Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Recursos electrónicos
ABCDEFGHIJLMNOPRSTUWZ0-9Todas

Alternativa Press Index

Alternativa Press Index é  unha base de datos de revistas, xornais, e artigos de prensa alternativa de cobertura internacional  e interdisciplinaria. Se actualiza trimestralmente.

      


Annual Reviews
ASP/JDS
O Banco de Datos ASP/JDS é  un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade.  Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:
  • Los Estudios de Valores
  • Colección Inmigrantes
  • Latinobarómetro
  • Sondeo 'La Opinión Pública de los Españoles' (ASEP, España)
  • Afrobarómetro
  • CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
  • Barómetro de Asia Oriental
  • Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
  • Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
  • Globalbarómetro
  • Barómetro del Real Instituto Elcano
  • International Social Survey Program (ISSP)

Banco de Datos ASP/JDS
O Banco de Datos ASP/JDS é  un repertorio de datos estatísticos, enquisas sobre temas sociolóxicos, informes sobre as sondaxes mensuais da opinión pública española e estudos e investigacións monográficas, avaladas polo seu prestixio e calidade.  Abrangue as seguintes coleccións con cobertura dende 1990:
  • Los Estudios de Valores
  • Colección Inmigrantes
  • Latinobarómetro
  • Sondeo 'La Opinión Pública de los Españoles' (ASEP, España)
  • Afrobarómetro
  • CIRES (Centro de Investigaciones de la Realidad Social)
  • Barómetro de Asia Oriental
  • Centro de Estudios de la Realidad Contemporánea (CERC)
  • Estudio Comparado de Sistemas Electorales (CSES)
  • Globalbarómetro
  • Barómetro del Real Instituto Elcano
  • International Social Survey Program (ISSP)

Business Source Premier

Business Source Premier é unha base de datos a texto completo sobre xestión, economía, finanzas, contabilidade e negocios.

  

Versión móbil
Cambridge Journals Online
Revistas de Cambridge University Press

Versión móbil
Communication & Mass Media Complete (CMMC)

Communication & Mass Media Complete (CMMC) ofrece o texto completo indexación e resúmos de revistas que cubren a comunicación, os Mass Media, a lingüística, o discurso, a retórica, a sociolingüística, a teoría da comunicación, a linguaxe, a lóxica, a comunicación organizacional e outros campos  relacionados .
 

      


CSIC
As  bases de datos bibliográficas do CSIC dan acceso á producción científica publicada en España dende os anos 70.
  • ICYT: contén referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España dende 1979.
  • IME: contén as referencias bibliográficas dos artigos publicados en revistas españolas sobre biomedicina dende 1971.
  • ISOC: contén referencias de artigos de revistas, monografías, informes técnicos, actas de congresos, etc. publicadas en España sobre ciencias sociais e humanidades.
  • DATRI: contén referencias de Transferencia de Resultados de Investigación da Rede OTRI/OTT e a oferta científica e tecnolóxica das entidades incluidas nela.
  • CIRBICL: é o catálogo colectivo de libros das Bibliotecas do CSIC.
  • CIRBICR: é o catálogo colectivo de revistas do CSIC. 

DOAJ - Directory of Open Access Journals
Directorio en liña que indexa e dá acceso a revistas en open access revisadas por pares.
Eric
Base de datos no campo da educación do U.S. Department of Education, Educational Resources Information Center que se actualiza mensualmente.

Contén información, gran parte a texto completo, extraída de revistas, conferencias, documentos gobernamentais, teses, informes, medios audiovisuais, bibliografías, directorios, e libros.

​Abrangue un amplo campo de materias: educación superior, educación elemental, idiomas, recursos de información, lectura, educación rural, matemáticas, ciencias do medio natural, estudos sociais, educación do profesorado, test ou educación urbana.

   

Versión móbil
ESO - European Sources Online
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC a través do proxecto piloto no que participa con outras universidades europeas,  pricipalmente coa de Cardiff, ofrece á comunidade universitaria  da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO),  unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Ao tratarse dun proxecto piloto para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia, o CEDE solicita:
  • Que os membros da Comunidade Universitaria, Investigadores, PAS , Alumnos e PDI que utilicen ESO se poñan en contacto co CEDE (cede@usc.es) para calquera dúbica ou suxestión de mellora do repositorio
  • Que aqueles investigadores que publiquen asuntos de interese europeo en formatos compatibles coa difusión a texto completo dos seus traballos, se poñan en contacto con CEDE (cede@usc.es) para  analizar a posibilidade de que os ditos traballos sexan indexados neste repositorio aos efectos de acadar maior visibilidade (cuestión que debe ser estudada individualmente co persoal do CEDE que xestiona este proxecto piloto)

Greenfile
A base de datos Greenfile é un recurso sobre a investigación de alto nivel sobre o impacto humano no medio natural.

É unha colección de documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral que inclúen títulos a texto completo sobre os efectos dos individuos no medioambiente, as actuacións de corporacións e gobernos locais ou nacionais, e recomendacións para minimizar os impactos negativos.

Os temas cubertos inclúen os perigos da globalización, a construción ecolóxica, polución, agricultura sustentable, enerxías renovables, reciclaxe e máis.

   

Versión móbil
Iustel
Base de datos de documentación xurídica española, lexislación (vixente e arquivo histórico), xurisprudencia (tamén comunitaria), información bibliográfica, base de coñecemento xurídico (materiais para o estudo do Dereito), Diario del Derecho, etc.
Incorpora ademais outros apartados adicionais: Servicios Xurídicos, Bolsa de Emprego, Guía do Xurista, Foros, Chats…
  • Entrar como usuario colectivo (1 usuario simultáneo).
  • ​Ao rematar a consulta prema desconectar.

JSTOR - Artes e Ciencias I, II e III

Journal Storage Project (JSTOR), é  un proxecto de dixitalización de publicacions periódicas con fins académicos. Esta base de datos ten como obxetivo facilitar o acceso á información restrospectiva polo que no inclue os últimos números das revistas. Na maior parte dos casos podemos acceder aos textos completos dende os primeiros números ata os publicados entre 2 e 5 anos atrás.
 

 


La Ley digital Online
Sistema integrado de acceso a todos os productos da editorial La Ley:  texto completo de todas as suas revistas, lexislación, xurisprudencia, DGT, formularios, DGRN, Códigos La Ley, Biblioteca on line Bosch, convenios, con todos os contidos interrelacionados entre sí e sempre actualizados.
Ovid
Revistas electrónicas: 30 revistas de temática fundamentalmente biomédica.
Libros electrónicos: temática médica

SIR   Axuda SIR
Oxford Journals Abrir manual / guía de uso
Revistas de Oxford University Press
Pilots
Base de datos bibliográfica producida polo National Center for Post-Traumatic Stress Disorder de Vermont que recolle referencias e resúmes de publicacións (artigos de revista, libros e literatura gris) sobre trastornos de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas por acontecementos traumáticos.

  
Pórtico - Revistas electrónicas da BUSC Abrir manual / guía de uso
Buscador e lista A-Z de revistas electrónicas
PQ Psychology Database
Recurso a texto completo de Psicoloxía que inclúe ademais de títulos de revistas, working papers, conferencias, vídeos, tablas ou audios entre outros. Ademais de psicoloxía clínica e social, tamén abarca disciplinas relacionadas como xenética, psicoloxía dos negocios, economía, comunicación, criminoloxía, adicción, neuroloxía, benestar social, etc.
Ámbito: Ciencias Sociais e Xurídicas


 

ProQuest Dissertations & Theses A&I
ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

  
PsycINFO
PsycINFO proporciona resumos e citas de artigos de publicacións científicas, capítulos de libros e teses, do ámbito das ciencias do comportamento e da saúde mental. Abarca dende 1800 ata a actualidade. Inclúe importante material para psicólogos e profesionais da psiquiatría, psicoloxía, neurociencia, educación, e traballo social.

  
Regional Business News
Base de datos a texto completo de publicacións de negocios de ámbito rexional. Inclúe xornais e información publicada en Internet, que abarca todas as áreas metropolitanas e rurais de Estados Unidos. Actualízase diariamente.

  

Versión móbil
Sabi Abrir manual / guía de uso
Sabi é unha base de datos con información sobre empresas e grupos de empresas españolas. Permite as búscas baseadas en diversos criterios como nome, código NIF, localización, actividade, empregados, datos financieiros, etc. Os resultados pódense imprimir  ou exportar como informes en calquera tipo de formato, estándar ou personalizado. Tamén permite a ilustración de balances, estado de resultados; e análisis detallados, estatísticos e/ou comparativos, de empresas ou grupos en función de variables e períodos definidos polo usuario; etc.

 
ScienceDirect - Elsevier
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier
SIR   Axuda SIR

Rexistro persoal para acceso remoto (non SIR)
 
SCOPUS
Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. 
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas...

SIR   Axuda SIR
 
SPORTDiscus with Full Text
A base de datos SPORTDiscus da acceso ao texto completo das revistas mais consultadas no índice SPORTDiscus sen límite de divulgación. Con cobertura dende 1985, abrangue diversas áreas do deporte como: medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou turismo.

  

Versión móbil
Taylor & Francis
Teacher Reference Center
Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 

Versión móbil
Tirant Online
Tirant Online é a base de datos xurídica da Editorial Tirant.

​Contén as normas vixentes do ordenamento xurídico internacional, comunitario, estatal, autonómico e local. Inclúe textos das normas, todos eles vixentes, consolidados e integrados nun só documento; os textos poden visualizarse en texto completo en formato HTML ou RTF. A información actualízase a diario.
TRC - Teacher Reference Center
Contén índices e resumos de revistas, xornais e monografías na área da docencia. Abarca temas como avaliación, educación continua, investigación pedagóxica, desenvolvemento do currículum ou Métodos para a Ensinanza.

 

Versión móbil
Westlaw - Aranzadi
Westlaw conta coa base de datos máis completa que existe actualmente en España no ámbito do dereito,  incluindo:
  • Lexislación do Estado dende 1930.
  • Normas máis relevantes e prácticas a texto vixente.
  • Lexislación das Comunidades Autónomas dende o seu inicio.
  • Iniciativas Lexislativas máis interesantes.
  • Xurisprudencia do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional dende 1979.
  • Xurisprudencia dos Tribunais Superiores de Xustiza, Audiencias Provinciais e Audiencia Nacional: tódalas sentencias - máis de 330.000- a partir do 2001.
  • Sentencias máis interesantes dos Tribunais de Primeira Instancia.
  • Xurisprudencia actual do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas.
  • Resolucións da Dirección Xeneral dos Rexistros e do Notariado, Tribunal de Defensa da Competencia, Tribunal conómico-Administrativo Central.
  • Artigos doctrinais e máis de 20.000 referencias bibliográficas incluindo as principais novedades en información xurídica agrupadas por áreas (Civil - Mercantil, Penal, Administrativo, Tributario e Social).
  • Información detallada das actividades e situación económico-financieira de tódalas sociedades españolas. Subvenciones, subastas e concursos. Directorio da Organización Xudicial con datos de localización de tódalas sedes xudiciais españolas.
  • Acceso a tódalas cotizacións bursátiles do mercado continuo, novo mercado e IBEX 35.

Wiley Online Library
Acceso SIR    Axuda SIR

 
WOS - Web of Science
WOK inclúe as seguintes bases de datos:

Web of Science (1899- ): 
Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. Permite consultar simultaneamente ou de xeito individual as seguintes bases:
  • Science Citation Index Expanded (1899-2012)
  • Social Sciences Citation Index (1956-2012)
  • Humanities Citation Index (1975-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- Science (1990-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- SSCC & Humanities (1990-2012
 
Medline (1950- )
Base de datos da U.S. National Library of Medicine.
 
Journal Citation Reports
Cubre as áreas tecnolóxicas e das ciencias sociais. Permite coñecer as revistas máis importantes en cada materia, ver cales son as máis citadas, e o seu Indice de Impacto. Divídese en:
  • JCR Science Edition,  dende 1997
  • JCR Scocial Sciences Edition, dende 1997

Instrucións para Acceso remoto (só accesibles dende o dominio usc.es)

     
Buscar recursos

Lenda
= Ampliar información
= Acceso restrinxido á USC
= Acceso a través do SIR
= Dispón de aplicación móbil
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Open Access
Revistas-e
Buscar unha revista-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada
Libros-e
Buscar un libro-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada