FIADOR
Fiador: Teatro
Teatro
Recursos de pago e gratuítos sobre Teatro.
Para consultar máis recursos ir á
páxina web da biblioteca
Todos os elementos por fonte

Bases de datos

Acceso restrinxido en Campus Recurso a texto completo American Drama 1714-1915
Contido: colección da base de datos LION que reúne máis de 1500 obras teatrais norteamericanas.
Idioma: inglés.
Acceso restrinxido en Campus Recurso a texto completo English Drama
Contido: colección da base de datos LION que reúne máis de 3900 obras en verso e prosa do teatro británico.
Cobertura: Idade Media-S. XIX
Idioma: inglés

Bases de datos gratuítas

Recurso a texto completo Artelope
Contido: base de datos e argumentos do teatro de Lope de Vega, no que colaboran investigadores de varias universidades europeas.
Idioma: español
Recurso a texto completo Recurso referencial Contén arquivos multimedia Asociación de Autores de Teatro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Contido: portal da asociación na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes desde onde se pode acceder a unha colección de textos teatrais contemporáneos así como grabacións sonoras, imáxenes fixas e en movemento e información complementaria (programas de man, carteis publicitarios, planos de escenografía, figuríns, curriculum do autor, reseñas críticas, referencias bibliográficas das edicións...).
Idioma: español
Recurso referencial Base de datos sobre Teatro Español (Parnaseo)
Contido: recolle unhas 8000 entradas sobre teatro español e crítica teatral distribuidas por séculos e épocas, así como sobre teoría teatral, actores, etc.
Idioma: español
Recurso referencial CATCOM
Contido: base de datos de comedias mencionadas na documentación teatral. Pretende crear un calendario de representacións teatrais en España desde mediados do século XVI ata finais do s. XVII, así como o establecemento de posibles atribucións de autoría dos títulos mencionados nos documentos.
Cobertura: 1540-1700.
Idioma: español
Recurso a texto completo Recurso referencial Manos
Contido: proxecto en colaboración dedicado á análise e difusión de información sobre os manuscritos do teatro clásico español de finais do século XVI ata principios do século XVIII conservados en diversas coleccións europeas e americanas.
Idioma: español, inglés.

Catálogos

Recurso a texto completo Recurso referencial Biblioteca de Menéndez Pelayo. Fondo de teatro antiguo español
Contido: colección de teatro antigo español, con case 5.000 copias de obras manuscritas e impresas sobre Lope de Vega e outros dramaturgos do Século de Ouro.
Idioma: español.
Recurso referencial Catálogo del Antiguo Teatro Escolar Hispánico (Parnaseo)
Contido: catálogo crítico y descriptivo sobre o teatro escolar, xa sexa o producido por estudantes ou no ámbito educativo e académico tanto relixioso como seglar.
Cobertura: s. XVI-XIX.
Idioma: español.
Recurso referencial Teatro Español Contemporáneo
Contido: Fondo da Fundación March que contén textos, moitos deles inéditos e incluso non estreados, de autores españois e extranxeiros, obras literarias de autores teatrais e estudios críticos, así como  revistas de teatro desde o século XIX en diante e bases de datos especializadas, desde finais do século XIX ata os nosos días. Conserva miles de fotografías de autores, actores e representacións, carteis e bocetos de decorados, figurines e maquetas, programas de mano e grabacións de lecturas dramatizadas.
Cobertura: s. XIX-XX
Idioma: español

Cultura aberta

Recurso a texto completo Recurso referencial Teatro y espectáculos públicos en Galicia
Contido: web do investigador Julio I. González Montañés sobre a historia do teatro en Galicia desde as súas orixes ata 1670.
Idioma: español.

Dicionarios

Recurso referencial Diccionario crítico e histórico de la práctica escénica en el teatro de los Siglos de Oro
Contido: dicionario en liña sobre o léxico e vocabulario da práctica escénica dos Séculos de Ouro do teatro español.
Idioma: español

Enciclopedias, dicionarios, tesauros

Recurso referencial Termos escénicos : dicionario enciclopédico
Contido: Ferramenta de consulta promovida polo Consello da Cultura Galega para coñecer o léxico propio das artes escénicas en lingua galega.
Idioma: galego

Institucións, organismos, asociacións

Recurso referencial Asociación de Autores de Teatro
Contido: web da asociación que agrupa aos autores dramáticos españois, que inclúe un buscador de obras e autores contemporáneos.
Idioma: español
Recurso referencial Asociación de Directores de Escena de España
Contido: web da entidade profesional e cultural que agrupa á maior parte dos directores teatrais de España. Contan tamén cunha importante sección de dramaturxistas, teatrólogos e diseñadores escénicos.
Idioma: español
Recurso referencial Contén arquivos multimedia Centre de Documentació i Museo de les Arts Escèniques
Contido: web do centro de referencia, de información e investigación das artes escénicas catalanas. Os seus obxectivos son: recoller toda a documentación asociada (textos, programas de man, figuríns, esbozos escenográficos...), dar soporte á docencia e á investigación impartida polo Instituo de Teatro, preservar e difundir os fondos bibliográficos, museísticos e de arquivo e dar resposta ás demandas de información sobre as artes escénicas catalanas.
Idioma: catalán
Recurso referencial Centro de Documentación de las Artes Escénicas de Andalucía
Contido: web do organismo público encargado de localizar, recoller, conservar, analizar e difundir a documentación e información do teatro e a danza en Andalucía.
Idioma: español
Recurso referencial Centro Dramático Galego
Contido: Creado no ano 1984, é a unidade da Consellaría de Cultura e Turismo dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais.
Idioma: galego
Recurso referencial Contén arquivos multimedia Centro Dramático Nacional
Contido: desde su fundación, en 1978, este organismo ten como obxectivo difundir e consolidar as distintas correntes e tendencias da dramaturxia contemporánea, con atención especial á autoría española actual.
Idioma: español,  galego, catálan, vasco e inglés.
Recurso referencial Museo Nacional del Teatro (Almagro)
Contido: este museo ten como obxectivo a conservación e exhibición do legado da creación teatral en España desde os inicios do teatro. Conta con amplos fondos e coleccións de pintura, escultura e fotografía, traxes, maquetas e diversos documentos e programas de temporada de distintos teatros españois.
Idioma: español.
Recurso a texto completo Recurso referencial Contén arquivos multimedia Teatro.es
Contido: web do Centro de Documentación Teatral, organismo dependente do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (España), que ten como prioridade recoller, conservar e poñer a disposición de investigadores e profesionais os materiais artísticos, gráficos, estadísticos, etc, que xenera a actividade escénica.
Idioma: español, galego, vasco, catalán, valenciano e inglés.

Portais temáticos

Recurso a texto completo Recurso referencial Ars Theatrica : teatro español y latinoamericano
Contido: portal dedicado ao teatro, incluído dentro do proxecto Parnaseo, subdividido en tres seccións: "Siglos de Oro", "Contemporánea" e "Lationoamericano".
Idioma: español
Recurso a texto completo Parodia teatral en España
Contido: web dedicada á parodia teatral española da segunta metade do século XIX e principios do XX, considerada unha etapa de esplendor para este xénero.
Idioma: español
Recurso a texto completo Recurso referencial Teatro clásico español
Contido: portal temático sobre a obra e figura dos principais autores do Teatro clásico español e a literatura teatral española do Século de Ouro.
Idioma: español.
Recurso a texto completo Recurso referencial Teatro de magia
Contido: portal dedicado ao popular xénero teatral das comedias de maxia dos séculos XVIII ao XIX. Inclúe un extenso catálogo de textos teatrais, unha bibliografía actualizada, estudos e imáxenes das representacións da época.
Idioma: español.

Repositorios de documentos en acceso abierto

Contén arquivos multimedia Colección Francisco Pillado Mayor
Contido: colección de fotografías e carteis de temática teatral depositados por Francisco Pillado Mayor na Biblioteca de Filoloxía da Universidade da Coruña e consultables en liña.
Cobertura: s. XX-XXI
Idioma: galego
Recurso referencial Contén arquivos multimedia Teatro Musical Español
Contido: Colección dixital que presenta unha breve historia do teatro musical español desde finais do século XVIII, a través dunha selección de fondos da Biblioteca da Fundación Juan March. Inclúe máis de 500 obxectos dixitais, entre bocetos de escenografía e figurines, libretos, partituras e grabacións.
Cobertura: s. XVIII ata a actualidade
Idioma: español

