baleira mais de 6000 fontes biográficas que recollen personaxes de todas as épocas, ámbitos e nacionalidades. De cada figura se proporciona unha información mínima (datas e lugar de nacemento e morte, e ámbito profesional) e a lista de obras onde aparece a súa biografía. A base de datos in progress substitúe (aínda non completamente) a edición impresa (147 vol.) e a edición CD-rom, ambas existentes na Biblioteca Xeral. 
ISBN
Base de datos referencial dos libros editados en España dende 1972, ano no que España se uniu ao sistema ISBN. Está xestionada pola Agencia Española do ISBN. Os datos os proporciona o propio editor ao tramitar e remitir á Axencia o impreso de solicitude do ISBN.

Contén as referencias das publicacións monográficas editadas en España que levan ISBN, tanto dispoñibles como agotadas, editadas en distintas linguas e diferentes soportes. É unha base de datos viva que diariamente incorpora novos rexistros.
Minerva - Repositorio da USC
Repositorio institucional da Universidade de Santiago de Compostela
Oxford Journals Abrir manual / guía de uso
Revistas de Oxford University Press
Pórtico - Libros electrónicos da BUSC Abrir manual / guía de uso
Buscador e lista A-Z de libros electrónicos
Pórtico - Revistas electrónicas da BUSC Abrir manual / guía de uso
Buscador e lista A-Z de revistas electrónicas
PreLO
Plataforma de préstamo de libros electrónicos da USC
ProQuest Dissertations & Theses A&I
ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

  
REBIUN
Catálogo Colectivo da "Red de Bibliotecas Universitarias Españolas"
 
RefWorks Abrir manual / guía de uso
Ferramenta que permite xestionar referencias bibliográficas en liña

Versión móbil

RefWorks (Nova versión) Abrir manual / guía de uso
Ferramenta que permite xestionar referencias bibliográficas en liña

Para acceder á súa conta de RefWorks, nova versión, dende o mobil, escriba no navegador o seguinte enderezo:  http://refworks.proquest.com e introduza o seu correo institucional e a contrasinal creada no momento de rexistrarse.

 
ScienceDirect - Elsevier
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier
SIR   Axuda SIR

Rexistro persoal para acceso remoto (non SIR)
 
SCOPUS
Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. 
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas...

SIR   Axuda SIR
 
Serials Directory
Serials Directory é un directorio editado por EBSCO que proporciona información detallada de títulos de publicacións periódicas, anuarios e series irregulares publicadas en todo o mundo.

Inclúe os rexistros MARC de cada publicación e proporciona información sobre que outras bases de datos as indizan, os cambios de título, prezo, enderezo do editor, etc.

  

Versión móbil
Taylor & Francis
Ulrichsweb - Global Serials Directory
Ulrichsweb é a principal fonte de información sobre publicacións periódicas. Contén información detallada de máis de 300.000 publicacións de todo tipo (prensa, revistas, anuarios, publicacións académicas, revistas electrónicas,...) e de todas as areas temáticas. A versión web proporciona enlaces a tablas de contido, resúmes de artígos, e permite localizar onde está indizado un título.
Wiley Online Library
Acceso SIR    Axuda SIR

 
World Biographical Information Systems -WBIS Online
Base de datos biográfica que proporciona unha información breve de persoas, familias e grupos, de todos os países e rexións, dende o 4º milenio a.C. ata a actualidade. Cada artigo remite as obras de referencia dixitalizadas nos Archivos Biográficos de KG Saur.
WOS - Web of Science
WOK inclúe as seguintes bases de datos:

Web of Science (1899- ): 
Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. Permite consultar simultaneamente ou de xeito individual as seguintes bases:
  • Science Citation Index Expanded (1899-2012)
  • Social Sciences Citation Index (1956-2012)
  • Humanities Citation Index (1975-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- Science (1990-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- SSCC & Humanities (1990-2012
 
Medline (1950- )
Base de datos da U.S. National Library of Medicine.
 
Journal Citation Reports
Cubre as áreas tecnolóxicas e das ciencias sociais. Permite coñecer as revistas máis importantes en cada materia, ver cales son as máis citadas, e o seu Indice de Impacto. Divídese en:
  • JCR Science Edition,  dende 1997
  • JCR Scocial Sciences Edition, dende 1997

Instrucións para Acceso remoto (só accesibles dende o dominio usc.es)

     
Buscar recursos

Lenda
= Ampliar información
= Acceso restrinxido á USC
= Acceso a través do SIR
= Dispón de aplicación móbil
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Open Access
Revistas-e
Buscar unha revista-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada
Libros-e
Buscar un libro-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada