Esta web emprega cookies, podes ver a nosa política de cookies AQUÍ. Se continuas navegando estás aceptando as súas condicións.
Política de Cookies +
Recursos electrónicos
ABCDEFGHIJLMNOPRSTUWZ0-9Todas

Anatomy Plus Platinum Package: Regional
Visión global do corpo humán con vistas en 3D, textos clínicos, vídeos e diapositivas de diseccións, correlacións magnéticas, animacións biomecánicas...   



 
Annual Reviews
Biblioteca Cochrane Plus
A Biblioteca Cochrane é a tradución ao castelán da Cochrane Library. Contén información sobre ensaios clínicos e medicina baseada na evidencia.
 
BioMed Central
BioMed Central es un editor STM (Science, Technology and Medicine) de 272 revistas revisadas por pares en open access, que abranguen títulos das áreas da bioloxía, biomedicina e medicina. 
CINAHL
Base de datos da área da enfermería, biomedicina, medicina alternativa, ciencias da saúde e disciplinas afins.

Indexa revistas, máis da metade a texto completo, libros, teses, conferencias e material audiovisual. O material textual inclúe casos legais, innovacións clínicas, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos.

Ofrece publicacións da National League for Nursing e da American Nurses Association, entre os que destacan algúns títulos como AANA Journal, California Hospitals, Gastroenterology Nursing, Maternal and Child Health Journal, Paediatric Nursing, Parents, etc.

 

Versión móbil
CSIC
As  bases de datos bibliográficas do CSIC dan acceso á producción científica publicada en España dende os anos 70.
  • ICYT: contén referencias dos artigos de investigación en ciencia e tecnoloxía extraidos de revistas editadas en España dende 1979.
  • IME: contén as referencias bibliográficas dos artigos publicados en revistas españolas sobre biomedicina dende 1971.
  • ISOC: contén referencias de artigos de revistas, monografías, informes técnicos, actas de congresos, etc. publicadas en España sobre ciencias sociais e humanidades.
  • DATRI: contén referencias de Transferencia de Resultados de Investigación da Rede OTRI/OTT e a oferta científica e tecnolóxica das entidades incluidas nela.
  • CIRBICL: é o catálogo colectivo de libros das Bibliotecas do CSIC.
  • CIRBICR: é o catálogo colectivo de revistas do CSIC. 

DOAJ - Directory of Open Access Journals
Directorio en liña que indexa e dá acceso a revistas en open access revisadas por pares.
Editorial Médica Panamericana eBooks - Eureka
Selección de libros de medicina integrados na base de datos Eureka da Editorial Médica Panamericana. Eureka permite entre outras: Buscas cruzadas entre os contidos a texto completo, Consultar o Diccionario de Términos Médicos de la Real Academia Nacional de Medicina e previa identificación, permite marcar, subliñar, e descargar materiales multimedia
Farmacopea Española
Compendio legal e código de referencia que establece a calidade que deben cumplir os principios activos e excipientes que entran na composición dos medicamentos de uso human e veterinario.

 Acceso ás claves (só dende o dominio usc.es)
Free Medical Journals
Harrison Medicina
Versión en liña de Harrison Principios de Medicina Interna
Medline Advanced 1966
Medline é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine.

Contén citas e resumos da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, política sanitaria e servizos de saúde. Recolle artigos de revistas e capítulos e artigos de libros.

​Contén ademais o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings).

  

Versión móbil
MetaPress
Nature
SIR    Axuda SIR
Ovid
Revistas electrónicas: 30 revistas de temática fundamentalmente biomédica.
Libros electrónicos: temática médica

SIR   Axuda SIR
Oxford Journals Abrir manual / guía de uso
Revistas de Oxford University Press
Pilots
Base de datos bibliográfica producida polo National Center for Post-Traumatic Stress Disorder de Vermont que recolle referencias e resúmes de publicacións (artigos de revista, libros e literatura gris) sobre trastornos de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas por acontecementos traumáticos.

  
Pórtico - Revistas electrónicas da BUSC Abrir manual / guía de uso
Buscador e lista A-Z de revistas electrónicas
ProQuest Dissertations & Theses A&I
ProQuest, proporciona referencias bibliográficas e abstracts de teses lidas en máis de 1000 institucións de todo o mundo dende 1861. Cada tese publicada dende xullo de 1980 inclúe un resumo de 350 palabras feito polo autor.

  
PsycINFO
PsycINFO proporciona resumos e citas de artigos de publicacións científicas, capítulos de libros e teses, do ámbito das ciencias do comportamento e da saúde mental. Abarca dende 1800 ata a actualidade. Inclúe importante material para psicólogos e profesionais da psiquiatría, psicoloxía, neurociencia, educación, e traballo social.

  
PubMed Central®
Revistas, a texto completo e acceso libre, das áreas de biomedicina e ciencias da vida dos U.S. National Institutes of Health's National Library of Medicine (NIH/NLM).
ScienceDirect - Elsevier
Portal de revistas e libros electrónicos de Elsevier
SIR   Axuda SIR

Rexistro persoal para acceso remoto (non SIR)
 
SciFinder Scholar versión web Abrir manual / guía de uso
Ferramenta de investigación que permite buscar nas bases de datos de CAS que conteñen literatura de varias disciplinas: ciencias biomedicas, química, enxeñería, ciencias dos materiais, agricultura, etc.

Versión móbil
 
SCOPUS
Base de datos de Elsevier, accesible vía web que proporciona unha visión xeral da produción mundial de investigación nos campos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Medicina, as Ciencias Sociais, as Artes e as Humanidades. 
Ofrece entre outras, referencias bibliográficas e citas de artigos de revistas científicas, patentes, páxinas web científicas...

SIR   Axuda SIR
 
SPORTDiscus with Full Text
A base de datos SPORTDiscus da acceso ao texto completo das revistas mais consultadas no índice SPORTDiscus sen límite de divulgación. Con cobertura dende 1985, abrangue diversas áreas do deporte como: medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou turismo.

  

Versión móbil
SpringerLink
Taylor & Francis
Wiley Online Library
Acceso SIR    Axuda SIR

 
WOS - Web of Science
WOK inclúe as seguintes bases de datos:

Web of Science (1899- ): 
Recolle as principais publicacións de literatura académica nas areas das ciencias, ciencias sociais, artes e humanidades. Inclúe actas de congresos, informes, workshops, etc. Permite consultar simultaneamente ou de xeito individual as seguintes bases:
  • Science Citation Index Expanded (1899-2012)
  • Social Sciences Citation Index (1956-2012)
  • Humanities Citation Index (1975-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- Science (1990-2012)
  • Conference Proceedings Citation Index- SSCC & Humanities (1990-2012
 
Medline (1950- )
Base de datos da U.S. National Library of Medicine.
 
Journal Citation Reports
Cubre as áreas tecnolóxicas e das ciencias sociais. Permite coñecer as revistas máis importantes en cada materia, ver cales son as máis citadas, e o seu Indice de Impacto. Divídese en:
  • JCR Science Edition,  dende 1997
  • JCR Scocial Sciences Edition, dende 1997

Instrucións para Acceso remoto (só accesibles dende o dominio usc.es)

     
Buscar recursos

Lenda
= Ampliar información
= Acceso restrinxido á USC
= Acceso a través do SIR
= Dispón de aplicación móbil
= Precisa identificación
= Enlace á Axuda
= Open Access
Revistas-e
Buscar unha revista-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada
Libros-e
Buscar un libro-e por título:
     
Acceder á Busca avanzada