Revistas electrónicas

Recurso a texto completo Acotaciones : revista de investigación teatral
Contido: revista semestral editada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático desde 1998. Estructúrase en tres partes: artigos de investigación académica referidos ao teatro desde todas as aproximacións teóricas e disciplinarias; textos teatrais de autores españois contemporáneos e unha sección de noticias e reseñas de libros e exposicións.
Idioma: español
Recurso a texto completo Anagnórisis : revista de investigación teatral
Contido: revista semestral cuios números son monográficos e tratan sobre calquera tema da literatura e do arte dramático.
Idioma: español.
Recurso a texto completo Anuario Lope de Vega : texto, literatura, cultura
Contido: revista electrónica anual que publica o grupo de investigación Prolope. Publica traballos científicos sobre cuestións textuais, literarias ou culturais que teñan como punto de partida, directo ou indirecto, a Lope de Vega.
Idioma: español
Nota: Desde o n. 17 (2011) a revista publícase dixitalmente
Recurso a texto completo Artezblai : el periódico de las artes escénicas
Contido: xornal dixital que da cobertura informativa aos estrenos, festivais, programacións, etc. das artes escénicas españolas, con seccións de opinión e de entrevistas.
Idioma: español.
Recurso a texto completo Celestinesca
Contido: publicación anual da Universidade de Valencia dedicada á obra de Fernando de Rojas.
Idioma: español
Recurso a texto completo Don Galán : revista de investigación teatral
Contido: publicación do Centro de Documentación Teatral, pretende abrir novas vías de interpretación sobre a escena española dos séculos XX e XXI, mostrando documentación inédita ou poco coñecida, que en moitos casos se conserva entre os fondos do propio organismo. Céntrase no teatro español contemporáneo, se ben, eventualmente, inclúense traballos sobre danza-teatro, manifestacións parateatrais e circo.
Idioma: español.
Recurso a texto completo Estudis escènics : quaderns de l'Institut del Teatre
Contenido: revista dedicada ás artes escénicas en Cataluña e o mundo, con dosieres temáticos, documentación sobre a temporada de artes escénicas en Cataluña e revisións bibliográficas de novas publicacións.
Idioma: catalán
Recurso a texto completo La Diabla : revista pedagógica
Contido: publicación do Teatro Español, no que cada número está dedicado a unha obra de produción propia, onde se fai unha análise da mesma e se explican os pasos realizados para a súa posta en escena, á vez que se ofrecen unha serie de recursos pedagóxicos.
Idioma: español
Recurso a texto completo Núa : revista de artes escénicas e performativas
Contido: revista independente dedicada ás artes escénicas, e en especial ao estudo e investigación dos procesos de creación escénica e escritural, así como de proxectos pedagóxicos, artísticos e de interese social que teñan relación co teatro, a performance e as artes do espectáculo en xeral.
Idioma: galego, español.
Recurso a texto completo Stichomythia
Contido: revista semestral da Universidade de Valencia que publica estudos sobre o teatro contemporáneo (historia, crítica, teoría e  práctica teatral).
Cobertura: século XVIII-actualidade.
Idioma: español
Recurso a texto completo TeatrEsco
Contido: revista dedicada ao teatro humanístico e escolar hispánico nas súas manifestacións literarias, lúdicas, parateatrais ou de espectáculo, é dicir, as que tiñan como obxectivo a formación didáctica ou moral dos xóvenes e o seu entretenemeento en colexios, academias, colexios maiores, universidades, conventos e outras institucións.
Cobertura: s. XVI-XIX
Idioma: español
Recurso a texto completo Teatro de palabras : revista sobre teatro áureo
Contido: publicación anual dedicada ao teatro hispánico dos Séculos de Ouro.
Idioma: español

Teses

Recurso a texto completo Tesis en línea
Contido: recurso que recopila teses doutorais sobre teatro clasificadas por épocas, países e temáticas.
Cobertura: s. XVI-XXI
Idioma: español
Especialista na materia
Picture: Marta Lago

Marta Lago
Bibliotecaria
Tel: (+34) 981167050

Picture: Carmen  Rodríguez Veiga

Carmen Rodríguez Veiga
Bibliotecario
Tel: (+34) 981167050

Picture: Rosa Martínez Val

Rosa Martínez Val
Bibliotecario
Tel: (+34) 981167050

Biblioteca da Facultade de Filoloxía
Buscar no catálogo
Lenda / Significado das iconas
= Recurso de acceso libre
= Acceso restrinxido en Campus
= CD / DVD / USB

= Recurso a texto completo
= Algún texto completo dispoñible
= Recurso referencial

= Contén arquivos multimedia

= Recurso novo
= Recurso en PROBA

= Ver contido suscrito en SFX

= Enlace á Axuda

= Recurso Open Access


  • Universidade da Coruña
    Rúa da Maestranza, 9
    15001 A Coruña
    +34 981 167 000